Noticias

Fusión: Feijoo recuerda a Gayoso y a Méndez que las cajas pertenecen al pueblo de Galicia

Alberto Núñez Feijoo, presidente de la Xunta, confía en que todos los agentes implicados -económicos, políticos y socialess-, estarán «á altura das circunstancias» y mantendrán su compromiso con Galicia. El presidente está convencido de que «todos imos buscar a decisión máis correcta para a solvencia financeira das caixas galegas e para o futuro ligado a Galicia das caixas galegas».

El presidente de la Xunta ha visitadola factoria de la compañía Begano (Coca Cola) en A Coruña. Y ha enviado un mensaje a los dirigentes de las dos cajas gallegas cuando está en proceso de definición el nuevo escenario financiero de la comunidad. Alberto Núñez Feijoo confía en que todos los agentes implicados -económicos, políticos y socialess-, estarán «á altura das circunstancias» y mantendrán su compromiso con Galicia. El presidente está convencido de que «todos imos buscar a decisión máis correcta para a solvencia financeira das caixas galegas e para o futuro ligado a Galicia das caixas galegas».

Feijoo confirmó que el martes 24 de noviembre se reunirá con el director general de Caixa Galicia -José Luis Méndez- y con el presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, que se ha posicionado en repetidas ocasiones en contra de una hipotética fusión de las dos entidades gallegas. El titular de Monte Pío espera que ambos acudan al encuentro «só cun compromiso, co compromiso con Galicia». El presidente pidió «prudencia» y recordó que «a decisión inicial correspóndelle ás caixas e a decisión final ao Banco de España». Pero también dejó claro que la Xunta «marcará a súa posición». En su comparecencia Feijoo destacó que para su Ejecutivo es necesario mantener la galleguidad de las cajas, «que sigan actuando en Galicia, que as decisións maioritarias das caixas se sigan producindo na comunidade e que, loxicamente, a práctica totalidade dos seus movementos teñan sempre como referencia Galicia».

Feijoo considera que es hora de que las direcciones de ambas cajas den explicaciones y clarifiquen su postura ante la opinión pública. El presidente fue claro al declarar que «as caixas son do conxunto do pobo de Galicia».

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou na Coruña que a achega das caixas galegas será “decisiva” para confeccionar o futuro mapa financeiro na comunidade e amosouse confiado en todos os axentes implicados -axentes económicos, políticos e sociais-, estarán “á altura das circunstancias”, mantendo o compromiso con Galicia.

“Eu estou convencido de que todos imos estar á altura das circunstancias e de que todos imos buscar a decisión máis correcta para a solvencia financeira das caixas galegas e para o futuro ligado a Galicia das caixas galegas”, asegurou incidindo en que a “achega das caixas” será “decisiva”, porque “hoxe do que estamos a falar é do futuro mapa financeiro galego e hoxe é decisiva a posición das caixas no actual mapa financeiro galego”, dixo.

Na mesma liña, amosouse confiado na “responsabilidade” de todos os axentes implicados porque “estamos a falar do futuro financeiro de Galicia”. Feijóo adiantou, ademais que a proposta realizada onte pola Xunta “está sendo acollida moi positivamente por todos, polos partidos políticos, as organizacións empresariais, sindicais e, por suposto –remarcou-, polas caixas”. Así mesmo, confirmou que o próximo martes manterá unha reunión co director xeral de Caixa Galicia e co presidente de Caixanova.

“Espero e desexo que esteamos todos á altura das circunstancias”, abondou Feijóo asegurando que a Xunta de Galicia acude a esa reunión cun compromiso: o compromiso con Galicia”. “E eu espero e desexo que as caixas só acudan con ese compromiso, co compromiso con Galicia”, engadiu, argumentando que “se todos nos comprometemos con Galicia, acertaremos con Galicia”.

O xefe do Executivo autonómico avogou tamén por seguir mantendo “a prudencia” neste tema e incidiu en que, despois de que os estudos e as análises económicas a medio e longo prazo do Goberno galego están “ultimados”, “agora abrimos o período de consultas” e, unha vez finalizado, “a Xunta plantexará o seu posicionamento, sabendo –dixo-, que a decisión inicial lle corresponde ás caixas e a decisión final ao Banco de España. “Pódeme gustar máis ou menos, pero este é o xogo democrático que nos demos: a decisión inicial correspóndelle ás caixas, a decisión final ao Banco de España”, aseverou advertindo que iso non significa, “en ningún caso, que o Goberno de Galicia non teña posición, e o Goberno de Galicia marcará a súa posición, con independencia de que os niveis de decisión estean inicialmente focalizados nas caixas e finalmente focalizados no Banco de España”, matizou.

Na súa comparecencia ante os medios de comunicación logo de visitar a fábrica de Begano na Coruña, Núñez Feijóo insistiu na necesidade de manter a galeguidade das caixas, o que significa, aclarou, “que sigan actuando en Galicia, que as decisións maioritarias das caixas se sigan producindo na comunidade e que, loxicamente, a práctica totalidade dos seus movementos (de préstamos, de depósitos e movementos de participación empresarial) teñan sempre como referencia Galicia. Creo que iso é manter o posicionamento en Galicia das caixas, que as caixas sigan sendo actores principais do mapa financeiro galego”, afirmou.

Preguntado por unha posible proposta conxunta das entidades financeiras galegas, o presidente da Xunta considerou que “avanzariamos moito máis rápido se tivésemos esa proposta conxunta das caixas, sen dúbida”, indicou, pero “como non se presentou, de momento, esa proposta conxunta, eu o martes vou trasladarlle aos directivos das caixas cales son os contidos do noso estudo, das nosas propostas económicas e, por suposto pedireille, como é natural, que nos expliquen ao Goberno e á sociedade galega, cal é o posicionamento definitivo das caixas de aforros en relación ao movemento de concentración financeira que se está producindo en España”.

“É o momento da decisión e é o momento de plantexar responsabilidade e de plantexar con claridade, sobre todo, de explicar a postura das caixas ante a sociedade galega, non ante as asembleas das caixas, senón ante a sociedade galega”, afirmou, porque, argumentou, “non nos esquezamos de que as caixas son do conxunto do pobo de Galicia, especialmente dos impositores e das empresas que teñen confiada a estrutura financeira nas caixas, pero tamén do conxunto do pobo de Galicia. Por iso –engadiu-, as caixas teñen unha gran responsabilidade social e en momentos claves, esa responsabilidade social ten que estar á altura das circunstancias”, concluíu.

R., 2009-11-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES