Noticias

Beiras dice que esperará al final para evaluar la postura de En Marea que presenta en el Congreso medidas urgentes para profesionales de la cultura

Xosé Manuel Beiras evita evaluar la actuación de En Marea en las negociaciones para la investidura de Pedro Sánchez (PSOE) y dice que espera al "resultado final" para ver si "es asumible o no" y si "se hizo bien o no". En Marea presenta en el Congreso las primeras medidas para los profesionales de la cultura.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

En Marea, en coordinación con Podemos e En Comú Podem, presentaron no Congreso dos Deputados unha Proposición Non de Lei (PNL) na que se insta ao Goberno do Estado a adoptar medidas que o grupo considera urxentes para o sector cultural. “Consideramos que a cultura é fundamental e prioritaria e que debe ser atendida como sector estratéxico de interese político e social. A situación do sector cultural é grave”, sinala o deputado de En Marea Miguel Anxo Fernán Vello, portavoz do Grupo Confederal na Comisión de Cultura.

Unha medida prioritaria é a suspensión das inspeccións xa abertas e paralizar os expedientes contra autores, tradutores e creadores en xeral en relación ao cobro simultáneo de dereitos de autor e a percepción de pensións, ademais de esixir unha modificación da lexislación para que sexa compatible o cobro de dereitos de autor e a percepción das pensións de xubilación. “Xa hai autores de Galicia que están recibindo as cartas e queremos que se reforme a normativa porque a creación cultural a calquera idade é un patrimonio colectivo de gran importancia ao que non podemos nin queremos renunciar”, indicou Fernán Vello.

O texto tamén propón reducir e unificar o IVE cultural en consonancia co resto dos países europeos, onde o tipo medio é do 7%. Outra medida contemplada na iniciativa presentada hoxe é iniciar actuacións que promovan a igualdade de xénero e fomenten unha cultura máis igualitaria, especialmente o acceso das mulleres a todos os ámbitos e niveis profesionais chegando a unha plena equiparación laboral.

Finalmente insta a crear un Estatuto do Artista e dos Profesionais da Cultura con rango de norma xurídica, que axuste a fiscalidade á actividade profesional intermitente propia do sector, que contemple un réxime específico da Seguridade Social, que faga efectivo o dereito dos profesionais da cultura a contar con representación sindical e que vincule o sector con prácticas da economía colaborativa, social e solidaria, a través de cooperativas de traballo.

Fotografía: http://enmarea.gal

R., 2016-02-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) O Pacto Mundial da ONU é a iniciativa de Nacións Unidas que lidera a sustentabilidade empresarial no mundo. Conta con máis de 20 anos de experiencia e máis de 70 redes locais a nivel global, entre elas, a española. O Cactus do Campus Terra da USC acolleu este luns 6 a xuntanza deste órgano que ten como obxectivo fomentar a implantación dos Dez Principios do Pacto Mundial ao mesmo tempo que promove a integración dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible no sector empresarial, sendo a única organización que conta co mandato de Nacións Unidas para este propósito.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura impulsa a transformación artística do patrimonio sonoro galego a través de dúas residencias dos artistas Xoán-Xil López e Matilde Meireles. Faino a través da Fundación Cidade da Cultura en colaboración co festival RESIS de música contemporánea e co Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC). No proxecto titulado Sereas, o lugués Xoán-Xil López está a dar forma a un concerto inspirado no levantamento das traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña en 1857, cando estas se revelaron contra a mecanización da produción arroxando ao mar as máquinas adquiridas pola empresa.

Notas

O Festival Internacional de Divulgación Científica Pint of Science regresa a vindeira semana e nesta nova edición estará presente 500 cidades de 25 países, entre elas, 67 cidades de España como Ourense e Vigo. Será a novena vez que esta iniciativa de divulgación científica se celebre en España, propoñendo bares, pubs e cafeterías como punto de encontro entre científicos e científicas e o público xeral.
Un consorcio formado por persoal investigador das tres universidades galegas, liderado desde a Universidade de Santiago de Compostela pola docente Luzia Oca e a ONG Ecos do Sur, están a traballar no proxecto ‘Mulleres á fronte dende o Sur Global. Investigación e intervención participativa en materia de desenvolvemento e igualdade a través da música’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES