Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Miscelánea de Begonte

domingo, 05 de enero de 2014
Camiñaran tanto que xa non lembraban o tempo que o levaban facendo. Capearan sarabia, neve, tronos, choivas torrenciais.....pero agora tan só babuxaba unha auga morna, incluso doce pero que calaba os ósos.....chegaban a Begonte.

Dirixíanse ao Belén, onde o neno debía nacer.

O río Ladra de augas frías pero mansas desbordara do seu cauce froito das últimas choivas. Chegaron á beira; sabían que non había ponte e o caneiro quedara asulagado pola auga. O que si había eran cinco batuxos nos cales tentarían pasar ao outro lado. Non iba ser doado. A auga acachoaba contra as pedras cunha furia salvaxe. O terreo era esvaradizo e estaba cheo de fochancas polo que tiñan andar con tino para non esvarar e así poder subir ós batuxos. Logo dunha pequena loita contra as forzas da natureza, conseguiron arribar á outra beira.....pero o neno tiña présa! Quedaban tan só uns metros para chegar ó Belén pero non había tempo!

Respirábase paz nese lugar, todo era planicie e os asubíos das árbores movidas por un vento lixeiro parecían cantar chorosos alalás.

Improvisaron nunha palloza que alí había o lugar onde o meniño vería a luz.

O primeiro era buscar con que combatir o frío. Os refugallos de pólas de piñeiro, xestas duns valados cercanos e algo de cerna de árbores caídas serviron para facer o tizón á beira da palloza.
Non tiñan nada para darlle calor ó recén nado .....terían que facelo cuns vurullos de tea cos que envolverían ó neno. Se non fose dabondo, utilizarían a taleiga que a parida levaba atada á saia.

De súpeto, a nai de Xaquín espertouno do seu profundo sono. Éste, asustado, ergueu a metade superior do seu corpo sobre o leito e cos ollos vidrosos e a cara desencaixada imitando perfectamente o cadro do berro de Munch berrou: quedamos durmidos????!!!
Ela tranquilizouno e sorríndolle dixo: tranquilo, cómo ibamos marchar sen ti!!!

Quedaban moitas horas de carretera ata chegar ó pobo do que seu pai lle falara tantas veces. Nunca poideran ir. Éste abandoara a casa natal para traballar construíndo inmensos edificios de ladrillo no país veciño pero a súa mellor construción foi o edificio de valores que construiu no seu fillo que amaba tódolos recunchos de Begonte sen estar alí endexamáis, pero hoxe era o día.
Seu pai voltaría por primeira vez dende que emigrara, ó lugar que o vira nacer e él, coñeceríao por vez primeira físicamente. O seu proxenitor encargárase de falarlle a cotío dun pobo de poetas e escultores, onde visitarían a Pena dos Mouros, o Chao de Mazós,o monte das medorras, os pozos do Ollo, pazos e capelas pero o que é máis ansiaba coñecer era o Belén e o Clube fluvial que lle produciran unha miscelánea incapaz de describir con palabras froito das numerosas ocasións en que o seu pai (e algunha vez tamén en soños) non se cansara de nomear.
Valle, Kenia
Valle, Kenia


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES