Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nivel

miércoles, 26 de octubre de 2005
Con certa periodicidade aparecen estudios que nos veñen dicir ós galegos como somos, a que nivel estamos, e como aparecemos en relación co resto das comunidades españolas ou das rexións da U.E.

Así, rompendo a habitual monotonía e a normal autosatisfacción na que nos movemos, as cifras e os datos sorpréndennos durante un momento, fannos pensar brevemente, pero deseguida volvemos á normalidade.

Porque a normalidade indícanos que Galicia progresa, aínda que sexa lentamente. Que as vías de comunicación van enlazando as localidades deste país, que as redes telefónicas comunican a tódolos galegos, que as reelectrificacións van chegando ata as aldeas que van quedando desertas, que o fenómeno do paro vaise paliando aínda que con lentitude.

A nosa vida diaria indícanos que, máis ou menos, estamos ó nivel do resto das comunidades españolas, agás claro está Madrid, Barcelona ou País Basco, cidades ou rexións ou nacionalidades que sempre mantiveron distancias co resto do estado.

O máis recente estudio coñecido, promovido por Caixanova, descobre que ningún dos concellos galegos chega ó nivel medio de riqueza de España... que a renda por habitante máis elevada de Galicia está en Ourense, e logo en Oleiros, e logo en Lugo... e que, en valor engadido por habitante, o primeiro concello é o industrializado de As Pontes, e logo Porriño, e despois Arteixo, e despois destes Coruña ou Santiago.

Descobre tamén o estudio que temos o doble de bares que a media española, máis habitantes por concello, máis bancos.

Que Ourense e Lugo sexan máis ricas que A Coruña, Santiago ou Vigo resulta extraño pero todo dependerá dos parámetros establecidos, do que se busque nas enquisas, e de como se busque.

O de que non teñamos o nivel medio de España doe, pero a fin de contas son estatísticas e promedios que evidencian que moi altas teñen que estar rendas e realidades en determinadas zonas do país para que, pormediándoas coas da Castela profunda, dos páramos leoneses ou dos ermos campos andaluces, resulten estar aínda mellor ca nós.

Os niveles son sempre relativos. Quizáis sexa que os galegos nos acomodamos mellor, pero tampouco nos parece estar tan mal.

O noso refraneiro afirma que "ten quen ten", para indicar que non todo o mundo posúe "o mesmo nivel" de posesións. Malia as enquisas, seguimos pensando que aínda non hai queixa.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES