
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia:
A Consellaría de Innovación e Industria, a través da súa Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, vén de resolver as axudas ás empresas galegas do sector téxtil, moda e confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización. En total son 70 empresas as beneficiadas das axudas por un importe global de 2.012.096,09 euros. Das 70 compañías, 40 están situadas na provincia de Pontevedra, 23 na da Coruña, 6 na de Ourense e 1 na de Lugo.
Esta liña de subvencións cuxa convocatoria foi realizada mediante orde do 27 de decembro de 2007 ten por obxecto incentivar o desenvolvemento de actuacións e estratexias de difusión, promoción e acceso a mercados, xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas do sector téxtil, moda e confección nos mercados internacionais.
As actuacións subvencionables son fundamentalmente as relacionadas coa difusión e divulgación con fins promocionais (como a elaboración de materiais e a posta en marcha de campañas de promoción); coa promoción (como a participación en feiras, certames ou outros eventos expositivos fóra do ámbito galego), e co acceso a mercados (penetración nos mercados externos a través de estratexias de expansión de marca ou de licenza de marca).
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.