Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O fiasco do recibo da luz

jueves, 26 de diciembre de 2013
Cando un analiza por o miúdo o que está a pasar co recibo da luz, e ver o que hai por detrás, pónselle os cabelos coma escarpeas. A estas alturas, xa non é insólito descubrir, que o Sr. Rajoy, nestes dous anos de lexislatura, continúa cos mesmos despropósitos do Sr. Zapatero, iso si, por veces, corrixidos e aumentados.

Empecemos por aclarar qué:
1. A factura da luz, baixaría en torno o 65%, si se eliminaran os costos políticos.
2. A subasta representa, en torno o 35% da factura, o resto son factores que dependen das medidas políticas do goberno.
3. Dende o ano 2002 o incremento do recibo da luz foi dun 104%, e vai camiño de triplicar. En países do noso entorno, como Francia, foi do 18%.
4. O custe produción KW, en España é de 0,18 euros, cando en Francia, é soamente de 0,10 euros.
5. O noso país, por as ocorrencias do goberno Zapatero, converteuse no laboratorio a nivel mundial das enerxías renovables, así nos vai. Aqueles desatinos, xunto o das caixas de aforros, das preferentes e tantos outros, trouxeron estas tráxicas consecuencias.
6. Hai que ter en conta que a enerxía non se pode acumular, haina que consumir no mesmo momento de producila. Así que os picos de produción das eólicas, non sempre coincide cos picos de máxima demanda, por o tanto cando se precisa non se produce e cando se produce non se precisa, de aí o seu alto grao de ineficacia e de ineficiencia. Eses factores de desaxuste, fan que as renovables non sexan capaces de garantir o abastecemento eléctrico.

É ben certo que cando falamos de enerxías renovables, limpas e ecolóxicas, vende e cautiva, pero hai que ter en conta algo máis, para entender o alto custo da mesma. Prezo, que está levando a pobreza e a exclusión social a moitas familias e o cerre de tantas empresas, por non poder soportar as cargas tan elevadas, que supón o actual recibo da luz e que lles impide competir coas de países do seu entorno.

Entremos no que cociña o goberno, é dicir, no prezo regulado. O peaxe de acceso ou custo de acceder as redes, e o seu custo, fíxao arbitrariamente o goberno. Nese prezo incluíse:
a) O custe total do trasporte e distribución da luz.
b) O custe da moratoria nuclear, que ven dende Lemoniz e Valdecaballleros, durante todos estes anos, hai que compensarlles a inversión realizada nesas dúas centrais nucleares as correspondentes empresas construtoras.
c) As primas a minería do carbón.
d) Os plans de eficiencia e aforro enerxético.
e) O sobrecoste da enerxía nas illas.
f) As primas as enerxías renovables, con cifras escalofriantes, vexamos:
Ano 2009, en cifras redondas seis mil cincocentos millóns de euros
Ano 2010, sete mil sesenta e seis millóns de euros.
Ano 2011, seis mil novecentos millóns de euros.
Ano 2012, oito mil cincocentos millóns de euros.
Ano 2013, dez mil cincocentos millóns de euros.
g) O financiamento do déficit de tarifa, que se vai acumulando ano a no, e que neste momento supera os 23.000 millóns de euros.
Todo este cúmulo de desatinos, cae sobre o consumidor final, que se ve impotente ante un custe desorbitado, dun ben de primeira necesidade como é a luz eléctrica.

Este ano todo parecía que ía pasar sen demasiado barullo, dado que eses 3.600 millóns de euros, que supuña o déficit de tarifa, ían ser absorbidos por os presupostos do Estado, pero o Sr. Montoro, parece que as contas non lle cadran, e esa partida vai a ir dedicada a outros menestreis, de aí, ó ruído destes días, en busca dun chibo expiatorio, que parece que o encontraron nas grandes distribuidoras, pero isto é auga de maio, o problema non está aí, senón nas primas as renovables, a minería do carbón e os outros engadidos, que D. Mariano non quere ver.

Quen si o vai a ver son os cidadáns, cansados dos seus despropósitos e da incapacidade do seu equipo de goberno, o ver que cada día son máis pobres, pagan máis impostos e incumpre o programa de goberno co que lle solicitou o voto.

Penso que non nos imos a enganar moito, se dicimos que a suba da luz en xaneiro vai a estar máis preto do 11% que do 10,50%. Expectantes estamos.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES