Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cumpreanos no Edén

martes, 25 de octubre de 2005
IN MEMORIAM MANUEL MARÍA (8-10-05)

Eu que no ceo teño amigos,
pola vida que viviron,
enchoupados en vero amor,
os vaguexados camiños,
na lisura os salferiron,
recendando a fragante flor,

Ó ser hoxe o seu cumpreanos,
a un deles me refiro,
en saudosas felicidades,
por ficar perto dos Santos,
que coma el, na chaira urdiron,
sumos feitos entrañables,

I
No seu transo foi deixando,
recendo a incenso e romeiro,
semente en vastos camiños,
polos que foi camiñando,
baril feitos de cabaleiro,
en señeiros e campesiños,

II
Galicia rende homenaxes,
ó bardo da Terra Chá,
sendo amada en demasía,
como fillo á súa nai,
se devala ó ceo clama,
advento á melloría,

III
Hoxe o ceo vístese de gala,
coas lucíferas letras,
saudosas campás de Galicia
dobran, briladas badaladas,
saíndo da fulxencia delas,
alegro á rexia poesía,

Nos corazóns dos amigos,
rebuligan as emocións,
pola humanidade enxebre,
zumegante nos feitíos,
rememorada nas reunións,
no maxín lembrada sempre,

IV
Como moitísimos deles,
lémbroo con vero cariño,
magoada da súa ''marcha'',
polo seu vezo de seres,
sempre corazón campesiño,
sendo fulgor da chaira amada,

V
Segundo cumpreanos no ceo,
disfrútao Manuel María,
Galicia, amada terra,
vístese de fulxente veo,
lendo na bela poesía,
reflictindo na súa era,

Coa bondade por bandeira,
sinxeleza moi cinguida,
ó sobranceiro corazón,
bonhomia na maneira,
vida sen vaidade vivida,
sentendo nelo fruición,

VI
Seladas quedan na historia,
áureadas infindamente,
na Terra Chá, súa terra,
embebendo na súa gloria,
por seres senso e semente,
de tan egrexias palabras,

Por seres ela seu berce,
testemuña de amor puro,
ó abeiro do regato
Do Cepelo, onde rexe,
o harmonioso murmuro
poesía, de amor innato,

Sendo chaira moi querida,
como naiciña ó seu fillo,
que garimosa lle canta,
na soeira máis belida,
e nesa moleza e brillo,
anímao se non avanta,

VII
Nesta túa onomástica,
quero Manuel eu lembrar,
feito teu na miña alma,
teimando por que se saiba,
para elo debo de recúar,
ós meus días sen calma,

VIII
Na florida primavera,
nesa sagrada paraxe,
de Saavedra Sagra Igrexa,
nos prados, chan reverbera
a dita, flama en bagaxe
no xentío, ca Virxe leva,

Inda que manidos, ledos,
cara á Virxe Milagreira,
na procura do seu Abeiro,
nesa data máis aleutos,
pola presenza señeira,
do amado bardo chairego,

IX
Eu manida en demasía,
apoiada en Sagra parede,
escoitaba nas palabras,
do patriarca da poesía,
sendo admiradora eu sempre,
tentaba en maxín alugalas,

A fervenza de xentío,
silentemente escoitaba,
do cristián corazón,
enfeitadas de solío,
verbas có cerne chegaban,
cun pouso de fruición,

Rematando o seu discurso,
resoaron agradecidas
palmas, apaixoadas da alma,
seguendo logo o decurso
os cregos, coa homilía,
refocilando desazo de almas,

X
É vezo sair polo altar,
pola morea de xentío,
para que achegarse poidan
a comungar, sense estorbar,
voltando ó mesmo sitio,
a venerar á Señora,

Sentado no esquerdo escano,
que fica no Sagro Dosel,
logo do bardo comungares,
comungantes ó noso paso ,
fomos chegándo-nos a EL,
quen FORMA nos ían dando,

Manuel María sentado,
coa súa fonda mirada,
salferindo alba bondade,
nos seres que ían pasando,
coa alma por Deus nimbada,
arelando no cós milagre,

XI
Manuel María miraba,
ós comungantes pasando,
uns rexos, meirande manidos,
eu, ca rentes del pasaba,
co corpo tremeleando,
suxeita por brazos queridos,

Fitou a súa mirada en min,
do xeito máis piadoso,
mirada moi magoada,
á miña impía eiva sen fin,
regalándo-me amoroso,
pesar na súa mirada,

XII
Quedeime coa súa mirada,
acugulada en bondade,
aloxándoa no corazón,
reflictida sendo anceiada,
nos días de lobreguedade,
ornados de negro charón,

XIII
Logo de longa tempada,
tiven regalía deo coñecer,
na harmonía da familia,
miña alma moi agasallada,
non foi quen dese conter,
de non chorar coa ledicia,

XIV
Tempo despois de tristura,
co seu triste pasamento,
por esa amizade nobre,
mirada de gran tenrura,
ós meus bravos momentos,
quen grande crueza se sofre.
Arias Saavedra, Ana
Arias Saavedra, Ana


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES