Noticias

Ana Soler ofrece dos visiones sobre el agua con el montaje Flywaterbags que se exhibe en las Torres Hejduk

Las Torres Hejduk de la Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, ofrecen una muestra de la artista Ana Soler que, a través del montaje Flywaterbags: A sight into the water, ofrece dos visiones sobre el agua diferentes de la clásica catalogación de este elemento como incoloro, inoloro e insípido, en una visión dicotómica.

La artista multidisciplinar Ana Soler ha instalado en las Torres Hejduk de la Cidade da Cultura la intervención Flywaterbags, en la que expone dos visiones sobre el agua a través de 3.500 bolsas que contienen este elemento. Frente a la idea de que el agua es incolora, inodora e insípida, la artista propone al visitante mirar el agua con otros ojos y convertirla en lente de aumento, filtro de deformación o reflejo del entorno.

El conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, ha asistido a la inauguración de esta intervención, que entabla un diálogo con la exposición Auga Doce que acoge el Museo Centro Gaiás. Aprovechando el carácter bipolar de las Torres Hejduk, Flywaterbags ofrece una visión dicotómica del uso del agua a través de dos instalaciones contrapuestas. En la primera de ellas, situada en la torre transparente, una gran gota de agua tridimensional formada por pequeñas bolsas de agua actúa como una lente. Frente a ella, la torre opaca reproduce una inmensa explosión acuática en la que las pequeñas bolsas de agua se esparcen de forma caótica a través de pequeñas pantallas con imágenes sobre el mal uso del agua, la contaminación o el despilfarro.

Flywaterbags puede visitarse todos los días hasta el 31 de agosto en las Torres Hejduk de la Cidade da Cultura de forma totalmente gratuíta. El horario de visita es de 10.00 a 20.00 horas de lunes a domingo.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convida a descubrir a través da auga unha outra realidade na intervención Flywaterbags. A sight into the water, a nova instalación das Torres Hejduk do Gaiás ideada pola artista multidisciplinar Ana Soler. Formada por máis de 3.500 bolsas de auga, a instalación de Ana Soler convida ao visitante a ir máis alá do evidente e descubrir universos invisibles, unha das constantes da súa obra. Fronte á idea de que a auga é inodora, incolora e insípida, Soler propón en ‘Flywaterbags’ mirar a auga con outros ollos, converténdose en lente de aumento, filtro de deformación e reflexo do que nos rodea.

O conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez Abad, destacou a inquietude da artista “por mostrar a través das súas obras aquilo que non se ve a simple vista”. Ademais, Vázquez Abad agradeceulle a Soler que aceptase “o reto de converter as Hejduk nun universo acuático capaz de clarificar e deformar a realidade ao mesmo tempo”. O conselleiro estivo acompañado pola propia artista; pola directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño; e pola directora de Acción Cultural, María Pereira.

‘Flywaterbags’ entaboa un diálogo coa exposición do Museo Centro Gaiás ‘Auga Doce’, na que a ollada dos artistas nos convida tamén a redescubrir a beleza da auga, e sucede á intervención colectiva ‘En ningún lugar’, proxecto gañador do III Encontro de Artistas Novos. Con anterioridade tamén pasaron polas Hejduk Pamen Pereira, Ramón Conde e Alejandra Sampedro. ‘Flywaterbags’ pode visitarse todos os días ata o 31 de agosto nas Torres Hejduk do Gaiás totalmente de balde. O horario de visita é de 10 a 20 horas de luns a domingo.

Aproveitando o carácter bipolar das Torres Hejduk, ‘Flywaterbags’ ofrece unha visión dicotómica do uso da auga a través de dúas instalacións contrapostas nas que o fluído se converte en lente clarificadora e deformadora ao mesmo tempo. A primeira instalación sitúase na torre transparente en forma de gran pinga tridimensional formada por pequenas bolsas de auga que nos serven de lente. A lupa consegue deformar e ampliar a realidade para amosarnos outra: a dimensión aparente de todo, convidando ao espectador a ollar tras o evidente e perderse nun mundo novo visto desde o fluído.

Fronte a esta pinga xeometricamente ideal e case perfecta, a torre opaca reproduce unha inmensa explosión acuática na que as pequenas bolsas de auga se espallan de forma caótica a partir de pequenas pantallas con imaxes sobre o mal uso da auga, contaminación, desbaldimento, etc. A lupa deforma, nesta ocasión, esas imaxes que sitúan ao espectador dentro da propia identidade da auga e que lle obrigan a repensar a súa situación.

A obra de Ana Soler (Sevilla, 1972) está marcada por esa busca de deterse nos detalles, daquilo que pasa desapercibido, naquilo que aínda presente se pode ollar desde outro punto de vista para buscar outra dimensión da aparencia. Tras formarse en diferentes centros internacionais como Kyoto City University of Art; National Chiayi University (Taiwan); York University (Toronto); École des Arts Decoratifs (Estrasburgo); College of Art (Edimburgo); Scuola Internazionale di Grafica d'Arte (Florencia) ou Instituto Nazionale per la Gráfica d’Arte (Roma); desde o 2000 dedícase á docencia e á investigación na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Co-directora do grupo de investigación “dx5, Digital and Graphic Art Research” financiado polo Ministerio de Innovación e Ciencia e a Xunta de Galicia, obtivo varias bolsas que a levaron a empaparse de diferentes tendencias artísticas.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2014-04-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES