
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O grupo Efecto Mariposa será o encargado de abrir o venres, 18 de xuño, en Lugo o programa 40 en XCB (40 en Xacobeo), que impulsado por Xacobeo 2010 e a Cadena 40 Principales traerá a Galicia aos artistas máis notables do pop español. A banda malagueña actuará na Praza de Santa María a partir das 21.30 horas e compartirá escenario co cantautor coruñés Carlos Bau e a banda viguesa Ragdog.
Efecto Mariposa chega a Lugo co galardón á mellor canción nacional do ano 2009, acadado nos Premios 40 Principales polo tema Por quererte, primeiro single do seu sexto álbum, 40:04, e que conseguiu chegar ao número un no célebre listado semanal da canle musical.
Pola súa banda, cunha longa e intensa traxectoria musical, Carlos Bau é un cantautor de A Coruña, que ven de ser galardoado nos Premios da Música na categoría de mellor canción en galego polo seu tema Nada. Do mesmo xeito, compuxo cancións para outros artistas, como Nuria Fergó ou Lydia (actual solista de Presuntos Implicados), ademais de compartir escenario con Antonio Vega ou Rosa Cedrón.
Tamén actuará a banda viguesa de power pop Ragdog, primeiro grupo lanzado polo Sello Espacio Movistar, co seu disco debut distribuído integramente a través de internet, non existindo formato físico do mesmo.
Enmarcado no Camiño da Música da programación de Xacobeo 2010, o programa 40 en XCB, que terá carácter gratuíto en todos os seus concertos e que chegará a catro cidades galegas este verán. A Efecto Mariposa, seguiranlle Macaco en Ourense, Melendi en Santiago, e El Sueño de Morfeo en Pontevedra. Todos eles compartirán escenario con grupos e artistas galegos. Con esta iniciativa, Xacobeo reforza a súa aposta por ofrecer contidos de diferentes estilos para satisfacer as demandas de todo tipo de público.
El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ha anunciado que su Gobierno remitirá al Parlamento gallego un proyecto de ley para modificar la Ley de Cajas de Galicia -que introduce una disposición transitoria- para su aprobación "inmediata" con el objetivo de dar "seguridad jurídica" a la fusión de Caixa Galicia y Caixanova, que "deberá estar operativa" el 1 de diciembre de 2010.
Un total de 316 personas "velarán por la seguridad" del MTV Galicia 2010 que reunirá, el domingo, día 5 de septiembre, en el Monte do Gozo de Santiago de Compostela, a unos 25.000 asistentes para disfrutar de los conciertos que ofrecerán los grupos Arcade Fire, Echo & The Bunnymen, The Temper Trap y los gallegos Cornelius 1960, en el marco del Xacobeo 2010.

