Noticias

El director y actor Cándido Pazó estrena el clásico Decamerón, historias para tempos ruíns, en una fórmula híbrida de teatro y narración oral

El director y actor Cándido Pazó estrena en la capital de Galicia la obra Decamerón. Historias para tempos ruíns, un clásico universal representado con una fórmula híbrida que combina teatro y narración oral. Se trata de un "espectáculo directo y dinámico con el público" en "continua conexión" y con un discurso en clave irónica.

Cándido Pazó, que se ocupa de la dirección y de la interpretación del montaje, recurre de nuevo -como ya hizo en Memorias dun neno labrego- a un monólogo "directo y dinámico" con referencias a la situación actual. En la presentación de la obra, Cándido Pazó ha indicado que buscó hacer un "espectáculo directo y dinámico con el público" en "continúa conexión" con un discurso irónico. Además, ha señalado que la obra cuenta con una escenografía "mínima" pero, a su juicio, "muy resultona y potente".

En esta versión, Pazó adapta al formato de monólogo teatral una serie de cuentos originales, "los más divertidos, los más mordaces, los que tratan el tema erótico de una manera divertida" y sobre todo "aquellos que tienen más provecho metafórico en relación a la actualidad". Pazó ha destacado que las historias incluyen referencias a la realidad, para que el público realice "una actividad de decodificación" y "encuentre los momentos metafóricos que se relacionan con la situación actual". 'Decamerón' cuenta con una escenografía práctica, una música compuesta para la ocasión según el carácter de la pieza y una iluminación "cuidada", según ha resaltado el director.

El espectáculo se puede ver en el Salón Teatro de Santiago de Compostela del jueves 24 al domingo 27 de enero, a las 20.30 horas de jueves a sábado y a las 18.00 horas el domingo. A mayores, habrá una quinta función para escolares el día 24 a las 12.00 horas. En cuanto a las entradas, se pueden adquirir en la web entradas.novagaliciabanco.com y en el despacho de billetes del Salón Teatro, que abre al público dos horas antes del comienzo de cada función de tarde.

El precio es de 10 euros para las funciones de jueves a sábado, con descuento del 40 por ciento para jubilados, estudiantes y desempleados. El domingo, la entrada costará 5 euros por ser el día del espectador.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a desenvolver este mes unha carteleira dedicada en exclusiva á produción teatral galega, no marco da que Cándido Pazó presenta esta semana a súa particular adaptación do Decamerón de Giovanni Boccaccio. O espazo escénico do Centro Dramático Galego (CDG) ofrecerá un total de cinco funcións deste monólogo, das que catro son para público xeral (de xoves a sábado, ás 20.30 h, e o domingo, ás 18.00 h) e unha para escolares (xoves, ás 12.00 h).

Acompañado do director do CDG-Salón Teatro, Manuel Guede Oliva, Cándido Pazó presentou aos medios este espectáculo unipersoal no que, baixo o subtítulo Historias para tempos ruíns, adapta algúns dos contos máis divertidos e mordaces deste clásico italiano do século XIV, buscando tirar o máximo proveito das metáforas que poden establecerse respecto da actual situación social e económica.

Esta nova creación escénica de Pazó –na que el mesmo se encarga da adaptación, dirección e interpretación como cómico-narrador– está producida por Abrapalabra Creacións Escénicas, que na pasada convocatoria de subvencións á actividade escénica da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) resultou adxudicataria dunha axuda de máis de 17.400 euros para a realización desta montaxe.

Seguindo a fórmula híbrida que xa empregara en Memorias das memorias dun neno labrego, a combinación de teatro e narración oral da man dun dos máis destacados narradores das escena galega ten como resultado un espectáculo cómico de gran carga irónica e ritmo moi dinámico, na procura dunha continua conexión entre actor e espectadores.

Neste caso, o punto de partida é o libro de contos de Boccaccio, considerado un dos fitos narrativos da literatura europea. A obra, prohibida pola Inquisición, racha co tenebrismo medieval a través do humor, o erotismo e a celebración da vida que se desprenden de cada un dos contos cos que os mozos protagonistas se entreteñen mentres se refuxian da peste bubónica que nese tempo asola Europa. Cándido Pazó propón aquí un refuxio teatral e a risa como catarse fronte ao noso andazo contemporáneo, que define como “a peste económica”.

A escenografía e o vestiario deseñados por Carlos Alonso inciden na potencia metafórica e estética da montaxe, que se reforza así mesmo coas atmosferas –cómicas ou poéticas, segundo a ocasión– creadas pola iluminación que asina Afonso Castro, quen exerce ademais de axudante de dirección e de xefe técnico. Tamén contribúe de xeito definitivo á ambientación a música especialmente composta para este Decamerón por Manuel Riveiro, gravada por el mesmo nas guitarras, percusión, piano e programación, xunto a Harry C na viola, violín e mandolina.

A venda anticipada de entradas para as catro representacións para público xeral está xa dispoñible na billeteira da web http://entradas.novagaliciabanco.es. Ademais, as localidades tamén poderán adquirirse no despacho de billetes do Salón Teatro, que abre ao público dúas horas antes do comezo de cada función de tarde. O seu prezo é de 10 euros para as funcións de xoves a sábado (cun desconto do 40% para xubilados, usuarios do carné xoven, estudantes, persoas en situación de desemprego e determinados colectivos profesionais) e de 5 euros para o domingo, día do espectador.

Fotografía: Xunta de Galicia

R., 2013-01-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES