Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nós tamén temos un soño

martes, 03 de diciembre de 2013
A Convención da ONU sobre os dereitos das persoas con diversidade funcional (discapacidade), que España ratificou en maio do 2008, incorpora o modelo social ou de vida independente. Este modelo entende o noso colectivo como unha cuestión de dereitos. No seu artigo dezanove fala do ”dereito a vivir de forma independente e a ser incluído na comunidade”. Por outra parte, os dous criterios que rexen a política europea da diversidade funcional son o deseño universal e a vida independente. Dous conceptos moi relacionados pois só se pode falar de levar unha vida independente cando se conta cun medio físico accesible que recoñeza o dereito a ser un individuo social.

Como teoría está ben, pero unha e outra vez esquécese que os nosos intereses converxen cos dos demais. Non somos tan diferentes. Proba de que a accesibilidade afecta a todo o noso entorno é que a entrada pola porta principal pasou a un plano secundario e todos utilizan a rampla. Estou a referirme á igrexa de San Nicolás de Portomarín para a que se buscaron solucións practicables acordes cunha sociedade moderna que involucra a todas as persoas na vida diaria. Parabéns ao pobo de Portomarín. E, como a accesibilidade non ten cor, parabéns tamén para o Partido Popular que está remodelando a entrada á súa sede pensando en “todos” os cidadáns. De seguro que se fai máis coas ideas que co diñeiro porque case sempre, máis que un problema de recursos, é un problema de mentalidade. O entorno é o que nos converte ou non en persoas “discapacitadas”.

Recoñecemos que son boas novas aínda que non debera ser “noticia” contar cun entorno favorable, pero sabemos que o precario estado de benestar das persoas con diversidade funcional e as súas familias que tanto custou acadar estase a desmantelar polas medidas de axuste e os recortes que se veñen aplicando desde as distintas administracións. Os nosos dereitos atravesan unha situación de deterioro porque o impacto da crise é maior no noso sector e as nosas conquistas sociais, aínda débiles e inestables en épocas mellores, están esmorecendo.

Con ou sen diversidade funcional, todos somos seres humanos coas mesmas virtudes e os mesmos defectos. Igual de egoístas e de boas persoas. A esperanza de vida aumenta e chegamos ao final con máis limitacións ou nunha situación de maior deterioro, por iso debemos construír esa sociedade respectuosa coa diversidade, esa sociedade plenamente accesible. Non incapacita o déficit da persoa, senón a ausencia de respostas ante as súas necesidades. A diversidade funcional é unha característica máis, vivimos con ela e temos que aceptala. O problema créase fóra cando non se respectan os dereitos e derivan en discriminación e falta de apoio para a tan cacarexada igualdade de oportunidades.

Martín Luther King, hai 50 anos, dicía “Yo tengo un sueño” e soñaba que “chegaría un tempo donde un neno negro e un branco se sentaran xuntos, entraran aos mesmos cafés, aos mesmos buses…”. Cambiemos negro por persoa con diversidade funcional. Nós tamén temos o soño dese compartir. A modo de exemplo, soñamos en poder baixar a garda e que nos orzamentos do ano 2014 as nosas leis non sexan vulneradas de maneira sistemática coa ironía de “racionalizar e modernizar o sistema de atención”. Soñamos algo tan simple como que o Estado garante as actividades da vida diaria para todos. Soñamos que se potencien as capacidades das persoas en lugar de significar as incapacidades...

Soñamos... Pero a realidade, neste Día Internacional das persoas con diversidade funcional, dinos que espertemos para seguir loitando por esa accesibilidade universal que inclúa a eliminación de barreiras urbanísticas, arquitectónicas, de comunicación, de transporte, vivenda... Non queremos nada ao que non teña dereito o resto dos cidadáns.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES