Noticias

Feijóo cumple una década al frente del PPdeG que afrontará un congreso renovador en 2016 de cara a las elecciones autonómicas

El PPdeG mantiene su intención de renovarse a través del congreso que se celebrará en el primer trimestre de 2016 de cara a las elecciones autonómicas, por lo que confía que Génova lo "entienda". Núñez Feijóo celebra una década al frente del partido en Galicia con el beneplácito de sus principales dirigentes a nivel autonómico, provincial y municipal que manifiestan su deseo de que continúe al frente del PPdeG. El partido en Galicia criticó la cesión de dos senadores realizada por el PSdeG, entre ellos el gallego Ricardo Varela.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O voceiro dos populares galegos, Miguel Tellado, amosou o seu asombro ante a noticia da cesión de senadores galegos á ERC e a Democràcia i Llibertat, e preguntouse se Besteiro cre que os lucenses votaron a Ricardo Varela para que apoiara aos independentistas cataláns.

“Parece que ao que foi número dous do PSOE en Galicia lle debeu parecer pouco o nacionalismo galego porque agora quere apoiar de forma activa ao nacionalismo catalán”, afirmou Tellado tras coñecerse que Varela será un dos senadores cedidos para que os dous partidos do independentismo de Cataluña poidan ter grupo parlamentario propio na Cámara Alta.

Así, no seu intento por facilitar a súa investidura, Pedro Sánchez, coa complicidade do secretario xeral dos socialistas galegos, entrega a Galicia ao servizo de formacións secesionistas.

Nesta liña, Tellado pediu aos socialistas que “non usen a un representante dos galegos para unha manobra tan burda”, que só demostra que o PSOE é capaz de aceptar calquera cuestión con tal de conseguir que Pedro Sánchez chegue a gobernar España.

“Está disposto a apoiarse en Podemos, que esixe o dereito de autodeterminación, e disposto a apoiarse nos partidos do independentismo catalán, que desenvolven unha folla de ruta para conseguir a desconexión de Cataluña de España”, engadiu.

O voceiro tamén aproveitou a súa intervención para sinalar que o 15 de xaneiro se cumpren dez anos dende que Alberto Núñez Feijóo fose nomeado presidente do PPdeG, sucedendo a Manuel Fraga no seu cargo.

“A estabilidade e o liderado incuestionable de Feijóo ten permitido que o PPdeG centrase todos os seus esforzos en servir a Galicia e aos galegos”, dixo o portavoz ao tempo que sinalaba que hoxe Feijóo é un líder respectado dentro e fóra do partido e dentro e fóra de Galicia.

Pola contra, quixo salientar que ao longo destes dez anos temos visto a un partido socialista fracasando ata en tres ocasións na súa busca de liderados alternativos; ao nacionalismo galego perder apoios de forma continuada; e a unha esquerda cada vez máis dividida dando lugar ao nacemento doutros grupos que agudizan máis a súa fragmentación.

Tellado asegurou que os populares celebrarían esta data especial como se fose un días máis para eles que é esforzándose por Galicia e sabendo que a folla de ruta é a que sempre mantiveron dende 2006: traballar para garantir a estabilidade política e institucional, ademais dos servizos públicos e as políticas de benestar; baixar os impostos; e lograr que o goberno sexa un actor activo da recuperación económica e da creación de emprego.

R., 2016-01-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, o que supón un incremento de case un 3% respecto ao ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo conxunto desenvolvido nos últimos anos pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. Segundo os datos correspondentes ao ano 2023, en Galicia recuperáronse un total de 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de latas e outros envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

Creada co obxectivo de impulsar a visibilidade dos traballos das creadoras e creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtametraxes para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na Facultade de Comunicación. As curtas dos estudantes de Comunicación Audiovisual Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
O proxecto Caxato (‘Camiño de Santiago: camiño de intercambio e de aprendizaxe cultural europea’) pretende que persoas maiores de 50 anos sexan protagonistas da súa propia experiencia formativa, potenciando a adquisición de competencias culturais e artísticas, sociais (soft skills), dixitais e de sustentabilidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES