Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Reflexións sobre a Uned Senior de Xestoso

domingo, 10 de noviembre de 2013
A Uned Senior de Xestoso supuxo un gran cambio na vida de moitas persoas maiores da zona rural dos municipios onde ten influencia. Gracias a esta institución, temos a oportunidade de relacionarnos con persoas de lugares diferentes, asistimos a clases nas que escoitamos cousas que nos axudan a coñecer mellor aspectos relacionados coa nosa saúde, física e mental, e que contribúen a mellorar a nosa calidade de vida.

Viaxamos por Galicia, todos os martes, acompañados dun excelente profesor, D. Felipe Senén López, que nos dá a coñecer aspectos importantísimos do noso patrimonio arquitectónico, cultural, paisaxístico, etc., axudándonos a valorar e estimar máis a nosa idiosincrasia.

Celebramos, especialmente, o Día das Letras Galegas, o Día da Paz, o Día Internacional da Muller, etc., que tamén contribúen a nosa formación como persoas.

Viaxamos polo resto de España: ultimamente, fixémolo a Cataluña. Cada vez que vou a Cataluña, eu, persoalmente, cargo as pilas da autoestima. Cando ves os indicadores das estradas en catalán, os letreiros das tendas, a mestra que, no Parque Güel, lles está explicando aos seus alumnos e alumnas as cousas en catalán, etc. Penso que estou nun país normal. As cousas son como teñen que ser. Viaxando a Cataluña aprendemos a respectar a forma de ser e a cultura de todos os pobos. E entendemos que queiran decidir o seu futuro democráticamente. Quen somos nós para lle lo impedir?

Énchesenos a boca coa palabra democracia e, despois, queremos impedir que un pobo poida votar o seu futuro democráticamente. A nós fíxéronnos e fannos moito dano o poder financieiro, os especuladores da Bolsa, a chamada Troika, etc. ; pero non o pobo de Cataluña. Desgraciadamente, estamos moi influenciados polo poder mediático(medios de comunicación), que, a diario, nos están presentando aos cataláns como o enemigo público número un do resto dos españois. É unha maneira de ocultarnos o verdadeiro enemigo, o que nos recorta os nosos dereitos laborais, educativos, sanitarios, sociais, etc., que nada ten que ver co pobo catalán.

No noso percorrido, ademais de coñecer outros lugares e apreciar os seus valores, tanto en Galicia como no resto de España, tamén vemos cousas que nos dan arrepío, como os locais de prostitución, onde se atopan as escravas do século XXI. Como todo o mundo, nós pasamos e non facemos nada por evitar o seu sufrimento. Nin o corpo nin a alma das persoas debía estar en venda. E, se a alguén temos que criticar, é a un sistema inxusto que permite que haxa miseria no mundo, que uns teñan todo, e a outros lles falte o máis indispensable. E tamén merecen a nosa crítica todas esas persoas que son clientes destes locais. Non teñen perdón de Deus.

Pois, gracias a Uned Senior de Xestoso, e ao seu coordinador D. Luís Ángel Rodríguez Patiño, aprendemos a valorar as diferentes culturas, incluída a nosa, e tamén a ser moi respectuosos con determinadas persoas, que están sufrindo a opresión e a escravitude do corpo e da alma. E, se non podemos facer nada por lles cambiar a vida, polo menos, merecen o noso respecto.
Pérez Freire, Lourdes
Pérez Freire, Lourdes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES