Lugopoética dividiuse en seis sesións, cada unha protagonizada por dous autores - agás unha delas, na que interviñeron tres vinculados pola súa actividade, profesión ou por ter lazos familiares. Entre eles hai labregos, cregos, profesores ou filósofos, que leron anacos das súas obras e contrastaron as súas experiencias e puntos de vista. A iniciativa comezou no ano 2024 co obxectivo de divulgar a riqueza e potencial da creación poética na provincia. A edición deste ano está en marcha comezou febreiro e remata en xuño-, con seis novos encontros protagonizados por outros 12 autores lucenses.
O legado de Begoña Caamaño, escritora, xornalista e activista a prol dos dereitos das mulleres, resoou no Colexio de Fonseca. No acto institucional co que a USC conmemora o Día das Letras Galegas, a reitora Rosa Crujeiras destacou a obra literaria e o labor xornalístico desta autora que ocupa 'un lugar central da cultura galega contemporánea', como recoñeceu a RAG ao dedicarlle a celebración do 17 de maio.