Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Educar para a Paz

viernes, 31 de enero de 2014
A Paz é un ben de valor incalculable, pero non brota espontaneamente.
Todos desexamos vivir en paz.
Pero a realidade é que a nosa paz vese perturbada moitas veces e ocasiónanos severos trastornos.

Unhas veces sentímonos incómodos con nós mesmos porque algo nos saíu mal.
Outras sentímonos incómodos con outras persoas debido a axentes externos.
Unhas veces somos nós mesmos quen nos creamos problemas, outras veces creámolos os outros.

Un lío. Un auténtico lío.

¿Por que ocorren estas cousas?

¿En que medida están relacionadas coa educación para a paz?
Intentarei explicarme con exemplos da vida diaria:

Estes días pasados vivín unha experiencia que me fixo reflexionar ó respecto:

Estaba nunha consulta médica cando de repende oín –na sala contigua- o prantro dunha criatura que berraba como se lle estiveran sacando un ril en vivo.

Cando saín da consulta comprobei que era alguén coñecido.
Acerqueime á criatura en cuestión que estaba espatarrada no chan coa pataleta en do maior.
Era un neno de tres anos ó que a súa mamá lle recriminara por algo que fixera mal.
Ó ver que me dirixía cara a eles, a nai argumentou que estaba enfadado porque lle reñera, pero ó mesmo tempo a súa mirada era cómplice coa do seu neno que choraba escandalosamente.
O neno ademais de facer un escándalo, estaba estudiando a reacción psicolóxica da nai.
Eu, para disuadilos daquela situación, intentei acariciar ó neno e dicirlle algo.
El rechazou a miña caricia e refuxiose no regazo da nai ó mesmo tempo que rematou o pranto.

En canto observei aquela movida entre nai e fillo, díxenlle á nai:
“CHANTAXEOUTE EMOCIONALMENTE BEN CHANTAXEADA”

A nai non me dixo palabra pero eu entendín o seu pensamento:
¿Que saberá Mercedes desto?
¿Que saberá Mercedes da miña relación co meu neno?

Eu, moi discretamente despedinme porque vin que ninguén me chamaba naquel enterro.

Ó mesmo instante a miña mente trasladouse no tempo e no espazo ó ano 1974 cando eu presenciei unha experiencia semellante, pero con actitude maternal ben diferente.

Fai corenta anos estaba outra mestra e máis eu ó cargo dunha aula de maternais con oitenta nenos de dous e tres anos.
A outra mestra tiña naquela clase dous fillos, un de dous e outro de tres aniños.

Un día á hora de dárlle-la merenda o de tres anos montou unha pataleta protestándolle á nai porque non lle gustaba o chocolate con pan. O neno púxose un pouco raiante. Non quería obedecer.
A nai ergueu a man e deulle unha labazada na meixela esquerda.
Ó mesmo instante o neno botouse a chorar e do seu tenro nariz saíron dúas enormes velas de mocos que lle chegaban á boca.
O neno sentía moita dor porque lle parecía que súa nai non o quería polo feito de que non accedía ó seu capricho.
A nai con máis dor no corazón que o fillo seguíu co seu traballo.
O neno ó ver que non lle quedaba outra púxose a come-lo chocolate co pan e cando rematou dirixiuse á nai para que le dera a aprobación polo deber cumprido e todo rematou aí.

Se a nai accedera naquea ocasión e se deixara levar polo que lle dicía o seu corazón maternal, sen utiliza-la razón; o neno seguirá chataxeándoa unha e outra vez.

Sería un mimoso e un caprichoso de neno, de xove, de adulto e de ancián.
A súa conducta daría pé a máis dunha situación violenta coas persoas máis próximas.
Como foi educado a tempo, hoxe é un gran cirurxián que traballa nun hospital de Palma de Mallorca e ten seis fillos educados coa mesma disciplina.

A PAZ edúcase durante toda a vida, pero a ser posible hai que empezar na infancia porque os nenos son moi sabios e saben que estratexias utilizar para toca-las fibras máis sensiblas dos proxenitores.

O alumnado da Uned Sénior por norma xeral foi educado na disciplina que reinaba naqueles tempos.
Os nosos proxenitores dábannos todo o que podían e máis, pero non andaban con contemplacións.
Daquela a palabra dun pai ou dunha nai era sagrada. Había respeto. Os pais tiñan autoridade sobre os fillos e os mestres sobre os alumnos.
Esa foi unha das razóns de peso polas que hoxe somos persoas de paz: traballadoras, humildes, caladas e cumpridoras.

A xeración seguinte pasouse uns cantos pobos. Quixo modernizarse –no sentido negativo da palabra- e chegou á conclusión de que ó neno hai que deixalo co que quere porque se non traumatízase e non vaia ser....

¿Cal é o resultado?

-Relacións tensas na idade escolar porque non saben respetar a autoridade do profesorado nin os os dereitos do resto do alumnado.

-Relacións tensas na etapa adolescente porque non saben acomodarse ó medio. Non saben que teñen que apretar duro nos estudios para labrarse un futuro prometedor.
O profesorado a veces séntese impotente porque o alumnado ten máis que dicir.

-Relacións tensas cos proxenitores porque chega un momento no que estes non poden soportar o ritmo de vida que lles piden.
E cando a familia non é capaz de controlar a situación di:

“¡QUE TE EDUQUE O MUNDO!”

Si, Si... Pero o mundo non educa.
O mundo trastea.
O mundo no acepta chantaxes.

A persoa en cuestión enfróntase a situacións tensas por onde queira que vaia.

-Na vida de parella crea problemas de convivencia á segunda de cambio porque xa non pode chantaxear .

-A familia rómpese porque xa non se soportan. A violencia está servida por calquera cousiña.

- Na vida laboral pode pasar algo do mesmo.
A convivencia non é o que debía ser.
O rendemento profesional tampouco.
En ocasións non se ama o que se fai e tampouco é feliz a persoa traballadora.

-Desafortunadamente tamén repercute no trato coas persoas maiores.
Antes, os maiores eran venerados e coidados con amor e por amor. Agora hai moitos casos que segue facéndose do mesmo xeito pero tamen é ben certo que noutros deixa moito que desexar.

Pode observarse na vida diaria:

-Cando a famila vai de vacacións moi poucos maoires se ven.

-Cando hai actos sócias a nivel familiar, moi poucos maiores se ven.

-No que pasa dentro do seo familiar, tampouco se teñen moitas noticias porque se perdoa o imperdoable con tal de deixar á familia nun posto ben alto diante da sociedade.

¿Que pode aportar o alumado da Uned Sénior para favorecer a convivencia en paz?

En primeiro lugar dar exemplo: ser persoa pacíficas velando pola paz aínda que sexa o prezo ben elevado.

Xa din alí: “PAZ NA CASA E GUERA FÓRA”

Aínda que non debe ser nada doado sentirse unha persoa pacífica cando se pensa que se sacrificou moito polos seus e agora non se ve correspondida.

Moitas veces teremos que poñernos na pel do outro e facer unha reflexión sobre os nosos fallos á hora de educar para a paz.

Seguro que o fixemos o mellor que soubemos ou poidemos, pero tamén é ben seguro que cometemos moitos erros dos que agora podemos sentirnos víctimas.

Non somos perfectos.
Somos seres en estado evolutivo que imos aprendendo moi lentamente ó longo dos tempos.

Nós non somos prefectos e polo tanto non podemos esixir gozar dunha paz completa e por eso debemos empregar grandes doses de paciencia para seguir velando por ela, esperando tempos mellores.

O que si podemos facer é ter bos relacións de convivencia pacífica entre nós.
¿Como?
Deixando os celos a un lado.
Aquí todos somos iguais.
Todos somos importantes e ninguén é imprescindible.

Estamos chamados a convivir en paz poñendo a disposición dos outros as mellores cualidades que temos e mostrándonos o mellor que somos.
Dando bo exemlo ás xeracións vindeiras, xa estamos velando pola paz de modo moi positivo.

A estas alturas non podemos facer moito máis.

(MERCEDES CAHAZA PLATAS, colaboradora de Galicia Digital, é
Alumna da Uned Sénior de Xestoso, aula de PADERNE).
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES