Noticias

Pesca y la Autoridad Portuaria de A Coruña apuestan por el sector de bajura con el acondicionamiento de una nave de procesado

La conselleira de Pesca y el responsable de la Autoridad Portuaria coruñesa firmaron el acuerdo que permite esta actuación que se financiará con 400.000 euros. La obra se realizará en una nave dentro de la zona de servicio del puerto.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos de la Xunta de Galicia:

A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, e o presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Macario Fernández-Alonso, asinaron un acordo de colaboración para a reforma e acondicionamento dunha nave de procesado para uso do sector da pesca de baixura da cidade herculina. A sinatura deste convenio foi autorizada polo Consello da Xunta na reunión celebrada o pasado xoves, 3 de abril, na que a titular de Pesca informou dos pormenores e obxectivos da instalación.

A obra contará cunha achega total por parte da Administración pesqueira galega de 442.439,70 euros, cofinanciados con fondos europeos, e realizarase nunha nave da que dispón a Autoridade Portuaria, dentro da zona de servizo do peirao. Polo tanto, a obra representa unha aposta forte de Pesca e da Autoridade Portuaria pola frota de baixura coruñesa, xa que con ela preténdese solventar unha carencia existente na actualidade relativa á comercialización e procesado dos recursos pesqueiros que captura a frota coruñesa e, sobre todo, do polbo, unha das especies máis importantes para o Porto da cidade herculina. De feito, a posta en marcha da planta permitirá cubrir esa necesidade e dará un pulo ao sector, apostando pola venda de produtos de calidade, ao tempo que mellorará as infraestruturas e os servizos dos que vén dispoñendo ata o de agora.

A subscrición deste acordo é froito da cooperación existente entre a Consellería de Pesca e Autoridade Portuaria da Coruña que ten como obxectivo mellorar as infraestruturas das que dispón o sector pesqueiro coruñés, un fin que xa teñen manifestado tanto Carmen Gallego como Macario Fernández-Alonso nas diferentes xuntanzas mantidas entre ambos.

Cabe destacar que o departamento que dirixe Carmen Gallego, no marco das súas competencias, vén realizando nos últimos anos, con cargo aos fondos comunitarios destinados á pesca e asignados á Comunidade Autónoma, investimentos en infraestruturas e equipamentos nos portos pesqueiros de Galicia, tanto de competencia autonómica como estatal, co fin de mellorar os servizos dos que dispón o sector da pesca nestas áreas. Dentro destas accións que realiza a Consellería é onde se enmarca a iniciativa da rada coruñesa, recollida no convenio asinado hoxe na sede da Autoridade Portuaria.

Pola súa parte, a Autoridade Portuaria da Coruña conta cunha importante lonxa pesqueira que no ano 2006 subhastou máis de 30.000 toneladas de produtos pesqueiros que acadaron un valor en primeira venda de 101,5 millóns de euros. Nos últimos anos puxo en marcha investimentos no seu porto co fin de mellorar as infraestruturas e os servizos prestados ao sector da pesca fresca. Entre estas actuacións destacan a instalación de medios de carga no peirao de Linares Rivas, a adquisición de básculas para a pesaxe do peixe na lonxa da Coruña, mellora da estrada exterior do Porto ou a pavimentación do extremo do dique da Dársena de Oza, entre outros.

R., 2008-04-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES