Noticias

Galicia dispondrá de 6 millones de euros adicionales para financiar la ayuda a domicilio de los mayores

El Ministerio de Sanidad dotará con 6 millones de euros adicionales la financiación del servicio de ayuda a domicilio para personas mayores, con lo que se prevé crear también 700 empleos. El presidente de la Xunta destacó la importancia de atender a los mayores en la Comunidad gallega que, además, recibirá 2.4 millones del fondo estatal de apoyo a las familias y a la infancia en situación de vulnerabilidad. La embajadora de Suecia coloca a Galicia como "referente" en Sanidad.

Notas de prensa remitidas por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Galicia recibirá este ano un total de 2,4 millóns de euros adicionais a través do fondo para proxectos sociais de apoio á familia e infancia en situación de especial vulnerabilidade. Esta cifra supón tres veces máis do que percibiu polo mesmo concepto o ano pasado, o primeiro exercicio no que se estableceu por parte do Ministerio de Sanidade e Servizos Sociais un fondo específico para os fogares con menores en situación de risco de pobreza.

Tras a reunión do Consello territorial de servizos sociais e do sistema para a autonomía e atención á dependencia, a titular de Benestar, Beatriz Mato, salientou que este incremento débese nunha parte a que os novos criterios de reparto inclúen, ademais dos indicadores de pobreza, a poboación e a dispersión poboacional, entre outros factores, tal e como tiña demandado esta comunidade autónoma. Con estas cifras, Galicia convértese na quinta comunidade autónoma que máis orzamento recibe, e tamén na quinta na que máis se incrementou a contía.

En 2014, o primeiro ano no que as comunidades autónomas contaron con estes fondos, a Xunta recibiu 725.000 euros, cos que se puxeron en marcha accións para case 1.300 menores e proporcionáronse preto de 700 Axudas de inclusión social (AIS), destinadas especialmente para persoas en situación de especial vulnerabilidade con menores a cargo.

Pola súa banda, os 2,4 millóns consignados para este exercicio dedicaranse fundamentalmente a: atención de necesidades básicas de familias con menores a cargo a través das Axudas de Inclusión Social; proxectos de apoio á conciliación familiar e laboral; e servizos de intervención e apoio familiar.

Tamén no eido da inclusión, durante o Consello territorial, abordouse o novo programa do Fondo de Axuda Europea ás persoas máis desfavorecidas (FEAD), que se vai poñer en marcha en colaboración coas entidades do terceiro sector. Neste punto, as comunidades autónomas participarán co Ministerio na coordinación dos axentes sociais do seu territorio para o que se creará un grupo de traballo que determine os parámetros de reparto deste fondo.

Na xuntanza tamén se propuxo a creación dunha Comisión interautonómica de Infancia e Familia, que se constituirá como un grupo de traballo permanente co obxectivo de coordinar e harmonizar as políticas de infancia e familia a nivel nacional.

Outro dos temas que se abordaron na reunión foi a evolución anual dos datos de dependencia, que segundo considerou Mato, “volven demostrar o gran esforzo que está realizando Galicia para ofrecer unha atención de máxima calidade”.

Así, Galicia foi durante 2014 unha das nove comunidades autónomas que incrementou a súa atención neta. Actualmente, a comunidade conta con preto de 40.000 beneficiarios, dos que case o 80% están atendidos a través dun servizo. Grazas a esta cifra, Galicia é a segunda comunidade autónoma cunha maior porcentaxe de servizos.

“Pero iso non é suficiente, por iso mantemos o esforzo este ano, no que prevemos aumentar en preto de 2.000 as prestacións de servizo de axuda no fogar, para os que se contará con seis millóns adicionais das arcas autonómicas, acadando así un orzamento total de 46,2 para este recurso de proximidade que, ademais, de moi demandado permitirá con este aumento preto de 700 novas contratacións de persoal sociosanitario”, apuntou.

No Consello Territorial abordáronse outros temas relevantes, como o anteproxecto da Lei do terceiro sector de acción social. Esta norma ten como obxectivo establecer un marco xurídico común para todas as entidades do eido.

O Estado ten admitido catro das alegacións presentadas por Galicia a este texto. Unha delas ten un carácter “especialmente relevante”, salientou Mato, porque ten como obxectivo garantir a salvagarda das competencias autonómicas en materia de servizos sociais.

NoticiaPor último, a conselleira precisou que o anteproxecto da Lei de Voluntariado estatal “segue en esencia o camiño da Lei de Acción Voluntaria de Galicia, aprobada por unanimidade en 2011”. Considerou que ambos textos son “coherentes e complementarios entre si, destinados a actualizar e modernizar o marco normativo da acción voluntaria, e fomentar o seu desenvolvemento e crecemento”.

Mato valorou que unha das “grandes vantaxes” da Lei autonómica é que recolle a certificación das accións voluntarias, para incorporalas ao currículo e mellorar a empregabilidade. A Lei Estatal, pola súa banda, deriva esta certificación a un desenvolvemento regulamentario posterior, polo que a Xunta instou ao Goberno central a realizar este desenvolvemento no menor prazo posible, “porque conleva unha gran vantaxe para os voluntarios”.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, resaltou o compromiso do Goberno galego coas políticas de inclusión das persoas maiores, as que considera unha obriga imprescindible para calquera goberno.

Logo da visita ás instalacións á nova residencia xeriátrica Santa Teresa da Fundación San Rosendo, Feijóo lembrou que nestes seis anos Galicia foi capaz, a pesar da recesión económica, de crear máis de 3.000 prazas públicas para maiores, ata superar case que nun 50% as que había en 2009. “E, en total, xa hai 9.500 galegos que se benefician do sistema público de residencias para maiores ,ao que dedicamos preto de 90 millóns ao ano”, engadiu.

Para o presidente da Xunta, estes datos positivos, demostran o compromiso coa inclusión social dos maiores, “porque ademais o fixemos compartindo recursos entre administracións e tamén porque hai entidades sen ánimo de lucro como esta fundación”

Así mesmo salientou que as políticas de dependencia, que atenden 80.000 persoas en toda Galicia, tamén se levan a cabo a través do servizo de atención a domicilio: “Arredor de 11.000 persoas acceden a el e, ademais, temos o compromiso de que outras 2.000 poidan facelo tamén neste 2015”.

imprescindible para garantir a atención de quen máis o precisa e aseverou que ademais do compromiso cos máis maiores, a Xunta traballa noutra dirección: A xeración de emprego, “porque o emprego é a chave dos servizos públicos “, dixo. E, neste sentido referiuse á sinatura onte en Madrid do acordo para impulsar a plataforma loxística Salvaterra- As Neves: ”estamos a falar do reinicio das obras, con 36 millóns der euros de investimento, e dunha plataforma que significa emprego e futuro parta esta comarca” concluíu.

NoticiaO sistema sanitario galego, referente en innovación en Europa, está a compartir experiencias e ideas con Suecia a través de Symbiocare: modelos innovadores para un sistema sanitario eficiente, unha xornada organizada pola Oficina Comercial de Suecia en Santiago de Compostela, que foi inaugurada pola embaixadora do país nórdico, Cecilia Julin, e polos conselleiros de Sanidade e de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

A titular de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, destacou na súa intervención a importancia que ten a innovación no sistema sanitario galego, que xa é un referente en Europa. Nesta liña, sinalou a necesidade de compartir experiencias e ideas entre países que teñen retos similares para ter sistemas sanitarios de calidade en momentos económicamente tan complexos. Tamén salientou que esta xornada “conta cun gran valor engadido, como é o feito de que as administracións e as empresas que compartiremos as nosas propostas e inquietudes somos de países distintos”, e engadiu que “esta experiencia común enriqueceranos a todos”.

A conselleira indicou que agarda un resultado “positivo para as organizacións sanitarias e tamén para as empresas, tanto polas oportunidades de negocio que se poidan xerar como polas potenciais sinerxias ou colaboracións que poidan xurdir entre organizacións e empresas galegas e suecas tras este primeiro contacto”.

A titular da carteira sanitaria insistiu tamén na importancia de velar pola calidade de vida nos anos que gañamos de vellez e, neste sentido, Galicia leva tempo traballando en mellorar a calidade de vida e fomentar un envellecemento activo e saudable da súa poboación. Neste eido, salientou que Galicia foi recoñecida como unha das 32 rexións europeas de referencia dos Estados membros da Unión Europea en envellecemento activo e saudable grazas á súa Historia Clínica Electrónica, IANUS.

A conselleira tamén recordou que “a innovación aberta é para a Consellería unha liña estratéxica e unha clara aposta de presente e futuro, sabendo que é e será a panca e o motor que permite modernizar un sistema complexo como o noso”. Este ano, engadiu, finalizaranse os dous grandes proxectos de Innovación sanitaria no Sergas, Hospital 2050 e Innovasaúde, e destacou o posicionamento de referencia nacional e internacional que logrou Galicia no campo da Compra Pública Innovadora, e apostas como a nova Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, os Institutos de Investigación Sanitaria, e a Historia Clínica Electrónica, IANUS.

Pola súa parte, Francisco Conde avogou por reforzar as estratexias de innovación aberta, “o único camiño para impulsar a axeitada transferencia de coñecemento: das nosas universidades, e centros tecnolóxicos e de investigación, á empresa”. O conselleiro destacou neste senso que a Xunta xa está a seguir este modelo a través de dúas estratexias principais: a compra pública innovadora (con programas como Innovasaúde e o Hospital 2050); e os programas de innovación aberta como Innterconecta, Conecta Pemes e as Unidades Mixtas, nos que empresas, universidades e centros tecnolóxicos investigan xuntos.

Conde subliñou que a través da Consellería de Economía e Industria se están impulsando, grazas a eses tres programas, 35 proxectos innovadores do ámbito da saúde, mobilizando 55 millóns de euros. Pero “a nosa aposta pola innovación sanitaria no futuro irá moito máis alá, grazas á Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia” (RIS3), que, sinalou, mobilizará máis de 1.600 millóns de euros en proxectos innovadores ata 2020, e que ten na vida saudable e o envellecemento activo un dos grandes retos nos que focalizar ese investimento.

Fotografías: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2015-03-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES