
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de la Xunta de Galicia:
A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coa Fundación Carlos Casares e coa Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) no Proxecto Toromelos, unha iniciativa que busca achegarlles aos máis novos a lingua galega a través da posta en escena da obra do escritor Carlos Casares.
Durante a presentación do proxecto, que tivo lugar na sede da ESAD, en Vigo, o responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, explicou que “a colaboración da secretaría xeral no Proxecto Toromelos se enmarca dentro das actuacións deste departamento dirixidas a fomentar o uso do galego a través de actividades literarias e culturais onde a lingua xoga un papel importante”.
O secretario xeral tamén destacou que, con esta iniciativa, ademais de axudar a promover o recoñecemento e a difusión da obra de figuras clave da literatura galega, como é Carlos Casares, “Política Lingüística segue a impulsar a extensión e a visibilización do galego en todos os ámbitos sociais, achegándoo á infancia e á mocidade a través do fascinante mundo do teatro”.
A colaboración con entidades sociais para fomentar o uso da lingua galega
A Secretaría Xeral de Política Lingüística mantén unha colaboración permanente con aqueles colectivos sociais de diferentes ámbitos da sociedade co fin de contribuír ao desenvolvemento e á visibilización das súas principais actuacións a prol do galego. O obxectivo prioritario desta cooperación é favorecer a actuación de dinamización desta lingua desde unha perspectiva transversal e da implicación dos diversos axentes sociais.
A través da colaboración con Política Lingüística, a Fundación Carlos Casares realizou en 2009 preto dunha trintena de conferencias, coloquios, ciclos, seminarios e mesas de debate co fin de favorecer, en galego, o diálogo social sobre temas de actualidade.
O Proxecto Toromelos constitúe unha iniciativa de promoción da creación dramática e teatral, así como de posta en valor da lectura e da literatura dramática e do teatro infantil e xuvenil en lingua galega. Dirixido a escolares de toda Galicia, este proxecto iniciarase o próximo día 4 de marzo coa estrea de Lela anda en bicicleta, versión teatral do célebre conto de Carlos Casares e do conxunto da súa obra infantil e xuvenil. Unha historia na que se pon en valor a capacidade de autoaprendizaxe e a superación das propias limitacións.
La viceportavoz del Grupo Parlamentario Socialista, María José Caride, opina que está "bien" que personas que tengan "puntos de vista distintos" den "un paso adelante" y disputen en liderazgo del PSdeG a Pachi Vázquez. La diputada defiende que el PSdeG "no está en un debate de caras" y que el partido tiene "muchas personas capacitadas para liderar".
La Xunta de Galicia homenajea el miércoles 8 de febrero al intelectual gallegista Isaac Díaz Pardo con un acto en la Cidade da Cultura que está presidido por el titular del Gobierno gallego, Alberto Núñez Feijóo. Desde el fallecimiento de Díaz Pardo, el Gobierno gallego y la familia colaboraron en la organización de este homenaje.