Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Cofradía da Virxe do Rosario de Baamonde (Lugo)

jueves, 06 de octubre de 2005
Esta vila, ubicada a carón do camiño que ven da costa lucense en dirección a Santiago, ten entre outras cousas unha interesante igrexa románica de transición, probablemente do século XIII; un triple cruceiro ou calvario do século XVIII, situado no adro da igrexa e a casa-museo do escultor da vila Víctor Corral quen fixo unha talla da Virxe do Rosario no tronco dun castiñeiro, ubicado no adro da igrexa.
Hai anos houbo tamén unha importante confraría adicada a Virxe do Rosario. O seu comenzo data do ano 1690. Así o libro da confraría que se conserva no arquivo parroquial principia do seguinte xeito: "…Libro de la Cofradía de Nª. Sª. de Rossº. inclusa en la Iglesia de Santiago de Vaamde. Obispado de Lugo fundada Porel Rbdº Pe. Prior del Convento de Stº Domingo de la Ciudad de Lugo a peticion del Cura de dicha frª del dinero dela Iurisdicion y de los feligreses. Este año de 1690".
Os confrades pertencían non só a fregresía de Baamonde, senón tamén a outras como Pacios, Bóveda etc… Tódolos anos pagaban de tarxa un real que permitía ó maiordomo ou ó director da confraría pagar unha serie de actos litúrxicos; a cera, que tiña varias aplicacións e outras cargas.

I.- ACTOS LITÚRXICOS
1º.- A función principal da confradía celebrábase o día once de setembro, adicada ós confrades vivos e defuntos. Era concelebrada por oito cregos, incluído o párroco da fregresía.
2º.- O día oito de decembro, festa da Purísima Concepción, tiña lugar unha función fúnebre con vixilia e misa cantada polos confrades defuntos. Era concelebrada por catro cregos.
Tódolos cregos que participaban nestes actos recibían unha remuneración económica pola súa tarefa. O párroco da fregresía de Baamonde recibía unha paga de trinta reais ó ano pola súa dedicación a confraría. Os demais cregos percibían catro reais por confesar e dicir misa. "Yten disponemos, q. alos referidos confesores seles ha dpagar aquatro rrs. con obligaº de Misa pr. la cofradia; yal Cura, iCappn. maor. q. es o fuere, Trª rrs. pr. la asistencia a esta dha. Cofradia entodo el año"(Libro da confradía).
3º.- Tódolos primeiros domingos de mes tiña lugar unha misa concelebrada por catro cregos.

II.- APLICACIÓNS DA CERA
A cera tiña varios usos.
1º.- A familia do confrade defunto recibía doce fachas de cera para a vixilia ou para a misa de enterro. Se o herdeiro quería empregar a cera en ámbalas dúas funcións tiña a obrigación de pagar media libra de cera para aumento da confraría. Se o confrade defunto non era das fregresías de Baamonde e Pacios, a súa familia tiña que pagar dous reais ó maiordomo polo seu traballo.
2º.- Tódolos primeiros domingos de mes celebrábase unha procesión adicada a Virxe do Rosario. Nela participaban moitos confrades ós que se lles entregaban candeas para acompañar a Virxe.

III.- OUTRAS CARGAS
O once de setembro, día da función xeral, a confraría concedía doce reais para dúas ducias de fogos, un cuarto para hostias, un cuartillo de viño para as misas e unha parva regular para os cregos participantes.

Días despois da función principal o depositario ou maiordomo da confraría facía as contas diante do párroco da fregresía e dalgunhas testemuñas. Debido ó gran número de confrades, a asociación durante moitos anos saldaba as contas con superávit. Isto facía posible unha inversión do diñeiro sobrante en terras e gandos para aumento da confraría. Así temos que a principios do século XVIII a confraría tiña dez ferrados de centeo no lugar de Carballido e nove pezas de gando vacuno. "Tiene esta cofradía además de las caridades de los fieles, las tres cuartas partes (10 ferrados de centeno) del lugar de Carballido, en el que vive Antonio das Lobeiras y 9 piezas de ganado vacuno" (Libro da Confradía).

BIBLIOGRAFÍA
Libro de la Cofradía de Ntra. Sra. del Rosario. Freguesía de Baamonde.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES