Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estatutos

lunes, 03 de octubre de 2005
"Café para todos", foi a calificación popular para o Estado das Autonomías nado en España durante a transición política grazas á visión de futuro dos gobernantes daquela malfadada Unión de Centro Democrático e ó sentir xeral dos españois de facer "borrón e conta nova" do franquismo que agonizou xunto co seu guieiro a finais de 1975.

Se en principio se coidaba solucionar o problema dando autonomía controlada ás chamadas nacionalidades históricas - Catalunya, País Basco e Galicia- a irrupción de Andalucía primeiro e de Extremadura, Asturias, Cantábria... ata dezaseis comunidades autónomas lograron acceder, en maior ou menor grado, ó goberno das súas peculiaridades según as capacidades de cada quen.

Levamos un cuarto de século do Estado das Autonomías, que non funcionou mal, e permitíu -aínda incrementando fortemente burocracia e burócratas- afianzarse a escala autonómica no control e gobernación dos temas propios, do mellor xeito por ser máis coñecidos os problemas e máis sentidos por sufrilos directamente.

Nestes comezos do séxulo XXI, nesta reconquista de concellos, autonomías e goberno da nación polas forzas da esquerda, cóidase necesario evolucionar e modificar os estatutos vixentes ata este momento. Algúns, pensan na evolución consciente e medida dentro do que a Constitución prevé. Outros, estirando todo o posible as posibilidades da Constitución, e aínda forzando os límites de xeito que haxa que modificala para que permita as ampliacións previstas.

O País Basco veu xa rexeitado un Estatuto non asumible. Catalunya ven de aprobar no seu Parlament o novo texto, que se dubida encaixe no texto e no espíritu constitucional. E Galicia, de ordinario máis lenta que as súas iguais, anda -por medio dos seus representantes- preparando a posta ó día.

Nesto dos Estatutos, cada quen quere obter os maiores beneficios para a súa comunidade, mesmo en detrimento dos demáis. Neso, cataláns e bascos saben moi ben cal é o procedemento a seguir. Pero os galegos, que tamén contamos e non somos menos espabilados ca eles, sabemos que o que os demáis consigan tamén o conseguiremos nos, ou deberemos conseguilo.

Porque os Estatutos non deben depender nin das presiós ou amenazas nin dos manexos ou manobras dos máis espabilados de turno. Teñen que depender da capacidade de autogoberno, e das peculiaridades de cada comunidade, que son as que se pretente conservar e potenciar.

Que hai comunidades máis espabiladas e outras máis tranquilas, sabémolo e asumímolo. E posiblemente os seus rectores pensen que "a quen madruga, dio-lo axuda", pero ós que pertencemos ó reino da tranquilidade sempre nos queda o outro refrán: "Non por moito madrugar, amence maís cedo".
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES