Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No Belén de Begonte e as Penas de Rodas

jueves, 26 de diciembre de 2013
No Beln de Begonte e as Penas de Rodas VISITA DA UNED SENIOR DE XESTOSO ÁS PENAS DE RODAS E AO BELÉN DE BEGONTE

O dezasete de decembro, os alumnos e alumnas da Uned Senior de Xestoso,
acompañados polo noso coordinador, Luís Ángel Rodríguez Patiño, e o noso
profesor Felipe Senén López, realizamos unha viaxe para visitar as Penas das Rodas e o Belén de Begonte. De camiño, pasando á altura de San Alberte, unha paraxe moi bonita, o noso profesor comentounos que a este
santuario tamén foi levado o seu amigo e poeta Manuel María, a quen o santo lle debeu protexer dunha maneira especial, pois, no futuro, falaría moito e ben.

Máis adiante, tamén se nos mencionou ao escultor Víctor Corral.

Antes das Penas das Rodas, cruzamos o río Ladra, afluente do Miño. Á súa beira está a casa-restaurante dun emigrante, coleccionista de radios. Posúe un interesante museo destes aparatos. Pasamos polas aldeas de Román e Gayoso, terras de moi bos canteiros. Nós poidemos apreciar algunhas das súas obras: casas, algunhas caleadas e outras repicadas, panteóns e fermosos cruceiros.

As penas das Rodas son dúas grandes pedras de granito, esféricas, en equilibrio sobre dúas rochas, unha ao lado da outra, labradas pola Natureza. Segundo a lenda, unha das penas ten ouro, símbolo da riqueza, e a outra alquitrán. Nunha rocha do lado, hai un poema de Manuel María alusivo a estas pedras:
(...)

Non sodes, non, cantería,
ouh penas de encantamento
¡Temo que calquera día
vos poida levar o vento

Investigacións recientes descubriron que, no solsticio de
verán, os raios de sol que pasan entre as pedras coincide cunhas marcas, e chegouse á conclusión que é un Círculo Lítico, Círculo Lítico de Donalbai.

Estudiosos da Deputación de Lugo realizan unhas rutas pola zona, explicando a teoría das Penas de Rodas.

Máis tarde, visitamos o Belén de Begonte, un dos máis famosos de Galicia. O noso profesor explicounos que a tradición dos beléns foi traída por San Francisco.

Sobre o ano 1.200, veu de peregrino a Santiago, e a el se deben os beléns e as viacrucis. Outro belén moi famoso é o de Ourense, que é obra de Arturo Baltar.
O Belén de Begonte nace no Nadal de 1.972, creado por D. José Domínguez Guizán, párroco de Begonte(que tamén foi párroco de Xestoso), ao lado de quen estaba José Rodríguez Varela, alma mater do belén. As figuras en animación representan escenas da vida diaria, mezcladas con reproducións da arquitectura popular galega, e todo con efectos sonoros e luminosos. No ano 1.976, amplíase a superficie e o número e tamaño das figuras. Cada ano, o belén é visitado por unhas corenta mil persoas. A exposición do belén compleméntase con outras manifestacións culturais moi interesantes, como exposicións de pintura, fotografías, cerámica, etc.

Como sempre, foi unha viaxe moi interesante, e nós estamos moi agradecidos a quen nos dá a oportunidade de vivir estas experiencias.
Pérez Freire, Lourdes
Pérez Freire, Lourdes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES