Noticias

Se mantiene el dispositivo de búsqueda de los marineros desparecidos en el naufragio del Cordero

A los trabajos de búsqueda realizados por el buque Don Inda se podría incorporar el Irmáns García Nodal y otras embarcaciones y medios aéreos del Ministerio de Fomento, si las condiciones meteorológicas lo permiten.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos de la Xunta de Galicia:

O dispositivo de busca dos catro mariñeiros desaparecidos tralo naufraxio do pesqueiro “Cordero” manterase coa presenza do buque polivalente do Ministerio de Fomento “Don Inda” en alta mar. Ao igual que a noite pasada, o buque permanecerá a medio camiño entre o dispositivo de separación de tráfico marítimo e o lugar do suceso.

O feito de que o “Don Inda” sexa o único medio de salvamento que pase a noite en alta mar obedece a que as súas características técnicas lle permiten permanecer na zona con seguridade para a tripulación. Este buque xa estivo traballando durante toda a xornada na área do sinistro, contando co apoio da embarcación de salvamento do Servizo de Gardacostas da Consellería de Pesca “Irmáns García Nodal”.

Ademais, os helicópteros “Helimer Galicia”, do Ministerio de Fomento, e “Pesca 2”, de Gardacostas, realizaron un dispositivo de barrido sistemático da zona por aire en quendas ao longo do día. Así mesmo, estivo operativo por se fose requerida a súa intervención o “Pesca 1”, con base en Vigo.

O buque polivalente retomará as tarefas de busca dende a mesma zona onde se produciu o afundimento. Se as condicións meteorolóxicas o permiten podería estar acompañado novamente do “Irmáns García Nodal”, así como das Salvamar “Shaula” e “Mirfak”, do “Helimer Galicia” e do avión “Rosalía de Castro”.

Agárdanse, na zona do naufraxio, ventos do suroeste con forza 6 a 7, arreciando a 8 durante as primeiras horas do día e amainando posteriormente, mentres que no mar haberá mar grosa.

R., 2008-01-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (terceira-idade.jpg) A posta en marcha do Rexistro galego de persoas centenarias, Regace, sitúa Galicia nunha posición de referencia para o estudo da lonxevidade, posibilitando coñecer mellor as claves deste fenómeno e afrontar os retos que presenta. Preto de 1.800 persoas de cen ou máis anos viven na comunidade galega, o que supón ao redor do 12 % de toda a poboación centenaria de España, un dato que fala da realidade demográfica de Galicia e reflicte unha oportunidade única para aprender, investigar e avanzar. Deste xeito, Galicia presenta un dos mellores resultados no que a esperanza de vida se refire: 81,19 anos para os homes e 86,83 para as mulleres, superando en ambos os casos a media estatal.
Foto de la tercera plana (cgac-2021.jpg) A mostra a 'Illa ignorada' estará aberta ata o 12 de febreiro de 2027 e toma o seu título do primeiro poemario da escritora Gloria Fortes. Nela cabe destacar os traballos tanto dos artistas galegos Alberto Ardid, Vicente Blanco, Andrea Costas, Caxigueiro, Fina Mantiñán, Juan Carlos Meana, Ariadna Silva, Seoane e María Elena Montero, como os de Abel Azcona, Amparo Garrido, Regina Giménez, Antoni Muntadas, Sonia Navarro, Íñigo Royo, Regina Silveira. Ademais desta nova mostra, o centro tamén inaugurou a ampliación, no dobre espazo do Centro Galego de Arte Contemporánea, da exposición Misha Bies Golas, que abriu ao público o pasado 22 de maio cunha escolma de máis de dúas décadas da creación heteroxénea do lalinense Miguel Calvo Ulloa, un dos fundadores do colectivo Nova Escultura Galega.

Notas

'A Galicia inédita' reúne obras de profesionais do fotoxornalismo que desenvolven o seu quefacer en medios de comunicación de Galicia, complementadas con lendas de corte literario ou informativo, elaboradas por membros da APG e outros xornalistas que tamén traballan na nosa comunidade autónoma. As imaxes captan todo tipo de acontecementos, lugares e personaxes, dende a vertente máis costumbrista ata sucesos de actualidade.
Persoal investigador do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña (UDC) desenvolveu unha nova estratexia para o transporte de material xenético ao interior das células mediante vesículas formadas por lipopéptidos catiónicos autoensamblables. O traballo representa un avance no desenvolvemento de sistemas non virais para terapia xénica, un dos campos con maior potencial para o tratamento de enfermidades de base xenética e para a medicina rexenerativa.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES