Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Caricias para a alma

jueves, 05 de diciembre de 2013
Eu nunca vin a miña alma nin a de ninguén pero estou convencida de que a teño e de que vostede tamén a ten.

Hai moitas cousas na vida que non poden demostrarse con principios matemáticos nin físcos pero os entendidos na materia saben que existen e como tratalas.

Aquí quero facer referencia a eses tratamentos que nos damos e que lle damos a outras persoas que producen un benestar invisible pero palpable: “AS CARICIAS PARA A ALMA”

Intentarei explicarme con algúns exemplos prácticos para non entrar en divagacións absurdas.

1.- CALQUERA BEBÉ por pequeno que sexa, é capaz de percibir:

-Se é ben ou mal tratado.

-Se se sente amado ou non.

-Se a persoa que o rodea está de bo ou mal humor....

Cando un bebé está sendo tratado como se merecen tódolos bebés, está recibindo CARICIAS na súa alma que levará no seu ser interno toda a súa vida.
E aínda vou dicir máis sen temor a equivocarme: dentro do seo materno tamén é capaz de percibir todos estes detalles por pequenos que sexan.
E aquí quero facer un inciso para felicitar a todas aquelas familias –do tipo que sexan- que saben acoller con cariño ó novo ser. Estanlle dando CARICIAS e forzas para chegar á vida con optimismo.

2.- A INFANCIA é capaz de percibir tódolos movementos que se producen na familia:

-Se hai boa ou mala convivencia entre os membros da familia.

-Se hai o alimeto necesario.

-Se se sabe respetar ás persoas según o posto que cada unha desempeña no seo familar e social.

-Se foi desexado como novo membro da familia.

-Se a familia ten unha relación máis ou menos positiva coa escola.

-Se a familia ten ou non ten uns valores, unha relixión...

Por eso:

-Unha criatura que medra nunha familia con boas relacións familiares, estase alimentado para saber convivir.

-Unha criatura ben alimentada medra sen maiores dificiltades como corresponde á súa idade.

-Unha criatura que oberva o respeto entre persoas, está recibindo mensaxes no seu interior para ser unha persoa respetuosa cos que a rodean.

-Unha criatura que foi desexada, séntese cómoda no seo familiar.

-Unha criatura que observa boas relacións coa escola, está en disposición de acadar uns resultados escolares aceptables según a súa idade cronolóxica e a súa capacidade intelectual.

-Unha criatura que recibe unha educación en valores estase armando coas mellores armas para defenderse con soltura polo camiño da vida.

Todas estas e outras moitas que vostede sabe e pode engadir, son as CARICIAS que pode e debe recibir toda criatura para desenrolarse con normalidade.

3.- A ADOLESCENCIA que sabe ser escoitada e aconsellada correctamente ante os cambios que se producen na súa persoa e na súa personalidade, está recibindo un legado de valor incalculable para afianzar a súa vida afectivo-social.

As persoas que saben facer este labor, BOAS ACARICIADORAS son.

As familias que acertan en “ACARICIAR AXEITADAMENTE” a alma dos seus adolescentes, están favorecendo que estes se encontren cómodas no seo familiar, porque encontran a información que necesitan e non senten a necesidade de evadirse artificialmente no mundo do botellón e do mundanal ruido.

AS CARICIAS DA FAMILIA SON MOI SAUDABLES.

4.- A XUVENTUDE que encontra o apoio da familia e das institucións estatais que lle permiten unha formación axeitada ás súas capacidades, está recibindo unhas CARICIAS que lle permtirán ir abrindo portas para a súa realización persoal adulta; sobre todo para a creación de novas unidades familiares cargadas de vitalidade.

Nesta etapa da vida aparecen as CARICIAS dos amigos, dos noivos, das noivas, do profesorado cado te felicita ou che dá ánimos, da familia que te acolle como novo membro cando te hospedas nunha casa particular mentres estas estudiando lonxe do fogar materno...

5.- Na VIDA ADULTA seguimos precisando das CARICIAS PARA A ALMA.

Dígame se non:

¿Non se agradece cando nos oferecen un bico, unha aperta ou un saludo afectuoso?

¿Non se agradece cando alguén se interesa por ti para saber como te econtras e como che vai?

¿Non se agradece cando alguén che bota unha man aínda que non llo pidas?

¿Non se agradece cando alguén se ofrece a colaborar contigo por unha causa común?

¿Non se agradece cando alguén te felicita pola túa onomástica, polo teu cumpreanos ou por un acontecemento cotiá?

¿Non se agradece cando alguén che cede cortesmente o paso ó entrar nun establecemento?

¿Non se agradece cando alguén che pide disculpas?

¿Non se agradece cado alguén che dá unha palmadiña no ombreiro e che dí: ¡ÁNIMO, TI PODES!?

¿Non se agradece cado alguén che bota a man por riba para idicar o seu aprezo por ti?

¿Non se agradece cando observas que alguén te tolera e te respeta aínda que non pense coma ti?

Se así o desexa pode engadir aquí as caricias que recibe e tamén as que dá.
¿Porque vostede tamén sabe acariciar, verdade? ¿E tamén lle gustan as caricias, non si?
Pois……deixe voar a súa imaxinación e disfrute no seu corazón e na súa mente coas caricias que dá e tamén coas que recibe. É unha maneira de disfrutar este momento presente do que goza neste momento.
..........................

¿SON CARAS AS CARICIAS PARA A ALMA?

Vostede pódeme decir que non costan cartos pero a veces costa moito:

-Darlle un bico á persoa amada cando tes o tono subido.

-Saudar amablemente a unha perosa que che cae “gorda.”

-Botarlle unha man a quen non te fastidiou máis porque non puido.
-Colaborar con quen non calabora; agradecer a unha persoa desagradecida….

Certamente, hai veces que resultan moi caras; pero tamén é certo que cantas máis deamos, máis recibimos.

Dicía miña nai:
¡Cantas veces hai que facer de tripas, corazón!

Vostede:
¿Qué opina?
Como este medio non me permite dialogar con vostede, saque as súas propias conclusións e se ten ocasión de compartilas con alguén, mellor que mellor.

6.- NA SENECTUDE:
¡Canto se necesitan e canto se agradecen as caricias nesta etapa da vida!
¡Cantas persoas sofren a terrible enfermidade da soidade na recta final..!
¡Cantas persoas consumen a súa existencia “esperando sentados” a visita dun fillo ou dun neto polos tanto se sacrificaron..!

Neste mundo no que o que prima é a producción de bens materiais para coseguir máis e máis bens materiais....

¿A que prezo?

¿Poderán os nenos volver a ser nenos cando os seus pais se xubilen e teñan tempo para dedicarlles?

¿Poderán os avós resucitar para recibir a visita dos seus fillos cando estes estean xubilados?

Nesta vida todo ten un prezo e as CARICIAS PARA A ALMA, tamén.
Por eso andan tan escasas.

Hai quen di que non se pode ter todo; pero tamén está escrito que non só de pan vive o home.

Posiblemente terá cada quen que dedicar un tempo a organizar a súa vida persoal da mellor maneira posible para que non nos falte tempo para dar e recibir AS CARICIAS PARA A ALMA.

SEN CARICIAS PARA A ALMA, AMAÑÁMONOS MALAMENTE.

Aínda que sexan pouquiñas, pero que sexan substanciosas.

Se lle parece, pode plantexarse a posibilidade de reservar un poquiño do seu valioso tempo para ACARICIAR a aquelas persoas máis próximas.

Seguro que llo agradecerán.

E seguro que vostede se sentirá mellor.

Da miña parte, estou disposta a enviarlle unha CARICIA para a súa alma a través deste artigo que vostede está lendo con tanta atención.
Quédolle agradecida por terme na súa consideración; e se as circunstancias o permiten, o xoves que vén seguiremos con outra sorpresiña titulada:

“CADA MAIO TEN A SÚA FLOR”

Xa sei que non estamos en maio, pero as flores de decembro tamén teñen o seu encanto.
¡Aburiño!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES