Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O IVA, os maiores e o internet

miércoles, 22 de enero de 2014
O Goberno ven de aprobar unha nova normativa que obriga a facer as declaracións do IVA por internet. Como é ben sabido o IVA págase trimestralmente, e ao final do ano hai que facer un Resumo que reúna todo o abonado.

Por outra parte, tamén é sabido que o IVA abónase por moitos conceitos, diría que case por todo. Os autónomos, sexan do que sexan, debeno pagar, dende o encanador ao cabaleireiro, xornalista freelance (autónomo, por conta propria ou independente), até enxeñeiros, médicos, informáticos, comunicadores sociais, etc. etc., sempre que traballen por libre. Hai outro sector que tamén paga o IVA que son os proprietarios de locais que os teñen alugados para comercio, ou cualquer actividade, que tamén eiquí son muito diferente, dende o señor que ten quatro baixos por os que recibe quatro mil euros mensuis (poucos en Galiza), ata a dona que rexentaba unha tendiña de bairro, e chegándolle a hora de aposentarse, como a pensión é mínima, alugou a tienda para obter un suplemento de caixa.

A nova normativa esixe coñecimentos medios sobre informática ou pagar a un xestor para que faga a declaración trimestral e anual. Claramente, os que obteñen de rendimento dous mil ou más ao mes poden pagar a unha xestoría , mais os que só receben 300 ou 400 euros, axiña se quedan en nada.

Aínda hai outro considerando a ter en conta, os rapaces novos acostumados aos móveis, as consolas, os ipad, smarphone, iphone, etc., aprenden axiña. De facto, hai familias nas que tres ou cuatro membros son autónomos e riense do que sofremos outros para manexar os programas do IVA. No caso dos idosos hai situacions tráxicas e dolorosas.

A eses maiores que nen saben nen van a aprender hai que axudalos. O primeiro que pedimos é que se personalice o tema, que cada contribuinte “se presente” na sede da Fazenda e expoña o seu problema, se non é quen de entender como facelo e si o que obten de rendimentos é inferior a p.e. 1200 euros/mes, que lle axuden nas oficinas de recaudación para que poda seguir presentándoo en papel impreso. Total, ese problema só é cuestión de tempo, pois os maiores de hoxe, en vinte anos non daremos problemas.

Para aqueles de idade intermedia e que están utilizando o internet para outros asuntos, se lles pode axudar e, máis tarde que axiña, e sudando abondo, chegarán a dominar o programa. Hai que deixar constancia de que nas oficinas os empregados axudan o que poden, teñen paciencia, pero non son profesores.

Alguns contribuintes, despois de copiar letra por letra o que lle decían: “Aplicación AEATA pplet. Faga clic en “no bloquear”. Sobre o icono pisar dereita do ratón, elexir “Ejecutar como administrador”. Cerrar todas las páginas del navegador. Desinstalar todas las versiones de Java (inicio-panel control- Java-desinstalar) ...” e así ate tres folios. O declarante e dous familiares chegaron á casa coa cabeza cargada como se levasen abóboras; puxéronse a elo, e, ao folio e medio, quedouse varado o ordenador. Total, uns dicían unha cousa, outros a contraria, terminaron a metade con tila, a outra metade con aspirinas, e a terceira persoa agarrou o ordenador e foise con él a Fazenda. Unha vez resolto o primeiro inconveniente, algo así como “las pluggins de Java”, e cando xa conectou coa Sede Electrónica de la Agencia Tributaria e ian mandarlle a firma electrónica, non poido reiniciar a equipa en 34 horas, porque se o hacía perdía todos os dados. Tratou pois ao ordenador como a unha aboa moribunda.

O primeiro gran paso estaba dado, xa tiña firma electrónica para funcionar, agora o segundo era cubrir o Resumo Anual baixando un programa dende a ATE. Había o 99% de probabilidades de que se atascara tamén neste ponto, así que a funcionaria deulle dois números de teléfono para que chamase dende a sua casa e que non se lle ocurrise voltar co ordenador, tamén aconselloulle que estuviese só. Os números dos teléfonos é ben que os anoten porque vanlles axudar, un é o 901 335 533, sempre está comunicando, poden ter que agardar ate dez minutos, ou voltar a chamar, e chamar, e chamar. U outro é o 901 200 347, é muito mellor, danlle a opción de permitir que lle devolvan a chamada (llo recomendo),se acepta, en menos de vinte minutos chámanlle e vanlle orientando ate chegar ao final. Ás veces, ten que voltar a comezar dois ou tres veces , pero se chega ao final e a Agencia Tributaria avisalle de que concluiu con éxito e permitelle gardar o traballo en formato .pdf, asegúrolle que vostede sinte como se encontrara traballo estable, triunfar nunhas oposicions, ou superar un parto de quintillizos.

Gostaria de terlles axudado, decíanme dúas señoras hai uns días “escribe, escribe para que deixen todo como estaba antes”. Eso é imposible, non podemos parar o tren en marcha, a informática persíguenos día a día, ainda que non nos demos conta; e ven pisándonos os calcañares a robótica. Uns avances serán para ben, outros complicaranos muito a vida, mais hai que avanzar cos tempos ou convertirse en eremitas. Aprender é un traballo, pero conseguir agrandar os coñecimentos é moi recompensador, da un maior ámbito de liberdade, de liberdade e comprensión para axudar aos demáis, como eses rapaces que ante unha máquina despendedora de billetes ou de facturación automática nos aeroportos, ofrécense a axudarnos con delicadeza.

Termino pedindo que Fazenda atenda aos máis desfavorecidos (a ignoráncia é unha dura pobreza) e que lles permitan facer a declaración en papel como antes, ate o seu final.
Cal, Rosa
Cal, Rosa


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES