Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Somos maiores e vivimos na aldea

viernes, 24 de enero de 2014
O alumnado da Uned Sénior de Xestoso está formado por persoas maiores de idades comprendidas entre os 55 e os 90 e pico anos; sendo a idade media duns 70 anos.

Tocoulle de nacer na primeira metade do século XX; a maioría sufríu os efectos da guerra civil, da postguerra, da sega en Castela e outras moitas estreituras.

Naqueles tempos o ensino aínda no era obrigatorio e moitas persoas –especialemente as do xénero feminino-, apenas se pisaron a escola; o que implica que non saben ler nin escribir.

Igualmente lle tocou de nacer no medio rural galego, a unha e outra banda da Serra da Loba.

Este colectivo traballou de sol a sol, sen horairos, a obra feita con moitas obrigas e ningún dereito.

Sacou o alimento da nai terra coa súa forza e a súa suor. Producíu alimentos para sobrevivir e máis para alimentar ás vilas máis cercanas.
Non elixiu este ritmo de vida, sencillamente foi o que lle tocou. Eso si, sempre pagou puntualmente os seus impostos como corresponde ós bos contribuíntes.

Na actualidade, disfruta dunha calidade de vida extremadamente reducuda que podemos resumir nos seguintes puntos:
1.- Atópase na recta final, en idade senil.
2.- Ten a saúde moi delicada e cada vez peor.
3.- Posúe moi pouca instrucción, aínda que se trata dun colectivo moi sabio pola experiencia dos anos e máis polos coñecementos que adquire a través da Uned Sénior. (Máis vale tarde que nunca; pero grazas...)
4.- Algunhas persoas, as máis privilegiadas, disfrutan de pensións mínimas porque puideron paga-lo “censo” (léase Seguridade Social Agraria)
5.- Outras persoas dispoñen de pensións aínda máis reducidas, as NON CONTRIBUTIVAS, aquelas que malamente puideron traballar para levar un bocado de pan á boca porque o labor dos labregos está moi pouco valorado e peor pagado.
6.- Necesidade –en moitas ocasións- de axudar ós descendentes que se encontran na cidade sen traballo e con hipotecas ó seu cargo.
7.- Carencia de xervizos: non posúen medios de transporte nin privados nin públicos; non posúen cobertura telefónica e o acceso a Internet é nula en moitos lugares.
8.- Coñecementos informáticos, nulos.
9.- Medios para formárense: nulos, se exceptuamos os ofrecidos pola Uned Sénior.
10.- Resumindo: o terceiro mundo está aquí.

Nestas circunstancias tan “DELICADAS” –por chamarlles dalgunha maneira- atópase con que debe enfrontarse ó COPAGO HOSPITALARIO e cumprir coa FACENDA por medios telemáticos, algo que é superior ás súas forzas.

No primeiro caso a poboación enferma empeorará notablemente por non poder pagar e a situación sanitaria do colectivo senil pasará a ser noticia polos males que acarreará.

E no segundo considera que debería permitirse a todos aqueles colectivos que o precisaran -entre eles ó da Uned Sénior de Xestoso- unha atención personalizada adaptada ás súas circunstancias porque o descubrimento da escritura manuscrita deixa feito moito servizo á Humanidade e non é cuestión de borrala dun plumazo por moi modernizados que nos sintamos.

Por eso comunicamos a quen corresponda para que se teña en consideración un colectivo tan numerosos como é o colectivo da poboación senil do noso país.

Ofrecendo servizos ó medio rural, afiánzase o asentamento da población; no caso contrario, desertízase.

Na Uned Sénior de Xestoso, optamos polo primeiro e defenderemos o rural con cantos medios teñamos ó noso alcance porque nel naceron e viviron os nosos ancestros; e nós, pedimos o mesmo para os que nos sucedan.
A Galicia rural, meréceo.

-MERCEDES CACHAZA PLATAS, colaboradora de Galicia Digital, é Alumna da Uned Sénior de Xestoso. Aula de PADERNE (A Coruña)-
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES