Noticias

Relanzar el evento musical de cara al Xacobeo 2010, principal objetivo del IV Festival de Música de Compostela e os seus Camiños: Via Stellae

El jueves 2 de julio arranca la cuarta edición del Festival de Música de Compostela e os seus Camiños: Via Stellae. Un evento musical cuya finalidad es logar su relanzamiento hacia el Xacobeo 2010. Se encargará una obra musical de gran formato para la Catedral compostelana.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro Roberto Varela, anunciou na presentación de Festival Via Stellae que a edición de 2010 será o marco da estrea mundial dunha obra musical de gran formato para a Catedral de Santiago. A Consellería de Cultura e Turismo pretende revestir o evento coa “maior transcendencia posible para Galicia no Ano Santo” e encargará a obra a “un compositor de renome e de recoñecido prestixio”.

Deste xeito, a Consellería de Cultura e Turismo a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, confirma a continuidade do Festival de Música de Compostela e os seus Camiños que, desde o xoves día 2 de xullo ata o xoves 23, ten programados máis de 100 concertos en 38 vilas e cidades de Galicia. Segundo Roberto Varela, trátase dun “evento novo en idade pero grande en prestixio, un referente musical a nivel europeo que imos relanzar de cara ao Xacobeo 2010, no que temos que aproveitar todo o seu potencial de atracción turística”.

O conselleiro compareceu ante os medios acompañado pola secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, o director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos e o director artístico do Festival, Víctor Carou. Avanzou que o seu departamento prevé unha “inversión especial” para o Via Stellae 2010, que presentará modificacións na súa programación. “Deseñaremos un Festival máis completo, cunha selección máis aberta e variada, integrando música contemporánea e de vangarda co obxectivo de involucrar a máis sensibilidades”, asegurou Roberto Varela. O titular de Cultura e Turismo confirmou, asemade, que Victor Carou continuará ao fronte da dirección artística de Via Stellae, que na súa denominación a partir do vindeiro ano incluirá Galicia “para que se identifique aínda máis coa nosa comunidade”.

Como novidade para a próxima edición, o conselleiro avanzou a inclusión de actividades e estilos musicais dirixidos a “captar a atención de mozos e nenos, un público sempre entusiasta e fundamental para a promoción e difusión da cultura”.

A programación do Via Stellae estenderase a todo o mes de xullo de 2010 cunha marcada intención de prolongar no tempo a súa presenza no Xacobeo e tamén no futuro. Neste sentido, Roberto Varela sinalou que o Festival debe xogar “un papel estelar como valor engadido para os visitantes que se acheguen a Galicia despois do Ano Santo e, para iso, é preciso respostar con calidade ás altas expectativas xeradas nas tres primeiras edicións e na que comeza o xoves”.

Dentro do programa da IV Edición de Via Stellae, o conselleiro destacou a “extraordinaria repercusión” que terá un “magnífico cartel” con intérpretes como Marc Minkowski, Rinaldo Alessandrini, Andrea Marcon ou Federico Maria Sardelli ademais de agrupacións como a Ochestra of the Age of Enlightenment, a Kammerochester Basel ou Ensemble Clément Janequin.

As gravacións previstas de varios concertos inéditos dentro do Festival contribuirá, segundo Varela, para “a proxección exterior do ciclo e, por ende, á difusión da imaxe de Galicia fóra das nosas fronteiras”.

R., 2009-06-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa programación de verán de 2026 cun percorrido que reafirma o compromiso da institución coa difusión da música clásica, a apertura a novos públicos e a proxección da orquestra dentro e fóra de Galicia. Entre xuño e agosto, a RFG ofrecerá varios concertos en Santiago e participará en citas destacadas como o Festival Internacional de Música de Espinho, o Noia Harp Fest, o Galicia Clarinet Fest ou o Festival Bal y Gay.
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías aspira a coordinar a construción do prototipo dunha parte esencial para o FCC, o futuro colisionador de partículas do CERN. A construción do prototipo será unha iniciativa estratéxica para a I+D+I en Galicia, xa que implicará tanto á academia como ao tecido industrial especializado no ámbito dos aceleradores de partículas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES