Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Follas escritas

lunes, 02 de diciembre de 2013
Follas escritas con catro palabras, nas que un ronsel de nubes debuxan un tempo de loita e de liberdade. Unha terra que clama polo pan de cada día e que tan só lle entregan unhas migallas de miseria.

Hai versos que foron escritos con sangue e hai poemas que se pecharon entre as catro paredes da ignorancia. Follas escritas con significados reais, pero que sempre hai alguén que os quere converter en falsos.

A loita continúa con lapis de tinta azul e unhas ideas moi brancas. Ideas brancas que volven a un negro cando a verdade asoma ós catro ventos. Loita e liberdade para a miña terra, pois xa vai sendo hora de que rachen as cadeas do escurantismo, da torpeza daqueles que non saben ler o poema.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES