Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Secretaría Xeral de Emigración de la Xunta de Galicia:
A Secretaría Xeral de Emigración promove o programa de campamentos e campos de traballo co obxecto de que os mozos e mozas galegos ou con ascendencia galega, e que residan fora de Galicia, redescubran a súa terra mediante uns días de convivencia con mozos galegos da súa mesma idade, desenvolvendo actividades de animación sociocultural e deportivas e integrándose durante este tempo na vida cultural da Galicia actual. O programa divídese en dúas modalidades de participación:
Campamentos
As actividades de campamentos están destinadas a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e os 22 anos e desenvolveranse a través da rotación entre campamentos e albergues xuvenís, de mar, de montaña ou de cidade, situados nas diferentes provincias galegas. Este ano ampliouse a idade tope de participación dos 18 aos 22 anos.
Durante a primeira quincena de xullo, e baixo o nome Verde e azul, terá lugar o primeiro dos campamentos. Os participantes estarán aloxados en tendas de campaña durante unha semana e realizarán actividades como sendeirismo, bicicleta, escalada en rocódromo, obradoiros, visitas e excursións. A segunda semana estarán en Gandarío onde se plantexan actividades variadas: actividades náuticas, vela lixeira, excursións etc.
Do 16 ao 30 de xullo desenvolverase o segundo dos campamentos co nome Rotas coñece Galicia. Rotando desde unha instalación inicial a unha intermedia e a outra final, con cinco días de estancia en cada unha, os rapaces coñecerán os lugares de interese histórico cultural e turístico das catro provincias galegas
Campos de traballo
Este é o primeiro ano que se realizan e os seus participantes, con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, terán a oportunidade de participar, durante a súa estancia en Galicia, en distintas actividades relacionadas co voluntariado e o tempo libre:
campos de traballo arqueolóxico en Cuntis (Pontevedra), en Formigueiros (Lugo), en Palas de Rei (Lugo), en Boiro (A Coruña); campos de traballo medioambiental/arqueoloxía nas Illas Cíes (Vigo-Pontevedra), en Laioso-Esgos (Ourense) e en campos de traballo cultural-etnográfico en Moaña (Pontevedra).
O programa de axudas para a participación en actividades de campamentos e campos de traballo para a Galicia do exterior é o resultado dunha intensa colaboración entre a Secretaría Xeral de Emigración e a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.