Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un mundo tripolar (e IV)

viernes, 31 de enero de 2014
4. REFLEXIÓNS TRANSVERSAIS
4.1 O FUTURO DO PROXECTO BOLIVARIANO SEN CHÁVEZ
Roberto Mansilla
A continuidade do “chavismo postChávez”, tralo pasamento do ex presidente venezolano Hugo Chávez (marzo de 2013) suxire diversos retos e desafíos para o proceso de cambio actualmente liderado polo presidente Nicolás Maduro, designado persoalmente por Chávez como o seu sucesor (decembro de 2012) e lexitimado nas urnas nos comicios presidenciais (abril de 2013) cunha estreita marxe de votos (50,66%).
Para Maduro, liderar un proceso intimamente ligado ao carisma de Chávez supón a necesidade de imprimir un estilo propio que, paralela e diametralmente, non se distancie do legado do seu antecesor. Así e todo, a súa estreita vitoria presidencial explica un proceso de erosión de votantes no chavismo, moi probablemente explicado polas incertezas sobre a capacidade real de liderado de Maduro, da aguda crise económica (inflación superior ao 50% a finais de 2013, escaseza de produtos da cesta básica) e da persistencia e intensificación de crónicos problemas (incesante polarización social e política, agravante inseguridade cidadá). A preponderancia dos problemas nacionais neste marco post-Chávez implica, ao mesmo tempo, unha visible moderación da axenda exterior (ALBA), principalmente en comparación co activismo de Chávez.
Neste escenario, Maduro é o centro de irradiación de sectores de poder con hipotéticas rivalidades intestinas, cunhas potencialidades que poden concretarse en crises políticas a curto e medio prazo. Un factor de poder interno está centrado no actual presidente da Asemblea Nacional, Diosdado Cabello, identificado desde as bases do chavismo como a “dereita endóxena”, con amplas ramificacións de poder dentro da Forza Armada bolivariana, dun sector empresarial “chavista” (despectivamente denominado como a “boliburguesía”) e de elites burocráticas inseridas nas estruturas estatais no gobernante Partido Socialista Unificado de Venezuela (PSUV). Outros sectores estarían aparentemente dominados por Rafael Ramírez, ministro de Enerxía e presidente de Petróleos de Venezuela. Con todo, é notoriamente visible que a Venezuela post-Chávez está claramente dominada por unha especie de “troika” ou “triunvirato” conformado por Maduro, Cabello e Ramírez nas altas cúpulas do poder.
Non obstante, existen outros sectores con claras expectativas orientadas a comandar a transición post-Chávez ou ben a erixirse como o actor histórico herdeiro das “bases puras” do movemento bolivariano. O princi-
pal é a Forza Armada Nacional (FAN), institución claramente rectora dunha transición “post-Chávez” amparada na figura do propio Chávez e no ascenso de elites militares inseridas no sector empresarial, nas cúpulas do poder estatal e do PSUV. Ninguén desestima nin descarta esa potencialidade decisiva emanada do preponderante peso político da FAN.
O segundo sector, non identificado en canto a líderes visibles, son as bases populares e sociais do “chavismo”, cun empoderamento político e legal que lles confire unha posición relevante, aínda que non exactamente de vangarda no momento actual. A concreción dos “consellos comunais” como bases de poder popular eríxese como a punta de lanza destes sectores intimamente identificados co legado de Chávez e que, se ben no contexto actual apostan claramente por Maduro, as súas perspectivas poden variar en caso de intensificación da polarización, das eventuais rivalidades intestinas e dos efectos das crises políticas e económicas.
Por último, a oposición, actualmente liderada pola Mesa da Unidade (MUD), cun candidato presidencial Henrique Capriles Radonski que aposta por unha estratexia de erosión do chavismo, en particular ante os efectos do agravamento da crise económica e da inseguridade cidadá e das incertezas de liderado do “chavismo post-Chávez” consolidado en mans de Maduro, trala abraiante vitoria do PSUV nas eleccións municipais de decembro de 2013 (71,64% das alcaldías, 240 das 337 alcaldías a nivel nacional), aínda que a MUD alcanzou a vitoria nas principais cidades. A correlación de votos foi de 49,2% para o chavismo e 42,7% para a oposición.
No horizonte electoral se sitúan os próximos comicios lexislativos (decembro de 2015), onde a oposición espera arrebatar a maioría parlamentaria do “chavismo”, todo isto sen esquecer a posibilidade de radicalización política a través da convocatoria dun novo referendo revogatorio (como ocorrera en 2004 con Chávez) que legalmente só podería convocarse aproximadamente entre 2016 e 2017. Con todo, a consolidación dun liderado “post-Chávez” en mans de Maduro e da potenciación de grandes proxectos de desenvolvemento (Plan da Patria, Gran Misión Vivenda, Poder Comunal), Venezuela segue a transitar por tensos camiños de polarización social e política.

4.2. O “CASO SNOWDEN” E AS LIBERDADES DOS CIDADÁNS
Marcelo Javier de los Reyes
As revelacións que, en xuño de 2013, fixo o ex analista de intelixencia estadounidense Edward Snowden -quen se atopa asilado en Rusia e prófugo da xustiza do seu país que o considera un traidor- súmanse aos miles de documentos filtrados por Wikileaks. A chanceler alemá Ángela Merkel, a presidenta de Brasil, Dilma Rousseff, o mandatario mexicano Enrique Peña Nieto, España e o propio Estado do Vaticano, entre tantos outros “obxectivos”, estiveron na mira e foron vixiados polas axencias de intelixencia de Estados Unidos.
Numerosos líderes mundiais amosaron a súa molestia e chegaron a tensar as súas relacións diplomáticas. Merkel e Rousseff estiveron entre os que manifestaron o seu desgusto. O 28 de outubro de 2013, o Ministerio de Asuntos Exteriores de España convocou ao embaixador estadounidense James Costos para pedirlle explicacións sobre esta cuestión. Poucos días despois, o 5 de novembro, o Secretario de Estado John Kerry solicitoulles aos dirixentes europeos que non deixen que a polémica sobre as acusacións de espionaxe estadounidense entorpezan as conversacións comerciais entre a Unión Europea e o seu país para crear unha zona de libre comercio.
É evidente que a dimensión da filtración destas violacións á seguridade doutros gobernos, tanto aliados como non, obrigounos a manifestarse dese xeito. Houbese sido estraño que prestasen caso omiso a semellante escándalo internacional, pero ¿é crible que non o soubesen? A realidade indicaría que non ou así poñería en evidencia a vulnerabilidade das axencias de intelixencia dos seus países. ¿É que con anterioridade a intelixencia estadounidense non levou a cabo este tipo de operacións?
Tanto a experiencia como unha abundante bibliografía permiten comprobar que trátase dunha práctica que se realiza desde o fin da Segunda Guerra Mundial. Frances Stonor Saunders, no seu libro La CIA y la guerra fría cultural, suscitouno con suma claridade ao expresar: “O grao en que a espionaxe norteamericana estendeu os seus tentáculos cara as cuestións culturais dos seus aliados occidentais, actuando como posibilitador na sombra dunha ampla variedade de actividades creativas, colocando aos intelectuais e á súa obra como pezas de xadrez para xogar no Gran Xogo, segue sendo un dos legados máis suxerentes da guerra fría”. A autora tamén fai mención a unha ferramenta esencial da intelixencia que é a “guerra psicolóxica”, a través do uso da “propaganda” e doutras actividades, facendo -como indica o National Security Council Directive, do 10 de xullo de 1950- a propaganda máis efectiva que é aquela na que “o suxeito móvese na dirección que un quere por razóns que pensa que son propias”.
Durante a Guerra Fría, Estados Unidos realizaba operacións de intelixencia contra a que, naquel momento, era a súa principal potencia inimiga, a Unión Soviética, pero tamén contra os seus propios aliados como se revela no parágrafo citado. As denuncias de Wikileaks e de Snowden filtran que as axencias de intelixencia estadounidenses vixiaban na actualidade aos seus aliados.
Parecería estraño que os líderes mundiais descoñezan quen estiveron detrás, de forma directa ou indirecta, das denominadas “revolucións de cores” ou da “Primavera Árabe”. Cando a realidade faise visible esixe que certos actores recorran á sobreactuación. Algúns deses dirixentes, ¿non gobernan países que forman parte da rede Echelon ou outras que teñen por obxectivo a recolección de información de intelixencia? ¿Descoñecen que as axencias de intelixencia estadounidense e israelí estarían detrás da creación do virus “Stuxnet”, destinado a neutralizar o programa nuclear de Irán?
No entanto, o máis grave desta suma de operacións de reunión de información é que non se limitou a unha actividade de intelixencia destinada contra un Estado ou determinados gobernos senón que estivo dirixida a millóns de cidadáns a escala mundial.
A partir deste escándalo tomamos coñecemento que a National Security Agency (Axencia de Seguridade Nacional) ten a capacidade de recompilar 5.000 millóns de rexistros diarios, así como de determinar a localización e a interacción da telefonía móbil celular aínda fóra de Estados Unidos. Aquí é necesario marcar unha diferenza entre a poboación estadounidense e a doutros países.
Mentres que unha ampla maioría dos estadounidenses consideran que o seguimento das súas comunicacións está ben en función da “seguridade nacional” e da propia -obviamente porque así lles foi sutil e culturalmente imposto-, a maioría dos residentes doutros países non o aproban porque o consideran ilegal, en tanto constitúe unha violación da vida privada. De igual forma filtrouse aos medios que as axencias de intelixencia de Estados Unidos e do Reino Unido interviñeron as conversacións de salas de chat e de xogadores de títulos como World of Warcraft e na plataforma Xbox Live.
Un seguimento sobre un determinado individuo a través do seu móbil celular, do seu correo electrónico, de Facebook, de Twitter ou dalgunha outra rede social, permite armar a rede de contactos dese suxeito e expono tanto a el como aos seus contactos. De todo o exposto, por unha banda, pode estimarse que as manifestacións de diversos gobernos acerca do que consideraron unha “seria preocupación” sobre esta “vixilancia global” por parte das axencias de intelixencia estadounidenses constitúen unha verdadeira hipocrisía. Por outra, que as revelacións de Wikileaks e de Snowden poñen en evidencia a vulnerabilidade a que están expostas as comunicacións dos cidadáns comúns, o que constitúe un verdadeiro desafío en termos de seguridade pero, máis grave aínda, implica un serio retroceso respecto das liberdades individuais que se fai evidente nos actuais debates que se producen cando algúns residentes de barrios ou edificios entran en controversia respecto á instalación de cámaras de vixilancia: “¿ofrécennos seguridade ou nos vixían?”
A resposta dependerá de onde cada un se atope nese momento pero o que si é indubidable é que a fantasía de Orwell xa é unha realidade.

4.3 REVOLUCIÓN ENERXÉTICA DO XISTO OU ESPELLISMO ENERXÉTICO?
Xoán R. Doldán García
Até hai pouco tempo, a dispoñibilidade de recursos enerxéticos, en particular petróleo, supoñía para un país unha garantía de certa independencia enerxética a curto prazo e situábao nunha determinada posición na estratexia xeopolítica mundial. Na actualidade, ten aumentado extraordinariamente a importancia destes elementos debido a que estamos a asistir a un movemento sísmico a nivel enerxético que ameaza en converterse nun verdadeiro cataclismo, mesmo cando permanece escurecido pola forte tormenta financeira, laboral ou política que están a vivir moitos países. No 2010, a Axencia Internacional da Enerxía (AIE) espertábanos informando de que desde había catro anos tíñase alcanzado o teito das extraccións do petróleo convencional e de que a única maneira de que non caeran nas próximas décadas era utilizar os depósitos coñecidos e inexplorados ou extraelo doutros aínda non descubertos. Sen pretendelo, a AIE causou unha fonda alarma por múltiples razóns técnicas e económicas.
Entre as técnicas cabe salientar que os períodos necesarios para, unha vez descuberto, poñer en explotación un xacemento son dun mínimo de dez anos e que, ao ser preciso realizar un número elevado de perforacións en xacementos non demasiado abundantes, localizados a grandes profundidades e mesmo baixo o leito mariño, nos enfrontamos ao problema da escasa dispoñibilidade de medios técnicos materiais e de persoal formado que serían necesarios. Por outra banda, dadas as características previsíbeis dos depósitos, os custes de extracción sufrirían unha suba considerábel mentres que a taxa de retorno enerxético (TRE), é dicir, a enerxía neta obtida, caería de modo acelerado, reducindo a rendibilidade drasticamente nuns momentos en que os investimentos tenden a subir. O único modo de cubrir en parte estes desaxustes sería trasladar aos prezos ese encarecemento da extracción, corrixindo á baixa a demanda enerxética mundial. Isto tería dúas consecuencias lóxicas na economía: unha, a parálise da actividade económica nun sistema baseado no crecemento económico continuado da produción e o consumo e, outra, un proceso inflacionario masivo ao ser o petróleo o combustíbel fundamental da economía e a fonte case exclusiva que move todos os tipos de transporte.
Tal vez consciente de que esta simple aritmética podería causar un pánico non desexado, a análise da AIE foi acompañada de dous elementos que convidaban a un certo optimismo. Por unha parte, ese estancamento das extraccións de petróleo convencional e a máis que segura caída poderían ser compensados cun aumento das extraccións de gas natural. Intencionadamente ou non, a AIE esquecía advertir que o gas natural estaría sometido a unha ameaza semellante en poucos anos, como se deducía dos seus propios informes. Ademais, esta fonte só podería compensar certos usos enerxéticos para os que se utiliza o petróleo ou derivados, como é a obtención de calor ou a xeración de electricidade, mais non resolvería en absoluto os problemas que para o transporte mundial se derivarían dunha redución da oferta petroleira por non ser un substituto idóneo. Por outra banda, a AIE situaba as súas esperanzas nun aumento considerábel do petróleo non convencional, onde estaría, por exemplo, o chamado petróleo de xisto, que, até agora, supón unha parte moi cativa da oferta enerxética e petrolífera mundial.
Aínda que no ano 2012, a AIE recoñeceu no seu anuario que se estaba a dar unha redución do petróleo convencional, no informe de 2013, ao tempo que se agacha parte da información contida en anuarios anteriores, anúnciase o éxito previsto coa febre do petróleo de xisto, toda vez que se declara que en 2017, os Estados Unidos terán unha capacidade extractiva superior á de Arabia Saudita, recuperando un liderado petrolífero perdido na década dos 70 do pasado século. De modo que, xunto con Canadá, conseguirían ser exportadores netos de petróleo. Mais esta aparente revolución enerxética, a pouco que un se deteña no pormenor dos datos, non o é tanto xa que está construída nunha manipulación contable: sumar os líquidos de gas natural xunto co que é propiamente petróleo; porén, como xa indicamos, estes dous combustíbeis non son perfectamente sustituíbeis.
De non facer esta trampa contable, nos Estados Unidos a extracción de petróleo, en sentido estrito, situaríase aproximadamente nun valor 37 por cento inferior. A isto habería que engadir as serias dúbidas sobre o futuro do petróleo de xisto, extraído fundamentalmente nos estados de Montana e Dakota do Norte, visto que o primeiro está xa en situación de declive nas extraccións, aos poucos anos de terse iniciado, e no segundo, que explota a mesma formación xeolóxica, os esforzos para manter a capacidade de extracción deberán ser cada vez maiores.
Por outra parte, como ten analizado Antonio Turiel en The OilCrash (http://cras-hoil.blogspot.com.es/), as cifras da AIE sobre o declinar do petróleo de xisto apuntan ao ano 2030 como aquel no que se alcanzará o teito de extraccións, sen que en ningún ano anterior supere o 6% das extraccións totais de petróleo. Non cabía agardar outra cousa se consideramos que estamos diante dun recurso de moi baixa calidade enerxética e con TRE moi baixas. Se antes non se explotou non foi por ausencia dunha tecnoloxía apropiada senón porque había outros recursos enerxéticos máis rendíbeis e abundantes. Só cando estes comezan a escasear, o petróleo de xisto convértese en obxecto de interese pola industria petrolífera. Aínda que se anuncian como recursos abundantes debemos considerar que non todos estes recursos se converterán en reservas, é dicir en recursos técnica ou economicamente explotábeis. Tanto no caso dos xistos bituminosos como no gas de xisto, existen graves problemas ambientais na explotación e as TRE son ínfimas, moi lonxe dos de calquera pozo convencional, con unha vida útil tamén moi baixa e uns ritmos de decadencia acelerados, do que derivan, ademais, uns custes de extracción varias veces superiores aos do petróleo ou o gas convencional.
Malia as evidencias que se arrastran desde hai varios anos, seguimos procurando unha solución máxica a un problema enerxético sistémico. Como noutros momentos históricos, estamos diante da necesidade ineludíbel de modificar de raíz o noso sistema enerxético. A diferenza doutras épocas, todo apunta a que debemos reconsiderar con ollos novos os vellos recursos renovábeis e, sobre todo, repensar os usos finais desa enerxía o que, á súa vez, nos obrigará a repensar todo o tramado socioeconómico. O reto é vertixinoso e quizás por iso deixámonos engaiolar por todo o que semella unha solución máis cómoda, afastándonos doutras definitivas e mentres nos achegamos a unha crise enerxética cada vez máis seria.

4.4 ACAPARAMENTO DE TERRAS E SEGURIDADE ALIMENTARIA
Lucía Díez Sanjuán e Javier López Prol
O concepto “acaparamento de terras” refírese, en termos xerais, á adquisición de grandes extensións de terreo en países en desenvolvemento por parte de gobernos e empresas de países desenvolvidos e emerxentes. Estes terreos son principalmente destinados a usos agrícolas, relacionados primordialmente con cultivos alimenticios e agrocombustíbeis. Dada a connotación negativa do termo “acaparamento”, este fenómeno tamén é referido como “inversións en terras a grande escala” ou “febre da terra” (land rush). O acaparamento de terras comezou a adquirir relevancia mediática a partir de 2007, iniciándose tamén o desenvolvemento da literatura científica ao respeito por parte de organismos internacionais (Banco Mundial, 2011; FAO, IIED, IFAD, 2009):), movementos sociais (Vía Campesina, 2011) e think tanks (Oakland Institute, 2009).
Aínda que este tipo de investimentos en grandes extensións de terreo en países en desenvolvemento non son un fenómeno novedoso, este tense multiplicado dende 2007 por varias causas. En primeiro lugar, o boom dos prezos dos alimentos en 2007-2008 fixo que algúns países temeran pola súa seguridade alimentaria (capacidade para adquirir os alimentos suficientes para satisfacer as necesidades dunha determinada poboación), lanzándose á adquisición de terras en países nos que esta é abundante para así garantir o seu suministro futuro.
Ese mesmo boom incrementou a adquisición de terras con fins especulativos, dadas as expectativas alcistas respecto aos prezos das mesmas e a situación de inestabilidade nos mercados financeiros internacionais. En segundo lugar, a crecente importancia dos agrocombustíbeis debido ás estratexias contra o cambio climático e as preocupacións sobre a seguridade enerxética, premeu a demanda de terras cultivables, especialmente tra-lo establecemento na UE en 2003 e en EUA en 2005 duns obxectivos mínimos de consumo de agrocombustíbeis. Por último, influíron tamén as estratexias de integración vertical adoptadas por gran parte das principais empresas da industria agroalimentaria, co obxectivo de garantir o suministro e gañar independencia respecto aos prezos internacionais.
Todo o anterior, unido ao incremento da demanda mundial de alimentos e materias primas que leva producíndose durante as últimas décadas polo crecemento económico, o aumento da poboación, e o proceso de urbanización producidos nos países emerxentes, derivou nunha maior presión sobre os recursos naturais e un redescubrimento da terra como ben escaso no que invertir.
Dada a opacidade deste tipo de contratos é complicado cuantificar a importancia dos axentes e dos fluxos de investimento en grandes extensións de terreo. Porén, pódense sinalar os axentes máis relevantes que interveñen no fenómeno. Os fluxos internacionais de investimentos diríxense desde os países desenvolvidos e emerxentes cara África, Sudeste Asiático, América Latina e Europa do Leste (por orde de importancia). Aínda que o investimento estranxeiro directo ten acaparado grande relevancia mediática, o certo é que o doméstico ten igual ou maior importancia, realizado polas elites locais/nacionais dos propios países en desenvolvemento.
Os axentes privados (empresas transnacionais do sector agroalimentario) son os principais axentes activos deste proceso, aínda que os gobernos de ambos países (emisor e receptor) teñen unha grande relevancia no proceso de negociación do proxecto. Do mesmo xeito, os gobernos poden participar activamente de forma directa, investindo eles mesmos, ou de xeito indirecto a través de empresas nas que participan. Tamén cabe mencionar os fondos de investimento e de pensións como novos axentes interesados.
Finalmente, tamén as comunidades locais son axentes implicados no fenómeno. Estas comunidades non teñen comunmente dereitos de propiedade formais sobre as terras, polo que o seu dereito consuetudinario sobre as mesmas ten unha feble garantía legal, sendo xeralmente os axentes máis prexudicados do proceso. A falla de acceso á información e ao proceso de negociación conleva o seu illamento do proceso decisor, a minusvaloración da contraprestación e, en último termo, pode incluso conlevar o desprazamento forzoso de poboacións enteiras.
Aínda que as consecuencias varíen considerabelmente dependendo do contexto e das condicións nas que se leve a cabo a negociación, podemos sinalar os principais trazos que presenta este fenómeno.
Entre as consecuencias positivas están as derivadas do propio investimento: entrada de divisas, creación de emprego, aumento da produtividade agrícola, mellora das tecnoloxías, incremento das exportacións (xa que están xeralmente orientadas á exportación), construción de infraestruturas, etc. Porén, as condicións favorables das cesións de terreo e os incentivos fiscais poden chegar a compensar os beneficios derivados do devandito investimento. Por outra banda, este fenómeno tamén supón a perda de control da terra (e polo tanto do seu uso) por parte das comunidades locais, podendo darse o paradoxo de que, aumentando a produción alimenticia, empeore a seguridade alimentaria do país receptor (por estar esa produción destinada á exportación)((4)), que contribúe á concentración da industria agroalimentaria mundial e provoca importantes danos medioambientais, derivados da deforestación, o monocultivo e as actividades extractivas. Ás consecuencias negativas soportadas polas comunidades afectadas cabe sumar o despoxo dos seus medios de subsistencia.
Ante o incremento deste fenómeno, o Banco Mundial, a FAO, a UNCTAD e o IFAD propuxeron unha serie de principios voluntarios que os investidores deben observar para garantir un xogo de suma positiva nas súas negociacións. Entre estes principios inclúense: garantir os dereitos consuetudinarios das comunidades, mellorar a seguridade alimentaria e a transparencia, seguir métodos de participación e consulta axeitados, así como asegurar a sostibilidade ambiental e social.
(4) Algúns países destino deste tipo de investimento son incluso receptores de axuda alimentaria internacional, como Etiopía ou Sudán.
En 2012, a FAO elaborou uns principios tamén voluntarios respecto á tenencia de terras, pesca e bosques en base á seguridade alimentaria. Porén, a voluntariedade destes principios fai que a súa relevancia práctica sexa escasa. Mentres, movementos sociais como Vía Campesina abogan pola paralización e reversión do acaparamento de terras polos prexuízos que ocasiona sobre as comunidades locais e o medio ambiente, e a distribución regresiva dos eventuais beneficios que puidera xerar.
En definitiva, está en cuestión o modelo de desenvolvemento agrícola polo que deben optar os países “en vías de desenvolvemento”. A vía produtivista que prima o incremento da produtividade, a orientación á exportación, o investimento estranxeiro e o crecemento económico, versus o desenvolvemento sostible que avoga pola soberanía alimentaria (que unha determinada poboación sexa capaz de producir de forma sostible e culturalmente axeitada os alimentos necesarios para cubrir as súas necesidades), o desenvolvemento endóxeno e autocentrado, e o “bo vivir” no canto do “vivir mellor”.

4.5 HÁ FUTURO PARA OS SINDICATOS?
Ricardo Antunes
Em plena eclosão da mais recente crise global, presenciamos uma corrosão sem precedentes, no universo do trabalho contratado e regulamentado, herança do taylorismo-fordismo que dominou ao longo do século XX, e que vem sendo transformado pelos mais diversificados modos de informalidade e precarização. Estas novas modalidades de trabalho, pautadas pela maior ou menor informalidade, maior ou menos precarização do trabalho, têm se mostrado vital para a era das transnacionais, ampliando as formas geradoras do valor, ainda que sob a aparência do não-valor, utilizando-se tanto de novos como antigos instrumentos de exploração do trabalho em amplitude global. O maquinário técno-científico-informacional, combinado com destruição dos direitos sociais e do trabalho, passa a se tornar a regra e não mais a exceção, especialmente no Norte do mundo, pois no Sul a precarização do trabalho existe de modo ampliada desde a gênese do capitalismo.
Como o tempo e o espaço estão em frequente mutação, nesta fase de mundialização do capital, a redução do proletariado taylorizado, especialmente nos núcleos mais avançados da indústria e a paralela ampliação do trabalho intelectual nas plantas produtivas onde esta modalidade de trabalho é requerida, caminham em clara inter-relação com a ampliação generalizada dos novos proletários, mais precarizados, terceirizados e informalizados, tanto na indústria, quanto na agricultura e nos serviços, além, de suas áreas de evidente conexão, como a agroindústria, a indústria de serviços e os serviços industriais.
O ideário e a pragmática do capital dos nossos dias são claro: as “responsabilizações”, os “parceiros” ou “consultores”, e as “individualizações”, os “colaboradores”, as “metas”..., são manifestações aparentes que procuram encobri uma crescente precarização da força de trabalho em escala global. Da China aos EUA, da Europa do Sul à Europa do Norte, para não falar em outros continentes e regiões.
Estamos frente a uma nova fase desconstrução do trabalho sem precedentes em toda era moderna, ampliando os diversos modos de ser da informalidade e da precarização. Se a informalidade não é sinônimo direto de precariedade, sua vigência expressa formas de trabalho desprovido de direitos e, por isso, encontra clara similitude com a precarização.
Assim, precisamos compreender o que denomino como a nova polissemia do trabalho, sua nova morfologia, em seu desenho multifacetado, que compreende desde o operariado industrial e rural, fortes no Sul do mundo, até os assalariados de serviços, os novos proletários terceirizados, subcontratados, temporários que se expandem por toda parte, de que são exemplos @s assalariad@s do fast food, dos hipermercados, @s trabalhador@s de telemarketing e call center, das empresas de tecnologia da informação e comunicação – o infoproletariado ou o cybertariat. São trabalhador@s que vivenciam uma grande heterogeneidade em sua forma de ser (gênero, etnia, geração, espaço, qualificação, nacionalidade...) e paralelamente uma forte homegeneização que decorre de sua condição precarizada.
E essa nova morfologia do trabalho terá eliminado a necessidade dos sindicatos? Ou está a exigir uma nova forma de organização sindical? A classe trabalhadora poderá prescindir dos sindicatos? Como atuará sem nenhum organismo de defesa, em uma fase tão nefasta de destruição dos direitos sociais do trabalho?
Claro está que a nova morfologia do trabalho não poderia deixar de afetar os organismos de representação sindicais, o que explica parte significativa da crise sindical. Mas uma nova morfologia do trabalho, compreender a classe-que-vive-do-trabalho obriga a repensar as formas de atuação dos sindicatos, do mesmo modo em que, no trânsito dos séculos XIX ao XX, os sindicatos de ofício foram substituídos pelo sindicalismo de classe e de massa, mais compatível com a empresa de perfil tayloriano-fordista.
Assim, se essa ferramenta ainda é imprescindível, ele encontra desafios premen- tes, que aqui vamos somente indicar:
1) Os sindicatos do século XXI terão que romper a enorme barreira social que separa os trabalhadores “estáveis”, em processo franco de redução, dos trabalhadores em tempo parcial, precarizados, subproletarizados, em significativa expansão no atual cenário mundial. O esforço em procurar representar o conjunto da classe trabalhadora torna-se imperioso;
2) Deverão articular uma efetiva dimensão de classe, no sentido amplo de classe trabalhadora em sua nova morfologia, articulando-a com outras dimensões decisivas, como gênero, geracional, étnica, além de defender os direitos do trabalho preservando a natureza, contra a lógica destrutiva do capital. Isso obriga os sindicatos a repensarem a sua prática sempre exacerbadamente produtivista. Mulheres, jovens, imigrantes são partes decisivas da classe trabalhadora que os sindicatos não podem desconsiderar;
3) Devem superar todas as formas de (neo) corporativismo, todas as formas de individualismo e buscar sempre os interesses solidários, coletivos e do conjunto da classe trabalhadora;
4) Devem recuperar as ricas experiências do sindicalismo de base, contra a institucionalização que lhes transformou em agências, aumentando ainda mais o fosso entre as “instituições” sindicais e os movimentos sociais autônomos e de classe.
5) O sindicalismo fordista, que se desenvolveu no século XX, tornou-se bastante verticalizado e a empresa liofilizada e flexivel, que floresceu a partir do toyotismo ou do “modelo japonês”, é mais horizontalizada, na medida em que se estrutura em redes, utilizando-se abundantemente dos mecanismos das terceirizações para aumentar as formas de exploração do trabalho. Um sindicalismo vertical não mais encontra apoio na jovem classe trabalhadora;
6) Se a classe trabalhadora é mais heterogênea e diferenciada hoje, o resgate do sentido de pertencimento de classe torna-se também vital.
Os dois polos mais visíveis da classe trabalhadora hoje, na Europa, estão expressando seu enorme descontentamento: @s precarizad@s, que já nasceram sob o signo da completa barbárie, lutam para conquistar direitos básicos do trabalho. A outra parcela da classe trabalhadora herdeira do welfare state luta como pode para impedir seu desmoronamento e erosão dos seus direitos.
Em sua aparente contradição, eles têm seu futuro irremediavelmente atados: os primeiros, os novos proletários (ou o precariado), aparentemente “desorganizados”, querem o fim do trabalho precarizado e sem direitos e sonham com um mundo melhor. Os segundo, os mais “organizados”, recusam sua conversão em novos precarizados do mundo.
Como a lógica destrutiva do capital é múltipla em sua aparência, mas una em sua essência, se esses polos vitais da classe trabalhadora não se vincularem ativamente em suas lutas de modo solidário e mesmo orgânico, a tragédia social os aproximará, pois ambos tornar-se-ão mais precarizados e desempregados. Se forem capazes de unir os laços de solidariedade e o sentido de pertencimento de classe, conjugando suas ações, poderão, mais do que qualquer outra força social, ser efetivamente capazes de demolir o sistema de metabolismo societal do capital e sua lógica destrutiva e, desse modo, capazes de começar a desenhar um novo modo de vida. E os sindicatos poderão ter um papel de destaque neste processo, se forem capazes de entender o século XXI em que vivem.
IGADI
IGADI


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES