Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

“Democracia” desarmada e humillada

jueves, 05 de diciembre de 2013
Desde o Preguntoiro

Lendo algúns xornais de fora deste país, a sensación que un sente é
de mágoa e de vergoña allea. Por exemplo: Un dos xornais máis
prestixiosos de Gran Bretaña como o “The Guardian”, comenta : “a nova
Lei de Seguridade Cidadán que quere aprobar o goberno español é un
ataque á democracia, non só trátase de disuadir aos cidadáns para que
protesten, senón para os que decidan facelo”.

Estes gobernantes seguen unha senda que está chegando a esa raia
vermella onde non se pode pasar, coido que é unha parte dun proxecto
neoliberal- fascista a curto prazo para deter a “democracia” na súa
mínima expresión. O problema non se resolve con leis represivas nin
máis policía, resólvese indo ao á cuestión dese problema polo cal o
pobo está protestando.

Están a facer o caldo gordo a unha Unión Europea das finanzas e dos
mercados, a unha xente que ninguén os votou, a uns insaciables e
indesexables. Agora Bruxelas pide máis recortes, porén, todos sabemos
en que o fará o Goberno, mentirá unha vez máis, dirá que non tomará
esas medidas pero o fará tal como o ordenan os desalmados neocóns.

O que están a facer co pobo español é unha tortura programada de
empobrecemento. Normal que a xente proteste ante tanta maldade,
mentiras, corrupción e que os ricos sexan máis ricos, onde as SICAV
(sociedades dos ricos) seguen tributando ao 1 por cento. Ou sexa
nestes intres, este país existen as maiores diferencias de riqueza de
Europa, aínda por riba, este Goberno o xustifica con trolas a moreas.

Estas e moitas máis son as razóns da cidadanía que protesta dos
problemas deste sistema que vaise a marchas forzadas polos
sumidoiros. Se fai falla fuximos de Europa dunha “puñetera” vez e
facer como en Islandia, rescataron aos cidadáns e meteron na cadea
aos banqueiros superando o déficit público e non lles fixo falla
facer leis represivas e nazistas para calar ao pobo.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES