Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Memorias de Vicente Piñeiro González

martes, 19 de noviembre de 2013
MEMORIAS

de

VICENTE PIÑEIRO GONZÁLEZ

Por Vicente Piñeiro López (fillo)

Posiblemente non haxa moitas vidas tan proteicas como as do personaxe de quen estou a escribir as memorias. Pra comprender por que se escriben as memorias dun home que aínda non chegou ós sesenta anos e con moito que facer aínda nesta vida, ten una explicación, Vicente Piñeiro, padece Esclerose Múltiple que a ninguén fai falla explicarlle o que é. Na biografía non se fala só da vida dun home que escribiu dous guións de cine para longametraxe, cincuenta curtametraxes para televisión, máis de corenta libros, entre novelas, teatro e poesía e centos de artigos. A Vicente Piñeiro, desde moi novo todas as cousas, as boas e as malas que lle ían pasando anotabas nun diario, nun caderno de notas que hoxe son centos de cadernos, o mesmo anotaba a primeira palabra dun verso que lle acudía, se o día estaba claro ou escuro, unha ollada, ou as súas conversas con todo tipo de xente... Ler os seus diarios é tamén unha pequena historia dos lugares nos que lle tocou vivir, sobre todo da cidade de Lugo, da provincia de Lugo e das súas xentes das que ten moito que dicir, dos enganos e promesas sempre incumpridas de certos cargos políticos, dos bos amigos e amigas e dos falsos amigos e amigas, todos con nome propio.

Iso lerase no seus diarios, nas súas memorias como se estivésemos asistindo a un reportaxe cinematográfico. Vicente Piñeiro é un personaxe que sente de forma extraordinaria e iso sempre lle causou dificultades, porque el, ademais de padecer esa debilidade do espírito que é a poesía, tamén padece de excesos nerviosos. Como ten dito ás veces. “só escribindo son libre, son poderoso, emperador, vítima e verdugo, pra a imaxinación non hai límites e podo transformar o mundo nunha casa de monecas, de titiriteiros, facer viaxes, ter cartos ou ser pobre, converter ós poderosos en imbéciles recalcitrantes e vingarme da súa existencia, das súas palabras baleiras de significado sen deixar de dicir nunca unha verdade”.

E como di noutro lugar, “Endexamais ouvín ou lin un belo pensamento nun político, no entanto, cando quixen documentarme para buscar palabras que falasen de maldade ou sen ningunha finalidade moral, eles son os poetas das formas”. Hai unha máxima de Flaubert que di: “Os honores deshonran, o título degrada, a función embrutece”. ¿Qué futuro nos agarda, mentres se lles consinta ós políticos vivir como malvados?

Vicente Piñeiro, ás veces perde as forzas para seguir escribindo, quere volver ó pasado, quere lembrar e encargoume a min que o fixese por el. “Mira a ver se algún dos fillos de puta dos personaxes de ficción dos meus libros se parecen a algunhas das persoas que ó longo da miña vida me atopei polo camiño, talvez non se decataron que me inspirei nelas e xa vai sendo hora de que o saiban”. Moita historia e existencia pesa sobre os ombros de Vicente Piñeiro, parte dela dálle noxo, pero a posteridade agradeceralle a biografía aínda que algúns xamais lle perdoen. Pero como el di, destes recordos, das cousas boas e das cousas malas, das xentes boas e das malas, nacera un tremendo libro, aínda que o éxito que poida ter con el non importa. Poetas, empresarios, putas e políticos entran na maleta.

Como non é unha novela, Vicente Piñeiro pode contar os seus secretos, expresar as súas opinións sen ningún tipo de reparos. Diríxese a todos a través dun libro que transmite a historia da súa vida, porque o libro e o seu contacto nesa casa do mundo, é o seu embaixador. Posiblemente algún fracasado, humillándose a si mesmo, non o quererá ler e aparecerá moqueado e rendido ante o espello coma Rubalcaba na televisión daquela que tivo un cara a cara con Rajoy co resultado que todos coñecemos.

Vicente Piñeiro encargoume a min que escribira porque sabe que non se pode escribir sobre un mesmo. Cando el escribe os seus relatos, as súas novelas ou o seu teatro, é Deus, está como Deus na creación, invisible e todopoderoso sen deixarse ver. “Pero, díxenlle, papá a miña sensibilidade nerviosa non me permitirá conseguir unha obra de arte”. “Ti conta a verdade, fillo, dixo, o arte, como dicía Platón, é o seu esplendor”. Ás veces penso que a sinceridade é un deber, pero Vicente Piñeiro pérdese nos recordos moi antigos, anóxano. “Hai moitos fascistas neles”, dixo. Non pode falar daqueles sen indignarse e os de agora repugnan. Hoxe mesmo díxome: “Non publiques aínda as miñas notas, as miñas memorias, estou débil, neurótico, vello, estou agardando unha promesa, pregunto e ninguén sabe nada, non me collen o teléfono, na casa dicides que descanse, que me anime, pero estou esperando algo que me é moi necesario, algo que me dixeron que farían por min, algo humanitario, pero aínda non podo falar diso.

Talvez se a promesa non se cumpre, se todo, coma sempre, foi un engano, convertereime nun mar de merda pra golpear as torres de marfil de certas persoas ata derrubalas”. Qué podo contestarlle a Vicente Piñeiro?, pois que garde papel por se a crises para esborranchar.
Piñeiro López, Vicente
Piñeiro López, Vicente


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES