Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Figuras dun mesmo belén

martes, 03 de diciembre de 2013
Fai uns anos que vivo nun país nórdico. Non é que desexara alonxarme da miña Galicia nin deixar de poder recibir tódalas noites un bico de despedida dos meus avós, pois, dende moi cativo vivo cos avós maternos. Os meus país morreron nun accidente de tráfico, tendo eu un par de meses, e os meus avós paternos tamén faleceron , moito antes de chegar eu a esta vida.

Como moitos outros xovéns da miña idade, por culpa de buscar un xeito mellor de vivir, tivemos que abandoar Galicia.

Pobre terra nosa, sempre, por un motivo ou outro, perdendo xente! Soamente quedan os vellos!

Non teño verbas para describir a tristura, a mágoa que supón estar lonxe e sentir latexar de forte dor o corazón.

Cando chega un Nadal e estamos moi afastados do noso lugar de orixe, a tristura e a morriña parecen lobos que devoran o noso sensible ser.

Todas as noites, cando falo por teléfono cos meus avós, noto a súa voz, as súas doces palabras, máis apagadas. Os probes están enfermos dunha enfermidade moi dura, a tristura da soedade e o peso inexorable dos anos.

Este Nadal, están moi ilusionados porque por fin, despois de moitos anos, teño dereito a unhas vacacións. Hai cartos para emprender ese desexado voo e vou ir xunto deles.

Xa chegou Decembro. Tomei nun avión rumbo a Galicia . As poucas horas estaba en Santiago e, nun autocar , envolto nun soño máxico de ledicia, vou rumbo a nosa aldea. Xa, unha vez deixado este medio de transporte, na estrada que pasa a poucos kilómetros do meu pobo, collín polo carreiriño da miña infancia, buscando aquelas pegadas.

Cheguei a fontiña que, ainda canta una cantiga que soamente sabemos a súa letra os que nacimos nunha pequerrecha aldea.

O meu rostro está mollado e non pola auga que bebín nesa fonte, é polas bágoas de ledicia que percorren a miña cara. Escoito as campás da capela . Tremo coma unha folla , una morea de recordos chegan a miña mente ( festas, romarias, a escola , as misas do domingo, as vacas, os rapaces amigos e as nosas falcatruadas, as mozas….) Esas badaladas parecen de benvida.

Collín a miña maleta e proseguín. Xa estaba vendo, agochada naquela nai montaña, a aldea da miña alma. Atopei algúns veciños, marcados polo paso do tempo. Todo eran apertas e berros:” Está eiqui o neto da Casa do Cego …”, o alcume da nosa casa. Pronto estaba ante a nosa; na porta , aqueles dous seres amados, os meus avós.
Unha aperta moi forte xuntou os nosos corazóns. Tanto tempo lonxe!!.

A miña avoa dicía:
- “ Este si que é un verdadeiro Nadal.

Xa era hora de deixar de estar sós ollando cara o lume e vindo como as nosas esperanzas de volver a ver ao noso neto convertíanse en cinza!”

Aquela noite, non era ainda Noite Boa, pero, como non hai santo sen víspera, esa para nós foi unha moi especial. Falamos e falamos ata moi tarde. Xa estaba a casiña de pedra e teito de negra lousa leda, dentro, neses muros , cheos do grande tesouro da felicidade, estábamos de novo no meu berce e na terra dos meus ancestros.

Ao día seguinte dín un paseo polo pobo. Vin moitas portas pechadas, fiestras destartaladas…. Eran poucas as casas que quedaban botando fume de vida. Chorei por ver que, por culpa do éxodo e da morte , eses fogares quedaban convertidas en ruinosos paredóns.

Pasados un par de días dixen aos meus avós que ía ir a Begonte, pois , facía uns anos, cando eles eran máis lixeiros de pernas,
estiveron vendo aquel fermoso belén electrónico e mandáronme unha carta cunha postaliña- calendario dese belén e, entre as liñas daquela misiva recordó as seguintes:

“ Querido Toño, onte estivemos vendo esta xoia do Nadal galego e pedimos que pronto puiderás estar pasando aquí estas festas. Que viras esta estrela que está alumeando a mesma Terra”..

Eles non podían acompañarme pero dixéronme que , cando estivera no río Ladra collera una botella de auga, que levara esta auga comigo ao belén e logo, volverá con ela a casiña e, por suposto con outra estampiña como aquela que , desde aquel Nadal, levo sempre na miña carteira.

Moi cedo marchei, sen esquecer os dous encargos , pois os avós sempre están dando e, cando piden algo é que é un ben para todos. Marchei cara ao belén begontino que irradia luz de paz e felicidade por toda a Terra Chá.

Collín a auga e estiven varios horas por Begonte e moitas delas ollando cara a ese belén onde pedín perdón por ser víctima do materialismo e prometín deixar todo o que tiña nos países nórdicos, abandoar aquel traballo e quedar para sempre atendendo aos meus avós, a miña casa, a miña querida aldea e esperando que chegue outro Nadal para vir alimentarme co mellor doce, sentir a presenza do amor neste belén do Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán.

Xa estaba chegando o solpor cando volvín a casa. Entreguei a auga e a estampiña aos meus avós e, decateime como seu rostro tomaba un semblante de auténtica felicidade. Logo , despois de cear, sentados no escano, cara o fogo da cheminea, comentei que xa nunca deixaría aquela casa, cos meus brazos estarían para axudar a manter erguidos aos meus avós e a miña terra.

Os dous velliños choraban emocionados e dixeron que ese era o mellor agasallo que podían recibir. Eles tamén serían, mentras tiveran vida, figuras dun mesmo belén, o familiar, pero isto, esta decisión, era un milagre que soamente sucedía en sitios espirituais dos que Begonte é un modelo. Ben sabe ese belén que, para salvagardar todos ese oficios, esas tradicións propias do mundo rural , fan falta tres figuras indispensabels, os nenos, o noso futuro, os adultos, ferreiros forxadores dun próspero presente e os maiores, eses anciáns que son vigas mestres do teito do vivir..

Os humildes estamos chamados a ser os atlantes para levantar sobre os nosos ombreiros o medio rural, o singular berce onde o Nadal sempre estará vivo mentres cante un galo anunciando una bendita hora.

Dende este Nadal e, cos parabéns do belén begontino, non morreran máis aldeas porque acabouse a migración, volverán todas as peregrinas anduriñas para reconstruir os seus niños nestas casiñas que viven un venturoso mencer.

Eu quedei cos meus avós disfrutando dunha cea de Noite Boa maravillosa, a cea dos que saben saborear todo o natural e concilian o sono da paz, os pastores da vida, que non ambicionan nada material e soamente queren axudar e colaborar a manter acesa a o fogo da familia .
Pol, Pepe
Pol, Pepe


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES