Noticias

Cultura promueve el acceso online al patrimonio documental con la nueva web de Archivos de Galicia

La Consellería de Cultura e Educación de la Xunta de Galicia promueve la renovación de la página de los archivos que mejora la consulta de los contenidos y facilita la búsqueda de información. El nuevo portal web se presentó coincidiendo con el Día Internacional de los Archivos.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta unha nova porta de acceso aos arquivos de Galicia a través de internet. Trátase da renovación do web http://arquivosdegalicia.xunta.es/portal, que ten como obxectivo mellorar a consulta en liña de contidos relacionados cos arquivos de interese galego, así como facilitar a busca de información.

O novo portal web de Arquivos de Galicia foi presentado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; pola directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño; e polo subdirector xeral de Arquivos da Xunta, Gabriel Quiroga. Segundo explicou Anxo Lorenzo,“a páxina web de arquivos foi posta en marcha pola Xunta de Galicia en 2004. “Coa existencia de novas ferramentas e as necesidades de información actuais, estimamos conveniente a súa renovación para mellorar o acceso aos contidos e avanzar na oferta dos seus recursos”, afirmou. Así, este novo portal ofrece un acceso integrado aos sitios específicos de cada arquivo, facilitando a busca de información mediante unha estrutura común.

A presentación do novo portal web, que tivo lugar no Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura, enmarcouse nos actos de celebración con motivo do Día Internacional dos Arquivos, que se celebra o 9 de xuño en todo o mundo. Co fin de sumarse a esta conmemoración, a Secretaría Xeral de Cultura tamén promoveu a tradución ao galego da Declaración Universal sobre os Arquivos. Esta versión na lingua propia de Galicia está accesible este ano, por vez primeira, no web do Consello Internacional de Arquivos, no sitio web http://www.ica.org/6573/reference-documents/universal-declaration-on-archives.html.

Ademais, a rede de arquivos dependente da Secretaría Xeral de Cultura propón un conxunto de actividades nas catro provincias, que poden consultarse en cultura.xunta.es. Entre elas inclúense xornadas de portas abertas con visitas guiadas e mostras expositivas para promover un maior coñecemento dos arquivos entre a cidadanía.

Estes pequenos pasos súmanse ás actuacións de fondo que está a promover a Secretaría Xeral de Cultura a prol da preservación e da posta en valor do patrimonio documental galego. Con este obxectivo, a Administración autonómica traballa para acadar un novo marco normativo que regule a conservación, a organización e o acceso á documentación, adaptado aos novos retos da dixitalización dos bens. Deste xeito, está previsto que o proxecto da Lei de arquivos de Galicia inicie proximamente os trámites para o seu debate no Parlamento.

Ademais, co fin de lles proporcionar formación aos futuros profesionais da arquivística para que poidan completaren a súa bagaxe académica e obteren unha experiencia práctica, este ano a Secretaría Xeral destina máis de 111.000 euros á convocatoria de 20 bolsas de formación en arquivos.

Finalmente, cómpre recordar que outras das prioridades para facilitar a conservación e a difusión de fondos documentais é a adaptación aos contornos dixitais. Para avanzar nesta dirección, a Consellería de Cultura e Educación ten diversos espazos de colaboración con outras entidades. Unha delas é a Fundación Penzol. O proxecto de dixitalización do seu arquivo, financiado pola Fundación Cidade da Cultura co asesoramento do Arquivo de Galicia, promove a recuperación, conservación e difusión do patrimonio documental e bibliográfico desta entidade.

Coa mesma finalidade estase a desenvolver o proxecto de dixitalización de fondos do Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela, as actividades en colaboración co Cabido da catedral de Santiago, que han permitir avanzar na dixitalización das áreas de documentación moderna e medieval; ou o proxecto de organización, informatización e restauración de fondos do arquivo diocesano e catedralicio do Bispado de Tui-Vigo.

Fotografía: Xunta de Galicia.

R., 2012-06-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (emprego-11.jpg) A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, valorou os últimos datos de paro rexistrado e afiliacións á Seguridade Social, destacando que Galicia alcanza por segundo mes consecutivo o máximo histórico de afiliacións, con 1.135.950 cotizantes. Ao mesmo tempo, a Comunidade rexistra o menor número de persoas desempregadas nun mes de xullo de toda a serie, con 107.322 persoas paradas. No referido ás afiliacións, estas medran tanto na comparativa anual como na mensual. Galicia conta con preto de 22.500 afiliacións máis que hai un ano (+2,02 %) e con case 13.000 cotizantes máis que en xuño (+1,15 %), sendo a 3ª comunidade autónoma na que máis aumentan as afiliacións.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-cuantica.jpg) A Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD2030) continuou avanzando durante 2025 coa posta en marcha de novas actuacións para acelerar a transformación dixital da Comunidade. O balance anual, elaborado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), recolle avances en todos os eixes estratéxicos da Estratexia e unha actualización das súas metas para o final da década. O investimento mobilizado ao longo do pasado exercicio foi de 390,3 millóns de euros, entre capital público e privado.

Notas

Dez universidades de España acaban de constituír ConfIA, a Rede Interuniversitaria de Centros de Excelencia en Intelixencia artificial Confiable e Responsable, unha iniciativa que reúne algúns dos principais centros de investigación en intelixencia artificial do Estado co obxectivo de fortalecer a colaboración científica, coordinar iniciativas estratéxicas e contribuír ao desenvolvemento dunha intelixencia artificial responsable, confiable e aliñada cos valores europeos.
A electrónica orgánica promete revolucionar sectores como os da electrónica de consumo, a saúde ou a xeración de enerxía grazas á súa flexibilidade, lixeireza e baixo custo de fabricación. Comprender como inflúe o proceso de produción no comportamento destes materiais é o obxectivo da pescuda que desenvolveu Jesika Asatryan.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES