
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O Consorcio Audiovisual de Galicia colabora co programa Cafè Curt, no espazo Cafè del Teatre de lExcorxador en Lleida, para achegar ao público catalán unha selección das mellores curtametraxes galegas seleccionadas polo Consorcio Audiovisual dos catálogos Curtas 08 e Curtas 09, elaborados para a promoción nacional e internacional desta modalidade fílmica en Galicia.
Para esta edición do programa Cafè Curt, o Consorcio Audiovisual de Galicia escolleu as curtametraxes seguintes: X nada, Mínimo Común Múltiplo, Bata por fóra (muller por dentro), Darío e Verónica e Leo, pezas exhibidas en versión orixinal galega con subtítulos en castelán.
A mostra Cafè Curt comezou a súa andaina hai catro anos e desde entón, pasaron polas súas sesións algo máis de 6.000 espectadores. O seu principal obxectivo é achegar ao público de Lleida a produción actual de curtametraxes, para o que organizan sesións monográficas cada último mércores de mes, en horario de 21,30 h.
O Consorcio Audiovisual de Galicia e o espazo Cafè del Teatre comezaron a colaborar conxuntamente desde a promoción do catálogo de curtametraxes profesionais Curtas 06; e, un ano máis, á vista dos óptimos resultados acadados, volven traballar xuntos para mostrar a produción máis recente do panorama actual galego no formato curto.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.