Noticias

La ministra de Agricultura visita la Delegación de la Xunta de Galicia en Buenos Aires

Durante su visita oficial a Argentina, la ministra de Agricultura y Pesca se reunió con autoridades locales y representantes del sector empresarial español, especialmente pesquero.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación, Elena Espinosa, que se atopa de visita oficial na Arxentina para manter contactos coas autoridades daquel país e con representantes do sector empresarial español, especialmente do pesqueiro, visitou a Delegación da Xunta de Galicia en Buenos Aires. Elena Espinosa foi recibida na Delegación polo secretario xeral de Emigración, Manuel Luis Rodríguez, e a delegada da Xunta en Buenos Aires, Maria Xosé Porteiro.

No decurso da visita, Elena Espinosa, acompañada polo secretario xeral de Pesca Marítima, Juan Carlos Martín Fragueiro, puido coñecer o funcionamento e as actividades que leva a cabo a Delegación.

A Delegación da Xunta en Buenos Aires, inaugurada en outubro pasado polo presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, é a primeira delegación creada no exterior polo Goberno de Galicia.

Nela desenvólvense actividades de atención á cidadanía galega residente na Arxentina, que supera a cifra de 120.000 persoas inscritas no censo. Ademais, realízase dende ela a xestión de todos os programas da Secretaría Xeral de Emigración, como bolsas, asistencia sanitaria ou axudas asistenciais.

Tamén ten como encomenda o fomento das relacións comerciais, empresariais e de intercambio económico entre Galicia e Arxentina, así como a cooperación ao desenvolvemento e o fomento da lingua e a cultura de Galicia, cunha directriz de actuación transversal a prol da igualdade de xénero.

R., 2008-02-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES