Noticias

Lugo acogel el 5 de marzo la II Xuntanza de Automobilismo, encuentro de presentación de la temporada del motor

La Xuntanza do Automobilismo Lucense se confirma como la presentación de la temporada del automovilismo y escaparate de los pilotos lucenses en competición, según destacan sus organizadores. Este año el encuentro se celebra el 5 de marzo en el Pazo dos Deportes e incluye exhibiciones.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Vicepresidencia Primera de la Diputación Provincial de Lugo:

O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, xunto ao presidente da Escudería Miño, Carlos Íñiguez, presentaron a II Xuntanza do Automobilismo Lucense, que terá lugar o sábado día 5 durante todo o día no Pazo dos Deportes de Lugo e os seus arredores. Esta actividade, que segundo Antón Bao “confirmouse como a presentación da tempada de automobilismo e escaparate para todos os pilotos lucenses en competición”, está organizada de novo pola Escudería Miño coa colaboración da Área de Deportes da Deputación de Lugo. Esta segunda Xuntanza do Automobilismo lucense vai ofrecer a todas as persoas que se acheguen ao Pazo dos Deportes a posibilidade de ver de preto durante todo o día os vehículos e todo o equipo técnico dos equipos lucenses de rallys de asfalto, de montaña, todoterreo, históricos, velocidade e slálom de cara á nova tempada que comeza. Como novidade, nesta edición realizarase unha exhibición de pilotaxe, tipo slálom, na explanada do Pazo ás 5 da tarde, para dar paso ás 7.30 da tarde á espectacular presentación de todos os vehículos e pilotos no interior do Pazo, con canóns de iluminación, son e pantallas xigantes para seguir o acto.
Noticia
Antón Bao fixo fincapé en que desde a Deputación de Lugo “impulsouse esta actividade xa desde o ano pasado porque queremos que estean presentes tamén todos aqueles pilotos que teñen menos oportunidade para saír á luz pública, de xeito que este acto sirva para que se fagan visíbeis, aínda que estean acompañados dos principais pilotos lucenses”. O vicepresidente da Deputación sinalou que “o deporte do motor en Lugo move a unha grande cantidade de afeccionados e a nivel profesional está a colleitar os maiores éxitos día tras día, polo que desde a Área de Deportes da Deputación debemos poñer os nosos esforzos en potencialo”.Noticia

Pola súa banda, Carlos Íñiguez, presidente da Escudería Miño, que organiza o evento, agradeceu o traballo que está a realizar a Deputación á hora de promover o deporte en Lugo e brindar oportunidades coma estas para que os equipos pequenos se dean a coñecer de cara ao inicio da tempada. Recollendo as palabras de Antón Bao sobre o bo momento do automobilismo lucense, Íñiguez lembrou que Lugo conta cos campións de rallys de Galiza, de España, do campionato de montaña de vehículos carrozados de Galiza, do galego de Todoterreo e varios campionatos monomarca. Anunciou que o número de inscricións está entre os 55 e os 60 pilotos, e que hai importantes novidades como por exemplo a presentación de “moi bos coches que van competir defendendo Lugo, concretamente o do ex campión de España, Sergio Vallejo, ou doutros pilotos como Pedro Burgo, Adrián Díaz ou Luís Vilariño”.
Fotos: Carlos Rodríguez

R., 2011-02-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES