Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Uned Senior no MAC

viernes, 29 de noviembre de 2013
A Uned Senior no MAC OS ALUMNOS E ALUMNAS DA UNED SENIOR DE XESTOSO VISITAMOS O “MAC”, MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA DE GAS NATURAL, ANTIGA UNIÓN FENOSA

Acompañados do noso coordinador, D. Luís Ángel Rodríguez Patiño, e do noso profesor, D. Felipe Senén López, os alumnos e alumnas da Uned Senior de Xestoso, visitamos, hoxe, día vinte e seis de novembro do 2013, o MAC, Museo de Arte Contemporánea de Gas Natural, antiga Unión Fenosa.

D.Pedro Barrié de la Maza creou unha industria familiar, vinculada ao Banco Pastor, que foi FENOSA. Posteriormente, alianzas con outras empresas, madrileñas e catalanas, formaron UNIÓN FENOSA, e, agora, GAS NATURAL. Os grandes encoros do río Sil estaban na zona de Valdeorras, e de alí procedía D. Julián Trincado, persoa moi sensible e culta, a quen D. Pedro Barrié lle encomendou a creación deste museo. A parte da industria da ennerxía e da creación de postos de traballo, decidiron invertir en arte contemporánea e apoiar e promocionar a novos artistas.

D.Julián Trincado puxo ao frente desta gran colección ao pintor coruñés Luís Caruncho, quen foi director do Conde Duque de Madrid. Montaron na Coruña dous museos, un era o museo da electricidade, cunha gran colección de mquinaria, de bombillas, de turbinas, etc., pero non se sabe que foi del desde hai uns quince anos. O outro foi este Museo de Arte Contemporánea que, hoxe, podemos visitar.

No exterior do museo, hai unha fermosa escultura de pedra basáltica, de Paco Leiro. O edificio é de arquitectura contemporánea, moi funcional, que se pode desmontar e trasladar a outro lugar. Contén varias salas, con coleccións permanentes e tamén outras exposicións. O noso profesor explicounos, de xeito moi claro, que, hoxe, o concepto de arte non é sempre a perfección, como pensaban os gregos e romanos. Hoxe, a arte mesmo busca a funcionalidade, intenta provocar ao espectador, facelo reflexionar. Incorpóranse novas creacións, a fotografía, o plasma, as pantallas, as instalacións, as performances, etc. A arte é algo moi cambiante.

A Uned Senior no MAC Vimos outra escultura de madeira, tamén de Paco Leiro, e “Los vendimiadores” de Álvaro de la Vega, quen copia a técnica de Paco Leiro. Unha exposición, moi orixinal, dunha proxección, onde o mar trae e leva obras de arte. Unha serie “Esquivos”, de fotógrafos novos, que conteñen pequenas anécdotas que pasan na vida. No tema da fotografía, priman moito os xaponeses, debido ao avance das novas tecnoloxías.

Contemplamos obras pertencentes ao “Pop art”, realismo americano, onde os cadros semellan unha fotografía, mesmo con arquitectura. Logo, fotografías modificadas, etc.

Finalmente, poidemos admirar unha exposición do fotógrafo coruñén Manuel Vilariño, que foi premio nacional de fotografía. As súas fotografías son como poemas, que suxiren moito. Hai unha certa tristura, un certo desacougo en todo o que fai, a falta de libertade, a opresión da relixión, o ecoloxismo. Aparecen animais disecados, rodeados dun colorido e dunha simboloxía especial. Todas as súas fotos son admirables, pero, un conxunto de catro onde aparece unha candea formando parte dunha especia de bodegón, son excelentes.

Gracias as maxistrais explicacións do noso profesor, hoxe, aprendemos que a arte é algo cambiante, rupturista, rompedora, algo experimental. O artista anda sempre en busca de algo novo. O que está claro é que o que permaneza no tempo triunfará, o resto disfrutarémolo no presente e xa é importante.

Como sempre, foi unha visita moi interesante.

( Lourdes Pérez Freire é alumna da Uned Senior de Xestoso).
Pérez Freire, Lourdes
Pérez Freire, Lourdes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES