Noticias

La plataforma Voltar á Terra lucha porque los jóvenes emigrados puedan trabajar en Galicia

Que los jóvenes gallegos que han emigrado al exterior buscando un empleo puedan regresar a trabajar en Galicia es el principal objetivo de la Plataforma Voltar á Terra que se presentó en la Galería Sargadelos de Santiago de Compostela. Los impulsores de esta iniciativa critican las políticas de la Xunta de Galicia en materia de empleo y destacan que la sociedad "enferma" sin la "savia nueva" de los jóvenes. A través de un vídeo con testimonios de varios jóvenes desde Uruguay, Escocia o Italia, se quiere frenar el problema de la emigración juvenil.

Nota de prensa remitida por Voltar á Terra:

A Galería Sargadelos acolleu a presentación da plataforma Voltar á Terra, impulsada un grupo de galegas e galegos arredor do mundo tras artellar un grupo de traballo que apoiado pola Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Galegos Retornados e a Asociación de Emigrantes Retornados Marusía culminou na creación da plataforma Voltar á Terra, coma explicou Manolo Do Val, pai de moza emigrada e coordinador da iniciativa.

Despois da proxección dun vídeo feito por galegas de todo o mundo lendo o manifesto que se fixo público, Do Val lembrou en tres de cada catro fogares galegos hai alguén emigrado, amais 200.000 persoas abandonaron Galiza dende o 2007, a suma da poboación das cidades de Ferrol e Lugo, dando un novo pulo a sangría emigrante que nunca deixamos de padecer.

Pola súa banda, Natalia Cabana, que emigra cara Inglaterra o vindeiro martes, explicou que Voltar á Terra nace coa vontade de xerar conciencia entre as persoas que viven na Galiza e as que que tiveron que emigrar, esixindo entre todas cambios políticos que nos permitan vivir dignamente no noso País e emigrar cando queiramos, e non cando nos vexamos obrigadas a facelo Esta mesma situación vivírona varias décadas atrás Xosé Lois Leirós e Manuel Domínguez, voceiros dos emigrantes retornados, que chamaron a fornecer ferramentas propias coma a plataforma para rachar o círculo de dependencia que nos forza a emigrar.

NoticiaTamén quixo dar o seu apoio Guillerme Ignacio, membro de Quempallou, quen explicou o que supón a emigración desde a perspectiva do familiar e amigo, e interpretou unha cantiga de Cotobade dirixida ás que tiñan que marchar a buscarse a vida fóra Coma sinalaron, o primeiro paso da iniciativa e a recollida de apoios individuais e de distintas entidades por medio de https://voltaraterragalega.wordpress.com, e xunto as galegas na terra e na emigración que queiran colaborar e unirse a iniciativa, facer valer os nosos dereitos diante de institucións que terían que representarnos e non forzarnos a marchar.

R., 2015-04-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES