Noticias

La Xunta ratifica su compromiso con el trabajo de la Real Academia Galega (RAG) en 2012

El conselleiro de Educación e Cultura de la Xunta, Xesús Vázquez, en la que fue su primera visita institucional a la Real Academia Galega (RAG), ratificó el compromiso del Gobierno gallego con esta institución durante el año 2012 en que se conmemora el Año Celso Emilio Ferreiro, tras el acuerdo alcanzado en el Parlamento de Galicia.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, realizaron esta mañá a súa primeira visita institucional á Real Academia Galega (RAG) como novos responsables da acción cultural da Xunta de Galicia. Na sede da entidade, situada na cidade da Coruña, foron recibidos polo presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, polo seu secretario, Xosé Luís Axeitos; polo tesoureiro, Manuel González González; polo vicesecretario, Francisco Fernández Rei; e polo arquiveiro-bibliotecario, Euloxio Rodríguez Ruibal.

No encontro que mantiveron durante a visita, Xesús Vázquez Abad avanzou o firme compromiso da Xunta de Galicia, a través do seu departamento, de continuar apoiando en 2012 o labor da RAG. Ademais, o conselleiro presentou as actuacións que ten previsto levar a cabo a Xunta de Galicia en 2012, coa colaboración de diferentes entidades e institucións, para conmemorar o centenario do escritor Celso Emilio Ferreiro. Na reunión, ambas as institucións valoraron as posibilidades de que a RAG tamén participe na programación do ano do escritor, que responde a un acordo adoptado en outubro de 2011 no Parlamento de Galicia.

Pola súa banda, os representantes da academia informaron das previsións de actividades para celebrar en 2012 os cincuenta anos do Día das Letras Galegas, así como o calendario de iniciativas previsto para homenaxear a Valentín Paz Andrade, a quen este ano se lle dedica o 17 de maio.

Apoio aos proxectos de investigación e difusión lingüística
O apoio económico do Goberno galego en 2012 contribuirá a impulsar os proxectos de investigación e divulgación lingüística que promove a academia arredor de diversos campos, como a lexicografía, a terminoloxía e a sociolingüística. A Xunta tamén vén colaborando coa RAG na organización, convocatoria e desenvolvemento dos Cursos de verán de Lingua e Cultura Galegas para estranxeiros, que leva a cabo en colaboración co Instituto da Lingua Galega, nos que participaron en 2011 máis de 100 estudantes procedentes de preto de 30 países.

R., 2012-02-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES