Noticias

Educación convoca 1.100 plazas de maestros y profesores y 12 de inspectores. También mantiene los 3 días por enfermedad leve para los docentes

La Consellería de Educación concretó con los sindicatos del sector docente la oferta pública de empleo para 2016, con una convocatoria que asciende a 1.112 nuevas plazas de las que 1.100 son de maestros, profesores de secundaria y de formación profesional (FP) y 12 para inspectores. Sin embargo, los sindicatos manifiestan su rechazo a una oferta que califican de "totalmente insuficiente". Responsables de Educación también ha decidido mantener como justificadas las ausencias por indisposiciones o enfermedades leves no superiores a 3 días con justificante médico.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A mesa sectorial do ensino debateu hoxe a distribución de prazas en cada especialidade. Ademais tratouse a Orde de convocatoria de concurso de traslados, que incorpora a última xurisprudencia ao respecto. A Administración informou aos sindicatos da súa decisión de manter a xustificación das ausencias por indisposicións ou enfermidades leves non superiores a 3 días, sempre e cando se achegue a pertinente xustificación documental.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria confirmou a súa aposta pola estabilidade laboral do profesorado galego ao presentar diante da mesa sectorial do ensino non universitario unha proposta de convocatoria de oposicións con 1.112 prazas, o 100% da taxa de reposición. Neste sentido cómpre lembrar que a Consellería solicitou ao Goberno central o incremento desta taxa, co fin de manter o grao de interinidade como o máis baixo do Estado.

A oferta contempla 70 prazas de profesores de lingua castelá e literatura, 55 de xeografía e historia, 75 de matemáticas, 40 de física e química, 45 de bioloxía e xeoloxía, 45 de inglés, 20 de educación física, 25 de orientación educativa, 50 de formación e orientación laboral, 13 de hostalaría e turismo, 20 de informática e outras 20 de intervención sociocomunitaria.

Nas prazas de FP convócanse 12 de cociña e pastelería, 24 de instalacións electrotécnicas, 24 de mantemento de vehículos, 17 de mecanizado e mantemento de máquinas, 20 de servizos á comunidade e 25 de sistemas e aplicacións informáticas.

Na oferta ao corpo de mestres inclíense 186 prazas de educación infantil, 56 de inglés, 30 de francés, 40 de educación física, 36 de música, 56 de pedagoxía terapéutica, 56 de audición e linguaxe e 40 de ensino primario.

A mesa sectorial tratou hoxe tamén a convocatoria de concurso de traslados no curso 2015/2016 entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da administración educativa e inspectores de educación.

O texto da convocatoria adáptase á última xurisprudencia ao respecto, é dicir, ás sentenzas referidas ao concurso de traslados convocado para o curso 2013/2014, que ratificaban a decisión da Consellería de contabilizar os méritos obtidos en situación de interinidade. Neste sentido, modifícase unicamente o subepígrafe 1.1.2, referido á puntuación por cada ano como persoal funcionario de carreira en situación de provisionalidade. O cambio precisamente refírese a que só se contabilizará esa provisionalidade – neste subepígrafe concreto, é dicir, para os que participen no concurso desde a situación de provisionalidade- ao persoal “funcionario de carreira” (con praza en propiedade) e non ao persoal “funcionario” (en xeral, incluíndo aos interinos), como se facía na de 2013.

En calquera caso, os servizos do persoal funcionario interino seguiranse contabilizando ao abeiro dos subepígrafes 1.1.1, 1.1.3, 1.2.1, 1.2.2 e 1.2.3, referidos á antigüidade no centro e no corpo, así como no apartado 4, relativo ao desempeño de cargos directivos e outras funcións.

Ademais, como situación excepcional, este ano convocarase un concurso autonómico aberto á entrada de persoal de outras Comunidades Autónomas, debido a que non o poideron facer no anterior concurso nacional, dadas as sentenzas arredor do devandito proceso do curso 2013/2014.

Na mesa sectorial de hoxe tratouse, finalmente, a orde para actualizar a regulación dos permisos, licenzas e vacacións do persoal docente, co fin de adaptala ao establecido na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Este punto continuará debaténdose a próxima semana, xa que hoxe non foi posible por mor de falta de tempo.

En calquera caso, a Administración educativa informou aos sindicatos da súa decisión de manter como xustificadas as ausencias por indisposicións ou enfermidades leves non superiores a tres días, sempre e cando se achegue a pertinente xustificación documental.

R., 2016-01-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, o que supón un incremento de case un 3% respecto ao ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo conxunto desenvolvido nos últimos anos pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. Segundo os datos correspondentes ao ano 2023, en Galicia recuperáronse un total de 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de latas e outros envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

Creada co obxectivo de impulsar a visibilidade dos traballos das creadoras e creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtametraxes para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na Facultade de Comunicación. As curtas dos estudantes de Comunicación Audiovisual Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
O proxecto Caxato (‘Camiño de Santiago: camiño de intercambio e de aprendizaxe cultural europea’) pretende que persoas maiores de 50 anos sexan protagonistas da súa propia experiencia formativa, potenciando a adquisición de competencias culturais e artísticas, sociais (soft skills), dixitais e de sustentabilidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES