Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

mea culpa

jueves, 28 de noviembre de 2013
O pasado 25 de novembro celebrouse (o que nunca se tiña que celebrar) o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Porque a conmemoración de datas desta índole amósanos a derrota do ser humano ao non ser capaz de convivir cos seus semellantes nos eidos igualdade e liberdade. Debo, polo tanto, comezar pedindo perdón por formar parte dese xénero, o masculino, que polo simple feito de selo considera que está por riba de todo o demais, incluído o propio xénero feminino.

E como manifestación desta agraviante actitude ao longo da historia da humanidade o home (o macho) utiliza a falsa superioridade da súa natureza, e, apoiada nesa falsidade, a imposición dos seus criterios androcentristas por estimalos os unicamente válidos e verdadeiros en detrimento dos restantes seres vivos.

Toda esta degradación evolutiva na especie humana propiciou que se crease un estado de submisión tan salvaxe entre os individuos, chegando, os dominadores, a eliminar de modo absoluto o dereito natural a ser libres e sentirse iguais dos que sofren os efectos da súa violencia, os dominados.

Nunha charla que tivo lugar na Casa da Cultura vilalbesa, precisamente ese 25 de novembro, ao redor da violencia de xénero, falouse, entre outras cousas, da responsabilidade que ten a sociedade por ser conivente e cómplice de tales actitudes de humillación e abuso dun ser humano, o home cara a outro ser humano, a muller. Abofé, o home que maltrata é culpable dos seus aldraxantes actos, polos que debe pagar a súa pertinente pena, mais os que co seu silencio consenten (consentimos) que tales actos sucedan, tamén adquirimos a nosa parte de responsabilidade, e non precisamente dun grao menor. Daquela, debo maldicir as veces que puiden ter permitido coma miña silenciosa conivencia que un home luxase (con palabras ou con xestos) a dignidade dunha muller, fose ou non fose a súa compañeira, ou cando un fillo cometese a ousadía de vexar verbal e psicoloxicamente, ata chegar ao nivel da intimidación, a unha nai que, temerosa diante de tal violenta actitude, accedía ás súas despóticas peticións.

Se despois de invocar este mea culpa sigo a permitir que tales xeitos de proceder se repitan diante miña sen eu denuncialos publicamente, teño que reprobar con maior contundencia a miña condición anuente.

Todos xuntos podemos mudar esta situación. A mulleres que morren por causa dos malos tratos non só un simple número nunha lista, que está medrando de modo desproporcionado e que non se detén. Son persoas cos mesmos dereitos ca os homes que as aldraxan (psíquica, verbal e fisicamente).

E mentres non entendamos este gravísimo problema o mesmo non terá solución. Así que tanto a sociedade no seu conxunto como as institucións oficiais deben concienciarse desta doenza que se propaga sen remedio. De non facelo, este cancro social vai alcanzar o nivel metastático que conducirá perpetuamente á morte definitiva do ser humano como tal.
Maseda Lozano, Martiño
Maseda Lozano, Martiño


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES