Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un chiste

lunes, 09 de diciembre de 2013
Cotexa cun selo de caucho as catro liñas nas que se comunica que a vida son unhas risas e a morte é un chiste, o mesmo que cantaba o crucificado á beira de Brian, o home ó que confundían co Mesías.

E deixa que o funcionario asine o cotexo para que a felicidade que produce unha vida alegre vaia moito máis alá dunha chistosa morte. Asubía o tema musical de “A vida de Brian” e verás como agonizas feliz e contento nunha cruz na que te crucifican polos esperpentos cos que está feita a cruzada que vai da nenez ó final dunhas risas que se soltaron ó longo de toda unha vida.

Alguén lerá o teu chiste e dirá que ninguén te dobregou.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES