Noticias

Lugo acoge Borde Sur: una exposición de artistas uruguayos que, tras pasar por Berlín y París, terminará en Nueva York

La capilla de Santa María acoge hasta el 31 de mayo una exposición de artistas contemporáneos uruguayos, que se desplazará por distintas localidades de España, Europa y EEUU. Borde Sur recopila obras de 59 artistas en 57 creaciones en una exposición que pasa por Madrid, Barcelona, Berlín, París, Washington y Nueva York.

La capilla de Santa María de la Diputación provincial de Lugo acoge el arranque de una exposición de artistas contemporáneos uruguayos, que después se desplazará por distintas localidades de Galicia, España y Estados Unidos.

Artistas uruguayos como Javier Bassi, Gino Bidart, Juan Burgos o la arquitecta Elena Caja, participan en la iniciativa BORDE SUR, que recopila obras de 59 artistas en 57 creaciones a través de una exposición itinerante.

Esta exposición permanece en Lugo hasta el 31 de mayo, para luego desplazarse a Santiago, Vigo, Ferrol y Ourense y, posteriormente, a Madrid, Barcelona, Berlín y París, para concluir en Washington y Nueva York.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Diputación Provincial de Lugo:

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou a exposición internacional Borde Sur que permanece na Capela de Santa María ata o 31 de maio. Gómez Besteiro, que estivo acompañado do Alcalde de Lugo, José López Orozco, da Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, do Deputado de Réxime Interior, Melchor Roel, do Cónsul de Urugai en Galicia, Gonzalo Koncke, así como de responsables da mostra, sinalou que “para a Deputación é un orgullo que a Capela fose o lugar escollido para esta exposición, xa que nos convertemos na primeira cidade do mundo que acolle a mostra por diante doutras como Madrid, Barcelona e mesmo Nova York”.

Ante numeroso público, o responsable provincial lembrou que “o feito de que Borde Sur estea en Lugo permite renovar lazos con Uruguai e demostra que as relacións da Deputación coa poboación emigrante en Sudamérica comezan a ser unha constante. Non entendemos esta relación como axuda ou subsidio, senón como colaboración. Por iso, puxemos en marcha en Viveiro a Casa do Emigrante, que hoxe xa é a porta dos emigrantes en Lugo, pero tamén a de todos aqueles proxectos empresariais que teñen como destino a nosa provincia”.

Gómez Besteiro explicou que coa inauguración, a Deputación cumpre outro dos obxectivos do Centro de Artesanía e Deseño: conseguir que a Capela de Santa María sexa o epicentro das últimas tendencias de deseño e artesanía. Neste senso, sinalou que “estamos traballando na nova programación, de xeito que proximamente presentaremos unhas coleccións moi escollidas, combinando os nomes máis punteiros cos artesáns e deseñadores da nosa provincia. De feito, logo desta exposición, presentaremos outras dúas mostras que completan a oferta e a nova función da Capela”.

A mostra reúne 57 creacións de 59 artistas uruguaios contemporáneos e de recoñecido prestixio, que representan catro xeracións distintas, e que plasman sobre o lenzo a posibilidade de coñecer o lugar que ocupa a fronteira e que enfronta a cada artista coa noción do límite e das súas consecuencias.

Esta é a primeira vez na historia que tantos artistas uruguaios expoñen o seu traballo fóra do seu país de orixe. Durante o ano 2009 as propostas destes artistas percorrerán distintas cidades do mundo, co apoio do Ministerio de Relacións Exteriores de España e as súas embaixadas no mundo.

A exposición poderá visitarse de 12:00 a 14:00 horas pola mañá, e de 18:00 a 21:00 horas pola tarde. Durante a fin de semana, o horario será de 18:00 a 21:00 horas. Logo da súa estancia en Lugo, a mostra trasladarase a Santiago, Vigo, Ferrol e Ourense. Posteriormente, Madrid, Barcelona, Berlín e París serán sede da mesma. Rematará en Washintong e Nova York.

R., 2009-04-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival.jpg) O festival desenvolverase no adro da sede da SGAE no parque de Vista Alegre, en Santiago de Compostela. O primeiro en ocupar o escenario será o rimador de Muros 9Louro, talento emerxente que segue a pegada doutros coñecidos grupos muradáns, como The Rapants ou Capital Voskov. Este mesmo ano lanzou o seu primeiro traballo discográfico, Nove noves, cunha variada mestura de funk, bachata, reguetón, trap e pop. A continuación, será a quenda da viguesa de ascendencia brasileira Lua de Santana. O dúo compostelán Boyanka Kostova pechará o festival Acento 2025 coa súa proposta retranqueira, na que o urbano e os sons máis contemporáneos conviven co tradicional.
Foto de la tercera plana (union-europea.jpg) O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, interveu na Conferencia da Alianza de Rexións Europeas con Industria da Automoción, onde defendeu a necesidade de que os fondos europeos que permiten apoiar os sectores industriais sigan sendo xestionados polas rexións. No encontro, celebrado no marco dos traballos para avanzar no Plan de Acción para o sector do automóbil que presentou a Comisión Europea en marzo, Nicolás Vázquez remarcou que Galicia é partidaria de que se manteña a descentralización dos fondos de cohesión.

Notas

Entre os anos 2016 e 2018, o experimento ANITA (Antarctic Impulsive Transient Antenna), unha rede de antenas montada en globo sobre a estratosfera da Antártida, detectou dous misteriosos sinais de emisión de radio que espertaron un grande interese na comunidade científica. Parecían proceder do interior da Terra, coma se a partícula que as producise tivese atravesado miles de quilómetros do subsolo sen interactuar con ningunha outra partícula.
O International Space Science Institute-ISSI acaba de prolongar dous anos máis o proxecto que desde o ano 2022 desenvolve un equipo internacional liderado polo físico da Universidade de Vigo Juan Antonio Añel que estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES