Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No Museo de Belas Artes da Coruña

viernes, 08 de noviembre de 2013
No Museo de Belas Artes da Corua O, día cinco de novembro do 2.013, os alumnos e alumnas da Uned Senior de Xestoso, acompañados polo noso coordinador Luís Ángel Rodríguez Patiño, e dirixidos polo noso profesor Felipe Senén López, visitamos o Museo de Belas Artes da Coruña.

Como sempre, dunha maneira moi clara e comprensible, Felipe Senén empezou explicándonos o significado da palabra museo, como unha institución permanente, que adquire, conserva e difunde o patrimonio cultural dos seres humanos, cunha finalidade científica.

O de Belas Artes é un museo de nova planta, deseñado polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto, quen obtivo o Premio Nacional de Arquitectura en 1.990 por esta obra.

Levantouse este edificio nun lugar histórico, o antigo convento das Capuchinas (preservando unha parte del), onde se veneraba a virxe das Marabillas. Consta dun auditorio, unha escalinata, que separa a parte nova da vella e varias salas de exposición en diferentes plantas.

Ten pinturas en retablo, da Idade Media. No Renacemento, aparece o lenzo, con temas diferentes. Logo, no século XVII, o Barroco. No XIX, o Romanticismo. A continuación, século XX, o Modernismo. E, despois, a pintura contemporánea, utilizando vidro, fibras sintéticas, etc. Agora, mesmo se fala da posmodernidade.

No Museo de Belas Artes da CoruñaNós empezamos, na terceira planta, por pintores galegos, como Urbano Lugrís, un pintor bohemio, pero moi formado. Eugenio Granell, un pintor moi renovador. Maside, que se inspira no mundo popular, con todo o seu colorido. Isaac Díaz Pardo, quen deixou a pintura a un lado para se dedicar a deseñar cerámica. Raimundo Patiño. Felipe Criado. Tino Grandío. María Antonia Dans. Victoria de la Fuente. Laxeiro, xenial pintor de Lalín, promocionado polo astrónomo Aller Ulloa. Álvaro Cebreiro. Luís Seoane. Arturo Souto. Manuel Torres, etc. , etc.

Vimos “El bueyero castellano”, de Sorolla. Algún cadro de Ovidio Murguía, fillo de Rosalía de Castro. “As tres casullas” de Correa Corredoira. Cadros de Fernando Álvarez de Sotomayor, de Seijo Rubio, de Bello Piñeiro. Unha escultura preciosa dunha nena cunha ofrenda, de Colmeiro. Logo, retratos da época barroca, dos Países Baixos. Madrazo. Dionisio Fierro. Pérez Villamil. Unha antoloxía do século de Ouro: Velázquez, Zurbarán, Rivera. Dous bocetos de Rubens. Pintura antiga, de finais do Gótico e principios do Renacemento, da escola de Florencia e da escola Flamenca. Nunha vitrina, moedas e unha esculturiña da época romana, atopadas na Cidadela(o campamento romano de Lugo). A colección completa de gravados de Goya. E unha escultura de Elena Colmeiro.

Finalmente, ensináronnos o soto do museo, a reserva, onde se gardan moitísimas máis obras, que están esperando ser restauradas ou expostas.

Rematamos a visita moi satisfeitos, como sempre, e considerándonos privilexiados por poder disfrutar desta situación.
Pérez Freire, Lourdes
Pérez Freire, Lourdes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES