Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un Requiem a Manuel Fraga

viernes, 06 de diciembre de 2013
PRÓLOGO AO RÉQUIEM DE VICENTE PIÑEIRO A MANUEL FRAGA IRIBARNE

Meu pai escribiulle un extenso Réquiem a Manuel Fraga Iribarne, os lucenses teñen que dedicarlle unha rúa.


Os lectores van permitirme a sinceridade apetecida. Meu pai, autor deste longo Réquiem, non escribe para compracer ao grupo ao que Manuel Fraga Iribarne pertencía, pois de ser así, non falaría como el mesmo. Este poema case místico, medrou a partir dunha exercitación e dunhas experiencias irrenunciábeis da súa propia realidade nun mundo sabido e apetecido, compenetrando os espazos interiores e exteriores que verten a súa luz o un no outro, desenrolando a vertente antropolóxica na que esta poesía, case mística, se caracteriza pola sinceridade. Para o poeta, esta tamén é unha poesía comprometida porque ten a consecuencia necesaria de ser sincera.

Por tanto, aquí o poeta baléirase e dá paso ao que está no interior do seu abismo humano, que é admiración, comprensión e aprecio cara o personaxe protagonista do poema.

"Don Manuel, foi a unica persoa verdadeiramente importante que falou comigo de que esta vida é limitada, metida entre as parénteses do tempo que cada vez se apertan más, que se atraen unha a outra coma dous imáns estrullando a nosa vida até deixala en nada; o único personaxe que de verdade se ofreceu desinteresadamente a prestarme axuda para curar a miña enfermidade, que soubo valorar a miña poesía, até a civil que ás veces empreguei para loitar pola paz en contra das intencións do seu Partido Político cando gobernaba José María Aznar, e que me tratou coma un igual". Ao publicar o Réquiem, o autor xa foi obxecto de persecución e de desprezo por parte de persoas e de sectores, pero el, poeta místico, baléirase e desafógase na comprensión de todo o que hai na natureza humana. Alegría, gratitude, necesidade e desengano, queixa, disputa, culpa, ansiedade, pero tamén esperanza.

Talvez os que se achegan a este Réquiem se atopan ante o inexplicábel, ante o que os lingüistas chaman "dimensión obxectiva da linguaxe", pero no poema non só hai linguaxe, tamén hai silencio, mística, pero poñéndoo todo á vista, percorrendo e mencionando, unha a unha, cousas do personaxe e cousas do poeta que fala, abarcando a súa totalidade e transformándoas en palabras.

Cando meu pai, o poeta, coñeceu de verdade a Don Manuel Fraga Iribarne, este xa era maior, pero chegoulle o tempo para ver nel un amor que fortalecía, unha bondade sen categorías, un corazón expandido e unha inmensa xenerosidade.
Piñeiro López, Vicente
Piñeiro López, Vicente


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES