Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A pombiña de Begonte

jueves, 14 de noviembre de 2013
( No Nadal, amigos, atopamos os aires mellores para emprender calquer voo sempre que sexa de valor.)

Había unha vez un freire que estaba destinado de crego nun pobo da nosa xeografía. A ilusión daquel home, exemplo de virtudes,era marchar de misioneiro a terras dos continentes afroasiáticos. Gustáballe moito ler e escribir poemas e relatos nas longas noites de soedade; dadas estas afeccións eran moitos os amigos que, cando estaban xunto del , lian as súas obras.

Un día, un deses lectores pidiulle que enviara a un certamen literario que existe en Begonte, no Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán, unha daquelas obras. O freire non era moi dado a participar en concursos , pero por primeira vez , sen que servira de precedente, fixo caso. Debía ser, indudablemente un poema ou relato moi interesante, pois a finais de xaneiro, coincidindo coa clausura do Belén de Begonte foi citado por acadar nesa edición o primeiro premio. El xa había estado varias veces naquel abraiante sitio para ver o Belén, pero esta vez era tamén por ser gañador.

Cando recolleu a distinción dixo: . “O mellor premio, amigos, e vir ata este lugar, o Belén dos Beléns”

Os cartos que gañou xa non sairon dali pois deixounos para que servirán de calor económico a esa actividade tan digna de seguir adiante . Colleu nas súas mans o trofeo, a pombiña, e apretouna, con postura agarimosa, cara o seu peito, e o seu corazón latexou con intensidade ao contacto coa figuriña de Sargadelos. Emocionado polo agasallo de cerámica marchou coa pombiña coma se recibira un don do ceo. Ia moi ledo e, cando chegou á rectoral, colocouna na súa mesiña de noite aos pés do Cristo que nesa tiña e pronunciou as seguintes verbas:

“ Grazas, xa teño na miña modesta casiña ao Espíritu Santo!”.
Antes de deitarse rezaba de xeonllos, ante o Cristo e a rula, e, cando abría os ollos cada día, facia outro tanto.

Asi pasaban os anos e, unha xornada chegoulle a misiva de que ía ir como misioneiro a illas do Indico. Acolleu a nova con gran ledicia, acordouse de despedirse dalgún amigo, pero tamén quería facelo do Belén de Begonte, indo coa súa pomba, e deixala alí como se fora unha figuriña máis daquel , pero a quería tanto, era tan importante para el , e como o Belén non estaba, dadas as datas, inaugurado, decidiu levala consigo e para algún Nadal volver os dous ata Begonte.

Emprendeu viaxe dicindo: “ A voar chaman, bendita pomba!” .
Na cidade de A Coruña tomou un mercante cara outro porto de terras de África. Poucas cousas levaba o freire, pero entre esas poucas, coma se fora a súa mellor mascota, estaba a pombiña de Begonte. Por veces, no seu percorrido, falaba con ela. No porto africano embarcou noutro buque cara as illas do Índico. Cando xa estaban a poucas millas de chegar ao seu destino, ese barco pesqueiro foi atacado por outro de piratas. Cando o freire viu o perigro , decatándose de que non ían saír vivos colleu a pombiña e, delicadamente, mentres choraba porque non volvería vela, deixouna, por unha ventá do barco, no mar. Para sorpresa e ledicia viu que esa ave de cerámica frotaba no piélago e parecía unha gaivota sobre as embravecidas ondas, mentres as chamas facían estragos no barco e os piratas saqueaban e mataban a todos. Chegaron xunto del e botaronno ao mar e como non sabía nadar e posible que morrera .

Mentres a pombiña , ignorando todo , foi surcando as augas ata, un día no luscofusco chegar a unha praia perdida. Era unha illa. Nesa había un neniño que tódalas tardes ía xunto ao mar para ver si traia de volta ao seu pai que era pescador. Mentres esperaba, o raparigo cos seus pés espidos corría pola area facendo castelos de ilusións na súa mente e agochándose a coller buguinas para escoitar non sabemos que chamada e , outras veces, intentar reter nas súas delicadas mans a flor branca da auga. Estando nesas viu na area, media oculta por guirnaldas de algas un obxecto, era a pombiña. Os seus ollos azuis encederonse dunha chamarada de ledicia e deu a benvida a esa cun sorriso grandioso . Unha grande alegría! Estivo o neno toda a tardiña, ata o solpor agradando polo seu pai coa pombiña nas mans, pero non chegou. Vindo que era noite volveu moi triste cara a súa casa onde esperaba a nai, unha muller xoven que xa, dende cativa era invidente. Traía dúas noticias, unha mala, que o barco do seu pai non chegou a praia e outra boa, o agasallo do mar, esa pomba de Begonte.

Aquela noite non durmiron nesa modesta casiña. O neno e a nai choraban polo pescador mirando para a pombiña.

A mañá cedo chegou a triste nova, a barca, aquel pequeno esquife afundiuse. As redes de ilusións e esperanzas daquela nai e fillo escacharonse. Os dous, sen ter que facer na illa, marcharon ao porto esperar que algún barco os levara lonxe, lonxe da illa da morte. Nai e e fillo colleron poucas cousas, pois a maleta dos pobres é fácil de facer

. A nai da man do fillo e o neno, das da súa nai, andiveron polo porto . Un mariñeiro, capitán dun barco dixo:

-“ Señora, señora, eu podería levarlles no meu barco pero como vostede é cega seguro que non pode traballar en nada na embarcación”.

A muller, con cara de sorpresa, respondeu:

-“ Señor, estes ollos non ven pero os demáis sentidos do meu corpo son solidarios con esa carencia e traballan o dobre para compesala. Eu son costureira” “ Non pense que os que somos discapacitados para unha cousa o somos para todas”

-“ Ben, respondeu o home, pois veñan con nós, Terán aloxamento e comida ata que queiran e, vostede irá cosendo os descosidos que haxa nas nosas roupas e redes”.

Deste modo o neniño e a nai pasaron ao barco, iso si, sen deixar, o cativo de ser seguro bastón da súa nai e colo da pombiña de Begonte.
Levaban varios días orzando cando un vixia anunciou que un barco facía sinais. Achegaronse e outro capitán dixo que eles ian para as Américas e que atoparon dous náufragos, un das illas asiáticas e outro español, e que se podían levalos no seu xa que tiñan bandeira española e de Oceanía. O homólogo accedeu e pronto chegaron ao pesqueiro, traídos por unha barquiña, os dous homes. O neniño que andaba por cuberta levou unha grande alegría, un deles era o seu pai.

Fundironse nunha interminable aperta e logo foron a facer o propio xunto a nai. Mentres, o cativo non se decatou de que o outro home tanmén estaba moi feliz mirando cara o neno. Era aquel freire que volvía dos infernos do mar, pois houbo unha táboa salvadora que non deixou que morrera afogado. Non puido evitalo e acercándose ao neno dixo: “ esa pomba, esa pomba!”

O raparigo respondeu:
-“ E súa, bo home?”

E o freire dixo:
-“Neniño, é de todos, é de Begonte”

Aquela tarde pasouno explicándolle ao pequeno a relación que tiña coa pomba, pero dixo:

“ Non temas, agora é túa”

E o cativo dixo:
-“ Señor, temos que levala ao seu pombal, a ese pobo de Begonte”

Un día , xa por Decembro o capitán dixo que ian estar un par de días no peirao de Vigo para tamén deixar a ese bo freire na súa terra. Entón esa familia, animada polo fillo que quería coñecer Begonte e levar a pomba alí, agradecendo as atencións do capitán do barco e a tripulación, deciden despedirse. A nai pensa que, con esa decisión volven a estar na indefensión e xa non terán nin para comer nin tampouco un seguro refuxio , agora, pensa a muller seremos náufragos en terra firme todos.

Aos pocos días están na cidade olívica. Moi agradecidos despidense dos tripulantes e os mandos da embarcación e, co freire toman rumbo a Lugo. O cativo non cesaba de exclamar:

-“ Ai, miña naiciña, se puideras ver o bonito que é todo isto!!” .

O freire falaba co pai e a nai cosía e descosía pensamentos coas agullas finas e punzantes das súas ideas.

Nese día, unha xornada propia de Decembro, a Terra Chá estaba vestida co seu veste talar, esa gasa de néboa abraiante que da un encanto sobrenatural a esta bisbarra no tempo do Nadal.

Cando chegaron no coche da liña a Begonte dixo o freire:
-“ Xa está a pombiña de Begonte no seu pombal, pois iste, o Belén deste lugar é un pombal moi singular, xa que é señorial sendo a mansión de tódolos humildes do mundo”.

Na entrada, no adro da igrexa, estaba o crego que recibiu con moita emoción ao freire fundíndose ambos nunha aperta. Contoulle o motivo de ir na compaña daqueles e que estaba preocupado por ver se atopaban un fogar e un traballo.

O crego dixo:

“No concello precisan un traballador de xardiñería e este antigo pescador pode cambiar as redes pola tisoira de podar plantas.”

Deste xeito atoparon traballo e unha casa para vivir e, dende esa data , esa familia foi unha máis que quedou para sempre formando parte do pobo de Begonte que, no seu belén de vida, acolle a todos baixo as azas espirituais da Pombiña do Belén de Begonte.

Todos os anos, a finais de Xaneiro, as mans dos organizadores do Belén de Begonte entregan estes galardóns; deixan a moitas pombas nas doutros, os premiados, para que, como a protagonista, inicien novos voos e vaian ao pombal doutras moradas levando o espíritu deste belén a diferentes partes da xeografía.
Pol, Pepe
Pol, Pepe


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES