Noticias

La Xunta destinará 30 millones de euros a la integración de inmigrantes

Presentado el Plan de Convivencia, Cidadanía e Integración que apuesta por la integración laboral y educativa como pasos fundamentales para la convivencia y la búsqueda de espacios de encuentro entre gallegos e inmigrantes.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Secretaría Xeral de Emigración de la Xunta:

O Consello da Xunta aprobou o Plan galego de convivencia, cidadanía e integración 2008-2011, un plan promovido pola Secretaría Xeral de Emigración que suporá un investimento de máis de 30 millóns de euros e ten como obxectivo conseguir a plena integración dos inmigrantes na sociedade galega. Este plan, que en 2008 prevé unha achega de 7.264.767 millóns de euros, contou na súa elaboración coa participación do Consello Galego da Inmigración, un órgano en que están representadas as administracións estatal, autonómica e local, sindicatos, asociacións, ONG’s e universidades e que elaborou un informe preceptivo previo ao plan.

O Plan galego de convivencia aposta pola integración dos inmigrantes priorizando o acceso normalizado aos servizos públicos, a promoción da integración laboral e o impulso da convivencia cidadá en termos de diversidade. As accións que contén o plan teñen un enfoque integral e multidisciplinar da integración recollendo aspectos económicos e sociais, culturais, relixiosos, cidadáns e de dereitos públicos. As áreas en que se levarán a cabo máis accións serán educación (40 accións) e traballo (63) –dun total de 308 previstas no plan–, nunha aposta pola integración laboral e no ensino como pasos fundamentais para a convivencia e a busca de espazos de encontro entre galegos e inmigrantes.

No plan promovido pola Secretaría Xeral de Emigración participan todas as administracións pero cobra un especial protagonismo a Administración local por ser a máis próxima ao cidadán. Por iso, unha das primeiras medidas que se impulsarán desde a Presidencia da Xunta será dotar as principais cidades galegas de recursos para dar unha resposta eficaz ás demandas da poboación inmigrante. Con este obxectivo, e tal e como se aprobou no Consello da Xunta do pasado 31 de xaneiro, a Secretaría Xeral de Emigración destinará 1 millón de euros ás sete cidades galegas e ao Consorcio das Mariñas para que calquera inmigrante poida acceder aos servizos de atención inmediata a menos de 50 quilómetros do seu domicilio.

Ademais de garantir a integración social e laboral dos inmigrantes, o plan aprobado hoxe polo Consello da Xunta ten como obxectivos incorporar a perspectiva de xénero en todas as actuacións en materia de inmigración, loitar contra o racismo e maila xenofobia e contra calquera tipo de discriminación e mellorar a coordinación entre as administracións públicas, potenciando o papel dos concellos.

Agora mesmo, e segundo o padrón de xaneiro de 2007, residen en Galicia 81.446 estranxeiros, dos que 41.810 son mulleres e 39.632, homes. A provincia con máis poboación estranxeira é Pontevedra, con 31.805 empadroados seguida da Coruña con 28.137. Ademais, a cifra de alumnado estranxeiro en Galicia no presente curso 2007-2008 é de 11.658 dos que o grupo máis numeroso é o de Primaria, con 5.197 estudantes estranxeiros.

R., 2008-02-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES