Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Provocando rebeldías en Rede

miércoles, 22 de enero de 2014
Documento da Paz 2013 da Coordinadora de crentes galeg@as

Stop desafiuzamentos 1.- Tempos que esixen rebeldía

Para a Coordinadora de Crentes Galeg@s, que en en relación coa celebración do Día da Paz presenta este Documento, non pode
haber PAZ mentres existan e se manteñan situacións de pobreza, exclusión social e perda de dereitos. A Paz para nós vai unida de forma indisoluble á xustiza. Non pode haber PAZ con tantos parados e paradas, tantas persoas en situación de pobreza e exclusión social, ou con desafiuzamentos
enriba.

A situación de crise económica, provocada polo sector financeiro do capitalismo, fondamente agrandada e estendida pola aplicación de políticas económicas restritivas e de control do gasto público por parte dos
países enriquecidos do Planeta, nomeadamente dos países da UE
cunha mención de honra especial para o goberno Rajoy, está a
supoñer o empobrecemento de moitas persoas e familias.

O desemprego, os datos demoledores e crecentes de pobreza e exclusión social que Cáritas e outras entidades fan públicos periodicamente, cuantifican unha realidade difícil para millóns de persoas e familias no
conxunto do Estado e para centos de miles na Galiza. Dramas como a extensión dos desafiuzamentos, a estafa das preferentes, o racismo, a exclusión sanitaria dos migrantes e a última reforma laboral, converten en
situacións dramáticas a realidade cotiá de moitísima xente.

Esta realidade, que urxe mudar xa, agrávase pola aplicación, por parte dos gobernos Rajoy e Feijoo, de continuos recortes que afectan a servizos públicos básicos como a sanidade, a educación, a administración de
xustiza ou os servizos sociais, o que fai máis fondo o empobrecemento de todas estas persoas, de todas nós en realidade.

Con ser tremendo isto, o peor é que a situación de crise/estafa ven sendo aproveitada polo goberno central e autonómico para eliminar a igualdade de acceso a dereitos básicos das persoas, a dereitos constitucionais e
humanos. A vomitiva exclusión do acceso á atención sanitaria para as persoas migrantes residentes en situación de irregularidade administrativa, encabeza esta estatística da vergoña. Nela, están tamén a imposibilidade práctica de acceso aos estudos universitarios para as fillas das familias
de clase baixa ou mesmo media; a eliminación do acceso a servizos básicos do ámbito sanitario como os fármacos ou o transporte sanitario,
xusto para as persoas que máis os precisan polas súas enfermidades; a eliminación do apoio e axuda económica que a Lei da Dependencia establecía para as persoas dependentes e para as súas familias, entre
outros. Esa situación tan deteriorada esixe unha resposta contundente, rebelde, dos fillos de Deus, que non podemos permanecer quedos ante estas realidades e ante quen as provocan. Esa situación implica tamén,
ademais de rebeldía, unha reposta coordinada en redes de autoorganización social diversas. Neses redes estamos, e queremos traballar en todo caso, moitos e moitas de nós. Ese é sen dúbida o noso evanxeo para estes tempos e para achegarnos a todas esas persoas que sofren.

ı solidaridade ı xustiza ı igualdade ı integración ı reflexión ı equidade ı fraternidade ı comunidade ı economía social ı análise ı solidariedade ı xustiza ı igualdade ı integración ı reflexión ı equidade ı comunidade ı traballo ı economía socianálise ı xustiza ı igualdade ı fraternidade ı equidade ı fraternidade ı comunidade ı traballo ı economía social ı análise ı solidaridade ı xusticia ı igualdade ı integración ı reflexión ı equidade ı

Provocando REBELDÍAs en rede

Ese espírito rebelde e enredado, tamén para transformar o interior de nosa esclerotizada Igrexa (coa a esperanza que parece abrir o Papa Francisco) plasmouse no encontro dos días 6 e 7 de decembro en Santiago de
Compostela na IV Asemblea Estatal de Redes Cristiás. No mesmo, xuntámonos cristiás e cristiáns de base de todo o Estado para reflexionar e debater sobre a escandalosa realidade que urxe transformar e ante a que
non queda outra que rebelarse.

O acto público do encontro, que tivo bastante repercusión, foi ruidoso, cheo de paraugas “rebeldes” e rematou coa lectura do seguinte manifesto:

2.- Provocando REBELDÍAs en Compostela

“Nestes duros momentos, de desespero para tantos cidadáns/ás, a prioridade das nosas prioridades é mudar a realidade dos millóns de persoas sen traballo. Das políticas públicas e reformas laborais que recortan recursos e, sobre todo, dereitos esenciais e fundamentais que tanto tempo e esforzo custou alcanzar.

Levantamos o noso berro en defensa da Educación Pública, pois é necesario recuperala e mantela no seu máis alto nivel; ao tempo que reclamamos se invista na Cultura propia de cada autonomía, riqueza na variedade; denunciamos a realidade da investigación científica e técnica, base de todo progreso. O noso berro desesperado, dirixímolo tamén á
Sanidade e, ao servizo farmacéutico. Esiximos Educación e Sanidade pública e universal, sen custos adicionais nin copagamentos farmacéuticos.

Empeñarémonos en mudar a realidade e, dende aquí denunciamos todos e cada un dos desafiuzamentos levados a cabo pola forza, sen buscar solucións dignas; opoñémonos con rabia ás chamadas preferentes bancarias e outras diferentes maneiras de enganar os pequenos aforradores; non pararemos ata conseguir que lles devolvan todos os seus aforros. Non podemos descansar vendo como se desmantelan os incipientes Servizos Sociais, pola contra non descansaremos ata conseguir que se recuperen, crezan e sexan garantía dunha vida equilibrada, sa e
xusta para os nosos maiores, persoas discapacitadas e dependentes.

Sabemos que “non hai resurrección sen insurrección”, é dicir, sen provocar rebeldías; “non temos présa porque imos lonxe” (15-M). Provocamos Rebeldías con Xesús de Nazaré, cando nos unimos a sindicatos, a movementos sociais, ao pobo en xeral e deixamos quedar ben claro
que as persoas necesitan traballo con dereitos e salarios dignos, para poder vivir. Cando nos unimos aos estudantes e profesorado, aos médicos e persoal sanitario. Cando loitamos cos preferentes arruinados, coas persoas
discapacitadas e coas desafiuzadas coa organización Stop Desafiuzamentos, para defender unha vivenda digna para toda persoa.

Cando miramos de igual a igual á poboación inmigrante e lles achandamos o camiño, cando nos poñemos en lugar do manteiro e denunciamos as inxustas medidas que contra eles se toman.

Provocamos Rebeldías cando apoiamos a Banca Ética, en contra da insaciable sede de diñeiro e poder dos tradicionais banqueiros, que cos seus poderosos bancos, foron os responsables máis directos do actual espolio.

Acúsase a moitas axentes sociais de antisistemas, pois ben: Ser antisistema, hoxe en día, é a forma máis consecuente de ser demócrata e a mellor estratexia, real e efectiva, de loitar contra a pobreza, máis alá da caridade e da beneficencia, por moito que estas resulten agora
necesarias.

Temos que pedir tamén á xerarquía da nosa Igrexa, que faga profundas mudanzas nos seus comportamentos e actitudes, inclinándose a seguir os xestos do bispo de Roma, Francisco, na seguridade que así se aproximarán a seguir os pasos de Xesús de Nazaré.

Non dubidamos que coa vosa axuda, traballo, ilusión e entusiasmo,
chegará un día en que ao levantar a vista,veremos unha terra que poña liberdade.”

A gozosa celebración da IV Asemblea, supuxo tamén un notable fortalecemento da humilde, pero combativa rede, que artellamos
dende hai moitos anos as persoas cristiáns de base de Galiza, entorno á Coordinadora de Crentes Galeg@s, que organizamos e demos contido de forma fonda e creativa a esta Asemblea.

Moitas de nós levamos tempo comprometidas nesas realidades que queremos mudar coa imprescindible rebeldía que nos pide Xesús de Nazaré.

Enredadas con outras, que traballan e loitan polo mesmo aínda que non sexan persoas crentes. Para todas e todos nós o Manifesto Final (que transcribimos a continuación) desa Asemblea chea de esperanza cunha sociedade que reacciona e cunha Igrexa que parece que se move ao fin,
son as liñas de traballo futuro para os vindeiros dous anos, que queremos compartir co resto da cidadanía , da Igrexa e da sociedade galegas:

“Vivimos nun momento moi especial que pode facer posible un cambio de orientación cara á solidariedade e á esperanza. E día a día imos constatando que, coa crise, medra o número e o compromiso da xente que se move cos nosos mesmos anceios. Precisamente por iso, e polo momento que vivimos, nesta ocasión atopámonos ao final deste famoso Camiño de Santiago baixo o lema “Mudando realidades, provocando rebeldías con
Xesús de Nazaré”.

Solidariedade coas persoas empobrecidas

Hoxe, aféctanos, sobre todo, o sufrimento de tantas persoas. Cando se fala
de crise, normalmente fálase con cifras ou porcentaxes. Pero, detrás de cada unha destas cifras hai unha cara, unhas persoas con nome e apelido, con esperanzas frustradas, algunhas delas podémolas ter moi preto .

Trátase dunha dor fonda, que afecta a todos os sectores da poboación; en primeiro lugar aos que xa antes estaban en risco de exclusión pero, tamén, aos que chegaron ás novas formas de pobreza que feren de xeito indiscriminado a moz@s,vell@s, mulleres, adult@s sen traballo, todos eles, día a día, ven como van perdendo posibilidades de manter a súa dignidade.

As persoas e entidades convocantes desta Asemblea sentimos que esta realidade, dura e acuciante ,interpélanos. Isto tenos axudado a por en valor a dignidade da persoa, a potenciar os discursos alternativos e as rebeldías e
a ver con maior claridade que hai que desautorizar o discurso oficial do “non
hai nada que facer” e que debemos acompañar. Porque sabemos que a
dignidade colectiva dunha sociedade non se mide polas posibilidades que teñen os sectores economicamente acomodados senón polo respecto e a estima con que son tratados os sectores máis castigados. Vivimos nun momento chave para ofrecer esperanza.

Devolver a esperanza dende a axuda mutua

É un motivo de esperanza constatar que medra a solidariedade
cidadá na atención directa ás persoas, de individuo a individuo, a
miúdo de maneira invisible, dende as formas máis espontáneas (lembramos a espectacular resposta dos veciños de Angrois ante o accidente ferroviario) ou dende as redes sociais. En tempos de bonanza parecía que es
tes valores diluíranse pero, despois de cinco anos de recortes e de destrución de postos de traballo, parece que renacen.

3.- Fortalecendo a nosa rede cara o futuro

Hai que facer referencia, en primeiro lugar, á axuda que se dan os membros da mesma familia, especialmente os avós e avoas a pesares dos seus escasos recursos, sosteñen a familias enteiras coas súas pensións pero tamén a aparición de redes informais con accións directas de solidariedade en relación a necesidades básicas: alimentación (bancos de alimentos, comedores solidarios...), roupa, libros, comercio solidario, acollida
de inmigrantes. Salientar sobre todo a multitude de entidades nadas
da sociedade civil que, máis alá de por o foco nos que están desvalidos e marxinados, axudan para superar as novas formas de pobreza; moitas desas entidades están presentes nesta Asemblea.

Mudando realidades e provocando rebeldías

Sabemos, sen embargo, que as actuacións paliativas non son dabondo, que hai que cambiar o sistema cara un novo modelo que preserve a igualdade, os dereitos de todos, a transparencia, o respecto á natureza. Neste
senso, a crise desencadeou multitude de protestas, resistencias e a proliferación de experiencias. A nosa sociedade ferve de protestas
masivas contra os recortes nos servizos básicos, contra os desafiuzamentos, contra unha reforma laboral que deixa sen protección a
quen traballa, contra o racismo e a criminalización da persoa inmigrada, contra as accións usureiras da banca, contra o deterioro da natureza (despois de 11 anos seguimos a ter que berrar Nunca Máis!) ou contra o
modelo da Europa neoliberal.

Todo este movemento ven acompañado da aparición de propostas alternativas, diferentes e cheas de imaxinación, nos ámbitos máis diversos que, entre todas, van definindo a orientación do novo modelo. Son pequenas
experiencias pero no interior de cada unha delas hai unha semente
de esperanza.

No campo da economía, o renacemento do movemento cooperativo, da banca ética, de novas experiencias no mundo rural, das plataformas
en defensa do territorio, por un novo modelo enerxético ou pola nova cultura da auga.

No campo político a conciencia da necesidade de reforma fonda do sistema
político, de novas formas de participación e do exercicio da democracia.

No campo do dereito o movemento de xuristas e persoas que exercen a avogacía, que piden maior transparencia e capacidade de actuación contra un modelo de sociedade vendida ao diñeiro.

No campo do xénero os movementos de loita pola igualdade e respecto á diversidade. E poderíamos seguir: no campo da cultura, da educación,
os servizos, da non violencia. Vivimos nunha sociedade que reacciona.

Por outra banda vivimos nun momento especialmente oportuno na
igrexa. Queremos que o cambio se consolide, apostamos por unha igrexa pobre, horizontal, en diálogo co mundo, que acompañe, sinal de misericordia
diante deste mundo roto, e unhas comunidades que axuden no campo da fe, da espiritualidade, do diálogo interrelixioso, nunha nova maneira de entender a Deus.

Dende o marco desta IV Asemblea, Redes Cristiás, acolle con ledicia
a Exhortación Apostólica do papa Francisco, e únese ao esforzo por unha igrexa máis democrática e mais evanxélica no mundo de hoxe.

Apostamos pola confluencia de todas estas loitas e esperanzas. Debemos traballar dende todos os ámbitos e dende a pluralidade de pensamentos e ideoloxías e establecer unha relación porosa neste fermoso fervedoiro de
iniciativas, movementos e protestas, agora en plena xestación. Esta IV Asemblea de Redes quere ser un intento máis na construción desta gran Rede. Quere colaborar na creación deste espazo común de valores e loitas, de protestas e de experiencias. Aló no fondo, escondida e humilde, vive e atoparemos a esperanza.”

Compostela, decembro de 2013
Coordenadora de Crentes Galeg@s
Coordenadora de Crentes Galeg@s


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES