
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de la Xunta de Galicia:
O secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, José Luis Vázquez, inaugurou a mostra O xogo e o xoguete en Galicia: tradición e modernidade, no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), en Santiago de Compostela. A exposición, que pode ser visitada ata mediados de abril de 2010, é unha ampla recompilación de enredos.
A mostra divídese en varios apartados, de tal xeito que queda reflectida a evolución dos xoguetes en Galicia. Ademais, están separados en función das materias as que fan alusión. Así, por un lado está o tradicional autóctono, ademais do industrial, e aquel adaptado ás discapacidades dos seus usuarios.
A mostra pode ser visitada por particulares, os centros educativos e grupos organizados. Todos poderán solicitar unha visita guiada á exposición, que dentro do percorrido poderán incluir a visita e explicación a todo o Mupega.
Unha vez máis, o Mupega cumpre co obxectivo co que naceu, recuperar e mostrar os xogos e xoguetes tradicionais. A estas mostras incorpóranselles todas as achegas dispoñibles para resaltar a importancia dos xoguetes, así como a importancia dos xogos dentro do labor educativo, como un conxunto a través do cal aprender a xogar e a compartir. Iniciativas como estas son apoiadas desde a Consellería de Educación, consideran que as actividades lúdicas son moi importantes como unha das bases da formación das persoas de cara ao futuro.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.