
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
“O galeguismo cordial é a divisa que une ao Goberno de Galicia, que eu presido, co seu pobo. Ese galeguismo amable é o vínculo que mellor pode unir aos galegos e o que mellor nos pode impulsar a ser unha voz decisiva no presente e no futuro de España”. Son as palabras do titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, que presidiu o acto de toma de posesión de José Ramón Ónega como director da Casa de Galicia en Madrid.
Durante a súa intervención, o máximo mandatario autonómico afirmou que a comunidade galega nunca se deixou “limitar polo tempo, pola xeografía nin por ideoloxías estreitas” e lembrou, parafraseando ao galeguista Ramón Piñeiro, que “a nosa forma de ser españois é ser galegos”. “Non entendemos a galeguidade como afastamento do español, senón como unha forma de achegar ao español a nosa visión de España”, agregou.
Alberto Núñez Feijóo incidiu, ademais, en que desde que a Autonomía deu os seus primeiros pasos, os galegos fixeron patente o seu desexo de que discorrera por canles “de sosego e moderación”.
Na súa intervención, o presidente da Xunta incidiu en que os galegos se caracterizan por ter “unha visión da súa terra que non limita a xeografía” e salientou o seu afán por “prolongar” a galeguidade “máis alá do noso solar natal”. Proba disto, dixo, é a expansión dos galegos por América, que foron capaces de deixar a galeguidade nesas terras e de engadir “as súas enerxías a doutros pobos, en pos de obxectivos compartidos”.
Un espírito, abondou, que tamén toma corpo en Madrid porque, dixo, “Madrid tamén é cousa nosa”. Entre as achegas do “factor galego” á capital de España aludiu ás propias rúas, “mostrario de galeguismo” ou ao afán dos galegos “por ter un sitio na gobernación do país”. “Ese Madrid ao que algúns se refiren como un Leviatán que subxuga á periferia hispana non existe para a maioría dos galegos”, explicou Feijóo, incidindo en que os galegos chegan a Madrid “co afán de ser partícipes dunha tarefa chamada España”.
“Creo en que a nosa capacidade para superar a Galicia xeográfica con outra moito máis grande nos converte nun pobo singular. Un pobo capaz de entender as complexidades do mundo en que vivimos, orgulloso do que é e de formar parte desa ilusión común chamada España”, concluíu ao respecto.
Referíndose ao novo director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, o presidente da Xunta remarcou que forma parte desa “ampla lexión” de galegos que “souberon galeguizar Madrid” e destacou a súa “ampla experiencia administrativa” á que se une tamén a súa faceta de escritor.
Na mesma liña, Feijóo lembrou que foi Manuel Fraga quen tomou a iniciativa de crear a Casa de Galicia en Madrid e avanzou que esta institución, ademais das súas tarefas de representación habituais, terá unha encomenda particular: o impulso do Xacobeo 2010.
José Ramón Ónega López naceu en Mosteiro-Pol (Lugo). É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e cursou o doutorado en Dereito na Universidade Complutense. Técnico da Administración Civil do Estado é profesor de introdución ao Dereito Público e Privado na Facultade de Ciencias Empresariais da Complutense e profesor de Dereito Administrativo na Escola “San Fernando” de mandos intermedios da Empresa.
Foi subdirector xeral de Política Interior; subdirector xeral xefe do Gabinete técnico da subsecretaría de orde público; gobernador civil de Zamora e Vizcaia; subdirector xeral-director do Gabinete de Coordinación e Planificación da Seguridade do Estado no Ministerio de Interior; Director Xeral de Política Interior; Presidente e vicepresidente da Comisión Nacional contra a violencia nos espectáculos deportivos; presidente da comisión interministerial de Asilo e refuxio; presidente do Comité hispano-marroquí de estranxeira e; asesor xurídico da Inspección de persoal e servizos da Secretaria de Estado de Seguridade
Cursou cursos de periodismo na Universidade de Santiago de Compostela; diplomado en turno de oficio e asistencia letrada ao detido na Escola de Prácticas xurídicas da Universidade Pontificia de Comillas; xestión de asuntos relacionados coa CEE.
Más información en: http://www.galegos.info/es/xose-ramon-onega-lopez
La situación interna de los dos partidos de la oposición en Galicia, el BNG y el PSdeG, sigue siendo complicada. El nuevo candidato nacionalista a la Xunta, Francisco Jorquera, dice que Beiras o Aymerich deberían seguir en el BNG y que Galicia no puede permitirse dos nacionalismos. El secretario general del PSdeG hace un llamamiento a los críticos para que se integren.
La Xunta de Galicia homenajea el miércoles 8 de febrero al intelectual gallegista Isaac Díaz Pardo con un acto en la Cidade da Cultura que está presidido por el titular del Gobierno gallego, Alberto Núñez Feijóo. Desde el fallecimiento de Díaz Pardo, el Gobierno gallego y la familia colaboraron en la organización de este homenaje.